sábado, 28 de setembro de 2013

COMEZAMOS ORIENTACIÓN DEPORTIVA



“Busca por el agrado de buscar, no por el de encontrar...”
Jorge Luis Borges.

Hoxe acercareivos un pouquiño a orientación deportiva, xa que é outro dos deportes que tratamos nas nosas clases de deportes individuais. 

Ao igual que o Rugbytag, a aprendizaxe da orientación deportiva é moito máis sinxelo si comezamos pouco a pouco, por iso, o noso profesor comezou por ensinarnos a orientar un mapa no patio do instituto, e fixémolo primeiro no gran grupo clase coas súas instrucións e axuda, e logo en pequenos grupos mediante un xogo de ir ata certos puntos marcados no mapa con número e facelo asegurándonos de levar o mapa ben orientado cara o punto a onde nos moviamos. Esta foi unha tarefa sinxela que permite que os grupos estean traballando por si solos sen problemas, e o feito de traballar por grupos asegura que se alguén ten algunha dificultade os seus compañeiros pódenlle axudar a solucionalo. 

O seguinte paso foi levarnos a un parque preto do instituto onde volvemos a orientar o mapa en gran grupo para logo facer un pequeno xogo de orientación, onde colocados en pequenos grupos tíñamos que buscar unhas balizas que contiñan unhas sílabas as cales tíñamos que memorizar (cada membro do grupo unha, xa que así participamos todos e resulta máis fácil a memorización). Isto fixémolo coa axuda dun mapa da zona, onde aparecía a orde de busca das balizas. A saída dos grupos foi escalonada para así eliminar o factor competitivo, xa que os grupos de principiantes que quedasen últimos xerarían un certo rexeitamento ao deporte. E o feito de usar as sílabas que construían unha frase aumenta o nivel de motivación, sobre todo para os nenos e nenas.

Unha vez aprendido a orientar o mapa Eduardo quería ensinarnos a usar o compás pero impedíunolo a choiva polo que no seu lugar fixemos unha práctica no pavillón,  orientada deseñar xogos para ensinar orientación sobre todo a nenos e nenas. Está práctica consistiu en repartir obxectos polo espazo e logo debuxar o mapa que representara ese espazo. Unha vez rematado, dividímonos en pequenos grupos e cada grupo deseñou un xogo que tivera como principal compoñente a diversión, pero que incluíse tamén algún compoñente para a aprendizaxe da orientación (orientación do mapa, busca de puntos marcados...). No noso grupo pensamos que un bo xogo sería numerar cada obxecto e asignarlle unha proba, co cal os nenos terían que, coa axuda do mapa, onde lles poñeríamos a orde de obxectos, lograr chegar o último facendo todas as probas. Os nenos e nenas estarían repartidos en grupos e a cada grupo daríaselle un orde para que os grupos coincidiran o menos posible nos obxectos. O resto dos grupos fixeron xogos moi parecidos o noso, e todos serían un bo principio que iremos pulindo ata crear un xogo sinxelo e que podamos levar a práctica.

Polo de agora aquí rematamos no que respecta a este deporte, agora deixo aquí un resume da información que estiven vendo sobre a iniciación na orientación:

Que é a orientación deportiva?

A orientación como tal é un deporte regrado pola Federación Internacional de Orientación, que o
define como un deporte no cal os corredores visitan un número de puntos marcados no terreo, denominados controles, no menor tempo posible, axudándose so por un plano e un compás.
Algúns conceptos propios deste deporte son os seguintes:
Navegar: Implica desprazarnos polo terreo, con un mapa ou plano. É preciso orientar o mapa e ir léndoo o noso avance.
Puntos de apoio: Son as referencias do terreo que nos serven para verificar o itinerario.
Tamén hai que ter en conta outras accións como transportar e manexar o mapa e outros materiais de carreira (compás, tarxeta e descrición de controles), orientar o mapa , lelo, elixir un percorrido axeitado e decidir que técnica empregar.
 
Normas básicas de participación:

Regras técnicas 
  • A competición consistirá na realización dun recorrido no que o participante debe pasar por uns puntos ou controles, marcados no mapa e materializados no terreo. 
  • O recorrido debe facerse de forma individual e coa única axuda dun mapa e o compás, presentando o remate a tarxeta de control coas marcas correspondentes a casa baliza, ou a tarxeta electrónica con todas as bases picadas. Para que un participante poda clasificarse na proba deberá realizar o recorrido completo e na orde establecida. Para que un equipo poda ser clasificado na carreira de relevos, todos os compoñentes teñen que finalizar correctamente o seu recorrido. 
  • Os controles materializaranse en balizas, que serán prismas de tela de 30x30 cm divididas diagonalmente cos colores branco e laranxa. Cada baliza terá unha pinza de control, para marcar a tarxeta de control de cada participante, e nas probas nas que se empregue sistema electrónico posuirán ademais unha base onde se introducirá a tarxeta electrónica ata que esta emita a sinal visual e acústica que indique que rexistrou o paso o corredor.
Elementos técnicos da orientación deportiva
·        O mapa
O mapa é a representación gráfica do terreo, mantendo unha escala respecto deste, con orientación norte e definindo o seu relevo.






