Usarei os seguintes vídeos para realizar unha
comparación da técnica de mariposa nos diferentes nadadores:
O nadador de arriba sera o número un e o de abaixo o número dous.
Phepls sera o nadador número tres
O primeiro nadador que aparece no vídeo será o nadador número catro.
No primeiro vídeo podemos ver a dous nadadores
principiantes e nos dous últimos a dous nadadores profesionais.
Para manter un orde e estrutura a hora de analizalos
seguiremos o seguinte guión:
- Posición do corpo
- Acción dos brazos
- Acción das pernas
- Respiración
- Coordinación (brazos-pernas, e brazos-respiración)
POSICIÓN DO
CORPO
Comezamos entón pola posición do corpo, e podemos ver
que todos os nadadores realizan un movemento ondulatorio ascendente e
descendente que compensa as accións negativas do recobro e que tenta manter o
corpo horizontal. O primeiro nadador é o que fai a ondulación menos
pronunciada, e o terceiro (phelps) e o que realiza a ondulación máis marcada,
xa que ten moita flexibilidade non ombros e logra baixar moito o peito, levando
este por debaixo dos brazos.
Hai dúas posicións extremas que alcanza o nadador na
auga o realizar a ondulación e son as seguintes:
-
- Cadeira e pernas altas e tronco e cabeza somerxidas.
-
- - Cadeiras e pernas somerxidas e cabeza e tronco altos.
ACCIÓN DOS
BRAZOS
Para comprender mellor a acción dos brazos dividiremos
esta en fases:
- - Entrada
-
- Movemento cara afora
- -
Movemento cara a dentro
- -
Movemento cara afora e atrás
Comezamos coa entrada,
e aquí podemos ver como o primeiro, segundo e cuarto nadadores realizan a
entrada correctamente diante dos ombros, mentres que o terceiro nadador
(phelps) realiza a entrada máis aló da liña dos ombros, entrando os brazos máis
abertos.
En canto aos cóbados, vemos como os dous últimos
nadadores entran cos mesmos claramente altos e lixeiramente flexionados,
mentres que aos dous primeiros se lles nota menos estas accións.
Para finalizar coa acción dos brazos analizamos as
palmas, e vemos como todos os nadadores realizan a entrada coas palmas cara
afora cun ángulo de 45º máis ou menos. A imaxe é máis nítida no caso dos dous
últimos nadadores.
Pasamos agora ao movemento
cara afora, onde os brazos se deben estender cara adiante buscando
profundidade. No caso do segundo nadador, vemos que os brazos nesta fase se
dirixen cara arriba e afora, mentres que os brazos dos outros tres nadadores
buscan profundidade e se van abrindo cara afora.
Seguindo con este movemento, vemos que o primeiro, o
terceiro e o cuarto nadadores realizar o movemento cara afora cos cóbados
altos, sendo máis marcada esta acción no terceiro; mentres que o segundo
nadador realiza a acción cos cóbados baixos.
As palmas das mans dos catro nadadores, encóntranse en
pronación.
Todos os nadadores realizan esta acción practicamente
igual, flexionando os cóbados, ata os 90º máis ou menos, e xuntando as mans
debaixo do corpo, coas mesmas cara atrás e a dentro, sendo o segundo nadador o
que máis separación deixa entre unha man e outro.
Para finalizar coa acción dos brazos, despois do
movemento cara a dentro, onde temos as mans case pegadas debaixo do corpo e os
cóbados flexionados cara o vaso, ven un movemento
cara afora e atrás para comezar o recobro.
Durante este movemento todos os nadadores moven os
brazos case paralelos por debaixo do corpo, cara atrás, separándoas logo, para
que cada unha salga para comezar o recobro con cóbados altos.
ACCIÓN DAS
PERNAS
Os catro nadadores realizan un batido simultáneo coas
pernas case xuntas e paralelas.
Para analizar correctamente esta acción dividiremos a
mesma en dúas fases
-
- Fase descendente
-
- Fase ascendente
Comezaremos pola fase
descendente, e situarémonos no momento no que as pernas están máis
elevadas. No caso do nadador número dous as pernas sobrepasan a superficie da
auga, mentres que as pernas do resto dos nadadores quedan correctamente cerca
da superficie pero sen sobrepasala.
Unha vez que as pernas están na posición
anterior,deben de, mediante unha flexión das cadeiras, descender os xeonllos e
quedando os pes cerca da superficie. No caso do terceiro e cuarto nadadores
esta acción realízase correctamente, mentres que o primeiro nadador descende
pouco a cadeira e case non flexiona os xeonllos, quedando os pen lonxe da
superficie da auga; e o segundo nadador case non descende a cadeira pero
flexiona moito os xeonllos deixando os pes por riba da superficie da auga.
Logo da flexión de xeonllos todos os nadadores
realizan unha extensión brusca dos mesmos, descendendo os pes, cos mesmos en
completa flexión plantar.
Unha vez vista a fase descendente pasamos a ascendente onde os nadadores levar as
pernas estendidas cara arriba. No caso dos dous primeiros nadadores, esta fase
e moi curta, flexionando os xeonllos rapidamente, mentres que os dous últimos
nadadores levan as pernas estendidas máis arriba que os anteriores para volver
a comezar.
RESPIRACIÓN
A respiración dos dous primeiros nadadores realizase
cada dous ciclos de brazos, xa que así se lle axuda aos principiantes a manter
unha boa posición corporal.
O terceiro nadador respira en todos os ciclos, xa que
é un nadador experimentado que logra unha boa posición do corpo sen necesidade
de axudas.
Por último, o cuarto nadador, o ser un nadador que
está a realizar un vídeo para aprender a nadar a mariposa e comprender a técnica, realiza a respiración
cada dous ciclos ao igual que os primeiros.
COORDINACIÓN
Aquí englobamos dúas coordinacións, a coordinación
entre brazos e pernas e a coordinación dos brazos coa respiración.
Comezaremos coa coordinación
entre brazos e pernas, e vemos que todos os nadadores realizan
correctamente o primeiro batido de pernas cando os brazos entren na auga,
mentres que o segundo batido realízano en momentos diferentes.
O primeiro, segundo e cuarto nadadores realizan o
segundo batido na fase final dos brazos, acabando o batido cando os brazos van
comezar o recobro, mentres que o segundo nadador adianta o segundo batido e realízao
na fase cara a dentro, desperdiciando así unha gran axuda para saír a respirar.
Con relación a coordinación
entre brazos e respiración dicir que a cabeza debe saír antes que os brazos
e entrar de novo antes dos mesmos.
No caso dos nadadores un, tres e catro, a cabeza entra
correctamente antes dos brazos, sendo máis clara a acción no nadador número
tres, mentres que a cabeza do segundo nadador entre o mesmos tempo que os
brazos.
A cabeza dos catro nadadores sae bastante antes dos
brazos, concretamente cando todos están realizando o movemento cara a dentro.
¡Magnífico!
ResponderEliminarMoitas grazas!!
ResponderEliminar