- Análise comparativo de natación de fondo e natación de velocidade (a crol)



Análise comparativo de natación de fondo e natación de velocidade (a crol)

Decidín facer este artigo xa que creo importante que un técnico deportivo vexa a diferenza que existe entre estilos dun mesmo deporte, e incluso, como é o caso, as diferenzas dentro dun mesmo estilo. 

A importancia ben dada pola necesidade de individualización de aprendizaxe e entrenamento, tendo en conta as características persoais dos individuos e tamén as diferenzas dentro dun mesmo deporte.

Para que quede ben clara a diferenza usarei para o análise dúas probas realmente distintas: o crol en augas abertas (triatlón) e a proba de 50 metros libre en piscina.

Utilizarei os seguintes vídeos, ademais das fontes de información para sacar conclusión importantes sobre as  dúas probas:

Triatlón Bermeo 2013 02 Parte de Natación


Final 50 libre femenino B do campionato de España



  •  A diferenza máis salientable entre estas dúas probas, ademais do contexto no que se realizan á a importancia de economizar a enerxía, de ter unha boa resistencia no triatlón, e pola contra, a importancia da velocidade na proba de 50 metros libre.

  • Na proba de 50 m. vemos que os pes dos nadadores crean unha gran capa de espuma, o cal non pasa cos nadadores do triatlón. Isto é devido a que a frecuencia de batido de pernas dos nadadores de triatlón e moito menor.

  • Os Triatletas vemos que respiran cada ciclo, ou cada dous ciclos, mentres que as nadadoras de 50 m. case non respiran en toda a proba.

  •  En ambas probas é realmente importante unha boa técnica de brazos, con cóbado alto, así como unha boa execución do rolido.

Analizadas as principais diferenzas entre as dúas probas pasaremos a redactar a técnica de cada unha:

Técnica de natación en augas abertas

Acción de brazos

A brazada debe ser ampla, con un recobro onde o cóbado vai alto e a man entra na auga en liña recta fronte o ombro aproximadamente cando o brazo leva recorrido no recobro un 80% da súa lonxitude, quedando un 20% para o deslizamento dentro da auga.

A tracción realizase como en crol normal, facendo fincapé nun forte remate.
Acción de pernas
A frecuencia que se usa no triatlón é de 2 batidos de pernas por cada ciclo de brazos, incluso hai nadadores que non realizar apenas batidos.
A patada debe ser constante, pero suave e lixeira, máis ben corta para aforrar enerxía. É importante que se realice dende a cadeira e que se busca e manterse a flote sen facer resistencia ao avance.
Respiración
A respiración en augas abertas sóese facer cada dous ciclos e sempre polo mesmo lado, tendo en conta o lado por onde veña a corrente, respirando polo lado contrario a oleaxe. Por isto é moi importante aprender a respirar por ambos lados.
Debido a que en augas abertas non hai unha liña marcada para seguir, e a orientación se fai dificultosa os nadadores teñen que usar algunha técnica para seguir o rumbo. Poden seguir os pasos doutro competidor nadando o lado ou detrás del ou poden sacar a cabeza de fronte para orientarse, a vez que respiran. Isto farano rápido e no momento no cal un brazo está en tracción e o outro en recobro.
Un erro moi común en augas abertas e mirar cara adiante ao respirar para orientarse, xa que provoca que a liña do corpo (a cabeza levemente máis elevada que as pernas) se modifique baixando demasiado as pernas, ofrecendo maior resistencia a auga.
Técnica de natación e distancias cortas
Acción de brazos
O recobro debe ser alto e necesítase un bo rolido.
A posición dos ombros ten que ser arriba e atrás e a cabeza co mentón cara o pescozo.
O cóbado, tanto no recobro como no empuxe da tracción mantense lixeiramente flexionado.
As mans son moi importantes e deben realizar unha lexeira flexión dende o momento que entran na auga ata que finalizan a tracción co fin de empurrar a maior cantidade de auga posible.
Acción de pernas
A articulación do nocello sempre estará estirada e a patada sairá da cadeira, non do xeonllo.
A cadeira está en posición de anteversión pélvica e o seu movemento debe ser lixeiro.
A coordinación de brazos e pernas é realmente importante, cando entra o brazo na auga lanzase a patada da perna contraria e cando se inicia a tracción lanzase a perna homolateral.
A respiración



Ningún comentario:

Publicar un comentario