ELEMENTOS DE UN MAPA

1.      ORIENTACIÓN DO MAPA
En todos os mapas ven definido con exactitude onde se atopa o norte mediante unha  frecha. En caso de non aparecer ningún indicador, o norte será sempre o borde superior.
Por iso debemos saber facer coincidir o mapa co terreo.

2.      A LENDA
A lenda é o conxunto de símbolos que representan algún elemento do terreo no mapa.
A lenda dun mapa de orientación utiliza 6 cores para representar os diferentes símbolos e para representar o tipo de terreo informando ao corredor da visibilidade, a posibilidade de paso e o grado no que reduce a velocidade da carreira.

Amarelo: Empregado para representar terreo aberto: claros, praderías...
Branco: Empregado para bosque de carreira rápida e que ademais permite boa visibilidade.
Verde: Establece tres tons para representar o terreo de bosque máis ou menos espeso de maior ou menos dificultade de carreira. Tamén se emprega para símbolos como árbores e arbustos.
Marrón: Formas do terreo (curvas de nivel), montículos, furados e outros elementos de terra.
Azul: Hidrografía en xeral (ríos, arroios, pozos, fontes, pantanos...)
Negro: Sendas, camiños e carreteiras. Construcións (muros, casas, ruínas) e vallas. Pedras e cortados do terreo. Zona pedregosa. Límite de vexetación. Zona prohibida.

Ademais, en Purpura, o organizador da carreira apórtanos información dos seguintes aspectos: perigo, prohibido, recorrido, avituallamento e paso obrigatorio.

3.      A ESCALA
E a relación que existe entre as distancias no terreo e no mapa.
As escalas mais usadas en orientación a pe son 1:10.000 e 1:15000, e dicir, que un centímetro no mapa son 100 e 150 metros no terreo respectivamente. 1 cm mapa= 100m terreo.

4.      O RELEVO
A orografía, os desniveis no terreo represéntanse nos mapas de orientación mediante curvas de nivel.

As CURVAS DE NIVEL son liñas que unen puntos de igual altura sobre o nivel do mar. Obtéñense o
realizar, imaxinariamente, cortes horizontais do terreo, equidistantes uns de outros, que se proxectan logo sobre a superficie do plano.
A equidistancia é a distancia vertical entre dúas curvas de nivel, e nos mapas de orientación e habitualmente de 5 metros.
A forma da curva e no seu conxunto co resto de curvas vai debuxar todos os elementos de relevo: as cotas e as ladeiras, as vaguadas e os saíntes e determinará as depresións, arestas e crestas do terreo.
Tamén as curvas segundo a súa proximidade ou separación infórmannos da inclinación da pendente. Si están moi próximas, a pendente e maior, canto mais separadas, a pendente e menor.

·         O compás
O compás é un elemento de apoio a navegación cuxa función principal é determinar o norte sobre o
terreo e é útil tanto con mapa como sen el.
O compás de orientación e transparente e sobre o limbo (caixa circular dentro da cal está suspendida a agulla magnética) están representados os 360 º da escala. Posue una plataforma sobre a que xira o limbo e sobre a que hai debuxada unha frecha que empregaremos para marcar os rumbos, as frechas de dirección.
 
MANEXO DO COMPÁS
Hai que distinguir entre dúas utilidades: unha orientar o mapa, outra determinar rumbos sobre o terreo. Tamén podemos sacar o rumbo entre dous puntos do mapa.
Para orientar o mapa so hai que deixar que a agulla magnética do compás se estabilice e xirar o mapa ata que o seu norte coincida co norte magnético.
Para determinar o rumbo de un punto do terreo respecto das nosas posicións apuntamos a ese elemento coa frecha de dirección da plataforma e xiramos o limbo ata que o seu norte coincide co norte magnético. Os grados veñen indicados sobre a marca do limbo que coincide coa frecha de dirección e que en realidade é a liña imaxinaria que une o eixe da agulla co obxecto do terreo.
Para determinar sobre o terreo un rumbo dado en grados, xiramos o limbo ata que os grados coinciden sobre a marca do limbo, poñemos o compás en horizontal e xirámola ata que coincida o norte do limbo co norte magnético. A frecha de dirección indicaranos o rumbo sobre o terreo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario