domingo, 18 de maio de 2014

AUTOAVALIACIÓN SESIÓN ATLETISMO: Habilidades motrices básicas



O pasado martes, David, Gustavo e eu realizamos a sesión de habilidades motrices básicas que podedes ver no apartado de artigos e traballos da dereita, e agora realizarei unha autoavaliación da mesma, tendo en conta a información que nos deu Eduardo:

Comezaremos polos aspectos previos a sesión:

  • PREVER A DISPOÑIBILIDADE DE ESPAZOS E MATERIAL


Como nos esquecemos de informar a Eduardo de que precisábamos o pavillón para levar a cabo a sesión, xerouse un pequeno problema. O pavillón estaba ocupado, pero grazas a boa relación que existe entre Eduardo e os outros mestres do centro, os cales nos cederon o espazo, foi posible seguir adiante.
Isto pon de manifesto a importancia de manter unha boa relación entre os teus compañeiro de profesión.

  • USAR A COLOCACIÓN DO MATERIAL COMO ALGO EDUCATIVO


Na nosa sesión había que montar un circuíto, e o que nos tíñamos pensado era telo montado antes da mesma, pero como nos tocou impartila xusto o comezo da clase, sumado ao problema da instalación, decidimos ir montando o circuíto entre David e eu mentres Gus dirixía o quecemento, malia que sabemos que nunha situación normal non contaríamos con ninguén que non axudase.
O que non se nos ocorreu, foi que os propios participantes, neste caso os nosos compañeiros, nos podían haber axudado, usando así a colocación do material como algo educativo.

En canto ao quecemento:

  • TER MOI EN CONTA A IDADE E A FASE DE APRENDIZAXE DOS PARTICIPANTES PARA ELEXIR OS CONTIDOS E A FORMA DE TRABALLALOS


Neste caso tratábase dunha sesión introdutoria ao mundo do atletismo, tendo como obxectivo principal a mellora das habilidades motrices básicas, indispensables para o posterior aprendizaxe técnico específico. Por iso deberíamos haber escollido un quecemento máis ameno e menos técnico.

Pasamos agora a fase principal:

  • TER EN CONTA A IDADE DOS PARTICIPANTES PARA ADECUAR A INFORMACIÓN DADA.


Como os participantes eran os meus compañeiros de clase, din unha información demasiado técnica ao principio da sesión, non tendo en conta que eles nese momento estaban a facer de nenos de 8-9 anos.
Para comezar o circuíto conteilles que íamos mellorar as habilidades motrices básicas, que serían, reptar, saltar, correr... e non debería haber especificado tanto, xa que se trataría de nenos e nenas.

  • FACER UNHA SESIÓN DINÁMICA


Como cada 2 voltas os participantes paraban para cambiar a actividade de algunha estación, a sesión resultou pouco dinámica.
O circuíto tiña dúas filas, polo que unha sesión sería aumentar o número de filas colocando máis material, pero esta opción neste caso non sería viable, xa que non tíñamos suficiente material. Pero o que si poderíamos haber feito, co mesmo resultado sería menos cambios de actividades, polo tanto menos paradas e máis voltas seguidas.

  •  SER FLEXIBLE A HORA DE DESENVOLVER A SESIÓN


O comezar a realizar o circuíto dinme conta de que unha das estacións (a dos balóns) entorpecía a progresión do grupo, xa que era unha estación que levaba máis tempo que as outra, polo que decidín suprimila.
Aínda que teñamos todo moi ben planificado, sempre temos que estar abertos a facer cambios sobre a marcha, para mellorar a sesión.

  • A DIVISIÓN DE GRUPOS COMO ESTRATEXIA METODOLÓXICA


Na actividade de desprazamento a tres pes o grupo tiña que dividirse en grupos, e no noso caso deixamos que se formases espontaneamente e como lles pareceu aos participantes, pero é importante tamén usar a división dos grupos como un instrumento, utilizándoo así para lograr os obxectivos propostos.
  •  UTILIZACIÓN DO HANDICAP



Deuse na sesión unha situación óptima para utilizar o handicap, xa que da actividade da que falaba antes un dos grupos sempre chegaba o último. Aquí poderíamos haber dado unha vantaxe a ese equipo, ou algunha traba aos outros, para igualar as opcións de ganar, e así motivar a todos os participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario