sábado, 28 de setembro de 2013

COMEZAMOS RUGBYTAG


Ola de novo!!

Despois de case dúas semaniñas de clase xa teño varias experiencias novas que contarvos, comezarei falando do Rugbytag, o que dedicarei esta entrada, e tamén comentarei algún aspecto sobre metodoloxía.

O Rugbytag, é un deporte de Rugby pero sen contacto. Utilízanse uns cintos que levan tódolos membros de ambos equipos con dúas solapas de velcro onde se pegan dúas cintas. Este material permite eliminar o elemento de contacto presente no Rugby, polo que é un bo deporte tanto para nenos/as como para adultos.

Máis adiante comentarei máis profundamente en que consiste e cales son as súas normas, pero agora quero centrarme nas explicacións sobre metodoloxía para unha boa e fácil aprendizaxe deste deporte por tódolos colectivos de persoas, que nos deu o noso profesor Eduardo.

Eduardo en vez de sentarnos e darnos unha clase maxistral a par que aburrida sobre as normas do Rugbytag, o que fixo foi, desmenuzar este deporte, simplificalo, para logo irlle engadindo pouco a pouco novas normas. Primeiro coñecemos o material (cintos y balón de Rugby), e para ir familiarizándonos con el xogamos a quitarnos as cintas para ver que equipo quitaba máis, e tamén o xogo dos dez pases, que consiste en que cada equipo tense que dar dez pases seguidos sen que o outro equipo lle quite o balón, e se llo quitan hai un cambio de posesión e comeza a conta para o equipo adversario. Estes xogos de primeiro contacto foron moi divertidos e permitíronnos tamén coñecer unha boa forma de organizar un gran grupo para que todo o mundo estea en funcionamento e aprendendo.

Este método de organizar consiste en dividir o grupo en equipos, pero como o grupo é moi grande haberá demasiados equipos como para que todos estean xogando a vez, polo que mentres catro equipos se enfrontaban dous a dous os outros dous equipos esperaran a súa quenda, pero esta espera non debe ser moi longa, as rotacións débense facer o pouco tempo, por exemplo, cando un equipo consiga un tanto, un gol, un ensaio produciríase o cambio. Cando xa se lle engade máis normas o deporte o equipo que está sen xogar pode facer de árbitro, e está e unha forma de implicar a todo o mundo no xogo.

Ben, despois deste parénteses sigo contándovos como Eduardo foi engadindo normas para que pouco a pouco fósemos aprendendo. O seguinte paso foi engadir unha zona de ensaio para cada equipo, onde mediante pases chegarían para facer ensaio, logo engadiuse a norma de que se un membro do equipo adversario lle quitaba unha cinta ao xogador en posesión do balón cantábase un Tag, e os equipos tiñan que recolócanse (o xogador ao que lle quitaron a cinta quedase nese lugar e é o que saca, os compañeiros colócanse por detrás del e os adversarios a uns 3 metros por diante). Ao terceiro Tag pérdese a posesión do balón. Cando xa tíñamos claras estas normas engadiuse a prohibición de pasar cara adiante o balón, e se a algún membro do equipo se lle cae o balón cara adiante sería falta e chamase "adiantado", o que implica a perda de posesión do balón. E tamén nos explicou que se algún membro do equipo non acataba as normas o árbitro pode sancionalo quitandoo do partido ou adiantando os adverarios 10 mentros.

Por agora aí nos quedamos, no que a normas se refire, pero xa nos quedou claro que usando a estratexia de ir incluíndo normas e pautas pouco a pouco facilita o aprendizaxe dun novo deporte, tanto a nenos/as como a maiores. Agora paso a explicar algo máis detallado en que consiste o Rugbytag: 



¿Que é o Rugbytag?

O Rugbytag é un un deporte no que se xoga o rugby pero sen contacto físico. Os xogadores levan un cinto ou uns pantalóns curtos de “rugbytag” e pegadas a ambos lados, con velcro, dúas cintas.
Consta dun equipo de 12 xogadores con 7 no campo. Cando o equipo defensor (sen balón) quita a cinta dun xogador do equipo atacante (con balón), isto e como un placaxe. É un deporte que poden practicar tanto pequenos como maiores e en equipos mixto.
É un deporte sen contacto, calquera forma de contacto intencional está prohibido e pode ser sancionado con unha tarxeta amarela ou vermella (o xogador ten que abandonar o campo). Calquera forma de contacto non intencional pode estar sancionado cun golpe de castigo e/ ou cambio de posesión. 




Reglas do Rugbytag para adultos



A defensa
Os xogadores en posesión da defensa non poden tocar aos xogadores atacantes, so poden coller unha cinta (Tag) e quitarlla. Tódalas outras formas de contacto non están permitidas. Se esta norma non se respecta o equipo será penalizado.

O placaxe(Tagging)
Ao comezar un novo ataque a liña de defensa debe estar a 7 metros detrás da posición do balón. Unha vez comezado a defensa pode avanzar.
Un placaxe consiste en quitar un Tag ao xogador atacante con balón. O xogador atacante non pode impedir que o xogador en posición de defensa lle quite o Tag nin pode tapalo co mesmo fin. Si un xogador en defensa quita un Tag ao equipo atacante, este debe berrar “Tag”. O equipo en posición de ataque ten 6 oportunidades para atacar en cada posesión. Despois da sexta a posesión pasa ao outro equipo. 

O fora de xogo
Despois do placaxe todo o equipo en posición de defensa ten que colocarse a 7 metros detrás do punto onde se produciu o placaxe. Non pode obstruír o xogo si o outro equipo saca rápidamente.
 
O ataque
 O equipo atacante ten 6 intentos para marcar ensaio en cada posesión a menos que perda a posesión. O xogador atacante debe correr cara o espazo ou un xogador en posición de defensa. Si non hai espazo o xogador deba pasar o balón a outro compañeiro. O xogador atacante que sexa placado debe volver ao punto de placaxe para comezar o xogo e pasar o balón atrás co pe para recomezar o xogo, pero inmediatamente debe pegarse o Tag, porque se toca o balón sen poñer o Tag perdese a posesión do balón.

O pase
 O balón debe pasarse cara atrás, se pasa cara adiante e touche, que é unha falta e a posesión pasará ao outro equipo.
 
Golpe avanzado
 Cando o  xogador intenta coller, pasar ou recoller o balón e se lle cae cara adiante, a posesión pasará a outro equipo.

A patada
Pode darse unha patada pero o balón non pode ir máis alto que o ombro dos xogadores. Un xogador non debe dar unha patada directamente a outro.
 
Caer ou tirarse ao chan
Os xogadores non se poden tirar o chan, é demasiado perigoso, tamén si un xogador co balón cae o chan a posesión cambia ao outro equipo.
 
Na línea de banda
Se o balón sae fora da liña de banda, a posesión pasa ao outro equipo e recomeza no punto que saíu. 

Os recomenzos
Despois dun ensaio de outro equipo recomeza o partido con unha patada de “drop” dende a súa liña de ensaio. Para todos os demais recomezos o xogo comeza con un pase gratis.

Marcar puntos
O obxectivo do xogo é marcar ensaio. Un ensaio é cando un xogador pon o balón no chan detrás da liña de ensaio do outro equipo. Non se pode tirar o chan para ensaiar. Un ensaio ten un valor de 1 punto (salvo para os partidos mixtos nos que un ensaio de unha muller vale 3 puntos). Non hai conversións. 

As faltas
Para o contacto deliberado ou as faltas repetitivas o árbitro pode dar unha tarxeta amarela (“sin bin”-7 minutos) ou unha tarxeta vermella ( o xogador ten que deixar o xogo e o seu equipo xoga con un menos. Para as faltas o árbitro pode dar a posesión ao outro equipo, avanzar o xogo 10 metros, xogar con vantaxe, ou dar as tarxetas amarelas e vermellas.

A vantaxe
No lugar de parar o xogo cando hai unha falta, o árbitro pode dar vantaxe ao equipo contrario si hai posibilidade de que este poda obter unha vantaxe táctica ou territorial. No caso de xogo perigoso ou de sospeitas de feridas a vantaxe non debe ser permitida. O árbitro soluciona o problema.

As infraccións
Si hai contacto intencionado ou infraccións repetidas o árbitro está obrigado a mostrar tarxeta amarelo ou vermella. As infraccións poden ser penalizadas polo árbitro da seguinte maneira: pasar a posesión ao equipo contrario; fisicamente adiantar o xogo dez metros dando vantaxe ao outro equipo; sacar unha tarxeta.

As sustitucións
Pódense facer substitucións en calquera momento e tantas veces como se queira cos 12 xogadores do equipo.

A seguridade
Recoméndase levar protección dentais por si hai colisións accidentais. Tamén se recomenda usar pantalóns especiais para evitar que se enganchen os dedos nos bolsillos e os cinturóns.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario