- O socorrista acuático realiza o rescate con axuda de material
- Non hai necesidade de contacto co accidentado
ELECCIÓN DO
MATERIAL DE RESCATE
- Dispoñibilidade: non debe provocar dúbidas ou perda de tempo por pensar cal é o máis adecuado.
- Flotabilidade: Permitir manter ao accidentado coa cabeza fora da auga, facilitar accións propulsivas e respiración artificial.
- Hidrodinámica: pouca resistencia ao avance
- Tamaño: evitar contacto directo co accidentado, seguridade ao accidentado e fácil manexo
- Manexabilidade: de fácil dominio.
CONSIDERACIÓNS
SOBRE A UTILIZACIÓN DO MATERIAL DE RESCATE
- Debe interpoñerse, sempre que sexa necesario, entre o accidentado e o socorrista acuático para a propia seguridade de este.
- O material non é garantía de que o accidentado quede tranquilo; o socorrista acuático ten que seguir controlando o rescate e non deixarse coller por aquel.
- O material posibilita ao socorrista acuático unha maior facilidade para poder comunicarse co accidentado e tranquilizalo.
- Facilita en gran medida a posibilidade de aplicación de respiración artificial ao accidentado dentro da auga, polo que é aconsellable nos casos de accidentado inconsciente que o socorrista acuático comprobe inmediatamente se respira ou non.
No caso de non respirar pódense aplicar dúas
insuflacións ao accidentado e seguir remolcando, alternando as insuflacións
coas accións propulsivas.
- O material facilita o traballo do socorrista acuático, pero coñecer este non é suficiente. É necesario adestrar as diferentes técnicas de utilización do material e en situacións distintas.
- Nun principio, considérase material de rescate todo aquilo que facilite un salvamento acuático, por iso pode ser tan variado e distinto.
MATERIAIS DE
RESCATE
- Flopi ou brazo de rescate
- Lata de rescate ou boia torpedo
- Aro salvavidas
- Camilla (extracción)
- Gafas e tubo
- Roupa
- Aletas
o FLOPI OU
BRAZO DE RESCATE
É un flotador alargado (1 m) de
material flexible, de gran flotabilidade e cun sistema de enganche rápido que
facilita a unión dos extremos para rodear o corpo do accidentado no rescate. Dos
enganches sae unha corda de dous metros aproximadamente que, a súa vez, vai
unida a unha cinta que o socorrista pode colocarse na bandoleira.
Técnicas de rescate flopi
1. Accidentado incosciente “boca arriba”
Cando nos acercamos a vítima pegamos un tirón do cabo para acercar o flopi e apoiamos as dúas mans no flopi afundíndoo e colocándoo debaixo das costas do accidentado. Cando estamos enganchándoo, empezamos coa patada para gañar tempo.
2. Accidentado inconsciente “boca abaixo”
Cando nos acercamos a vítima pegamos
un tirón do cabo para acercar o flopi e apoiámonos nel cun brazo (polo
antebrazo) para afundilo un pouco. Coa man libre agarra o pulso do lado
contrario (man dereita con man dereita) coa palma por debaixo para facilitar o
xiro. Tiramos del e colocámolo encima do flopi. Cando estamos enganchándoo,
comezamos coa patada para gañar tempo.
Outra forma, é chegar ao accidentado
polas costas, colocar o flopi nelas, coller pola axilas e colocalo encima do
flopi.
3. Accidentado consciente
-
O socorrista
chega nadando ata situarse a 2 m. do accidentado
-
Entrégalle o
flopi para que o agarre e comeza a trasladalo.
-
O socorrista
soe utilizar patada braza dorsal ou lateral coa axuda do brazo libre mentres
que o outro brazo controla a corda.
-
En
situacións de gran risco (olas, correntes, etc) abrochar o flopi orredor do
torax.
o
LATA DE
RECATE
Material ríxido, semilixeiro de
plástico endurecido, de gran flotabilidade, de forma ovalada e cun sistema de
asideiros nos seus laterais aos que se suxeita a persoa accidentada si está
consciente. Ao flotador vai fixada unha corda de dous metros aproximadamente
que, a súa vez, vai unida a unha cita ancha das mesmas características, que a
do flopi.
Inconvintes
-
A súa dureza
fai posible que os golpes podan danar aos implicados no rescate.
-
Non se pode
bucear con el a máis de dous metros de profundidade.
-
A súa
utilización é aconsellable unicamente con accidentados conscientes.
-
A súa forma
fai que agarrarse a el non sexa fácil e menos aínda no caso de accidentados
histéricos.
-
Non permite
un control eficaz do accidentado
-
As técnicas
de utilización para accidentados inconscientes precisan moita habilidade e
entrenamento.
Tecnicas de rescate lata
1. Accidentado inconsciente
-
Acercámonos
pro detrás e pasamos a man coa lata (dereita por dereita) por debaixo dun dos
brazos ata colocala no peito.
-
A outra man
pasará por debaixo do outro brazo e agarrará a lata. Desta forma a vítima queda
moi segura para arrastrar.
2. Accidentado consciente
Acercámonos fronte a vítima e
ofrecémoslle a lata para que a agarre. Ofrecémola pola asa lateral, de forma
que cando se agarre, empurraremos a parte pola que estamos agarrados nosoutros
de forma que pase por debaixo dos seus antebrazos e quede apoiada neles,
colocando a vítima en posición máis segura.
o
ARO
SALVAVIDAS
É de material lixeiro, de gran
flotabilidade, de forma circular e cun tamaño suficiente para que no seu
interior se poda meter o corpo dunha persoa. Pódese encontrar so ou unido a
unha corda.
Inconvintes
- Non é moi
manexable
-
O seu
tamaño, peso e forma non permite un acercamento rápido ao lugar onde se
encontra o accidentado.
-
Tampouco
permite un remolque rápido da persoa
-
A súa
utilización con olas é difícil.
-
Non se pode
bucear con el.
-
A súa dureza
non evita que os golpes fortuitos que podan recibirse teñan consecuencias
negativas para a integridade física dos implicados.
Técnicas de rescate aro salvavidas
1. Accidentado inconsciente
-
Aproximación
frontal con vítima inconsciente: colocamos o flotador de fronte a vítima e
afundímolo pola parte inferior e central cunha man. Pasamos a outra man polo
interior do flotador agarrando o pulso do accidentado e tirando del para
introducilo no aro.
-
Si se
encontra boca abaixo, agarraremos o pulso do lado contrario a nosa man ( man
dereita con man dereita) coa palma por debaixo para facilitar o xiro ao tirar a
vítima e introducilo no aro.
2. Accidentado consciente
-
Debemos
aproximarnos de fronte a vítima e ofrécelle o aro para que se agarre a el. Unha
vez agarrado elevarase a parte da que estamos suxeitos para que pase por encima
del e quede dentro.
o
RESCATE CON
ROUPA: Descrición.
Cando nos encontramos sen material
de rescate a roupa pódenos servir facilitándonos a operación de remolque do
accidentado. É importantísimo coñecer a técnica para quitarse a roupa dentro da
auga:
-
Manter a
calma
-
Quitarse
unha prenda cada vez tomando aire suficiente entre cada prenda
-
Evitar os
movementos bruscos
-
Adoptar unha
posición agrupada para quitarse as prendas máis complicadas (pantalóns).
Arrastres
1. Con accidentado consciente
O socorrista entrega un extremo da
prenda sen acercarse demasiado ao accidentado, eliminando o risco de contacto
directo.
2. Con accidentados inconscientes
O socorrista asegúrase que o
accidentado teña as vías respiratorias fora da auga e seguidamente pasa a
prenda cruzando o peito e polas axilas do accidentado. Cunha ou dúas mans
agarraraos para realizar o remolque.






Ningún comentario:
Publicar un comentario