ANÁLISE COMPARATIVO ENTRE CARREIRA DE VELOCIDADE E CARREIRA DE FONDO
O que pretendo
con este análise é poñer de manifesto as diferenzas que existen entre as
características das carreiras de velocidade e de fondo.
Teño curiosidade por saber como é
posible correr a unhas velocidades tan altas, e que técnica hai que usar para
economizar enerxía (deixando a un lado as cualidades físicas do corredor, tanto
innatas como gañadas).
Para poder analizalo escollín estes
dous vídeos:
Final masculina 100 m. Moscow 2013
Final masculina 10000 m. Moscow 2013
Despois de ver os dous vídeos comezarei comparando as características xerais dos dous tipos de carreiras:
- É evidente que na carreira de velocidade hai unha maior velocidade de execución que na carreira de fondo.
- Podemos observar que na carreira de velocidade hai unha gran amplitude de movemento, as zancadas son máis longas que na carreira de fondo, onde a amplitude de movemento é menor.
- Hai unha elevada frecuencia de movemento na carreira de velocidade, na carreira de fondo vaise máis lento.
- O movemento dos brazos e pernas en velocidade e enérxico, mentres que na carreira de fondo e suave.
- Observamos tamén que na carreira de velocidade os corredores están lixeiramente inclinados cara adiante, mentres que en fondo apreciase unha maior verticalidade do tronco.
- En velocidade os corredores so apoian o metatarso, sendo este un apoio explosivo, porén os corredores de fondo apoian case toda a planta do pe, sendo este un apoio máis elástico.
Unha vez analizado as diferenzas xerais paso a
detallar a técnica de cada un dos tipos:
Técnica de
carreira de velocidade
A técnica de velocidade ven determinada
fundamentalmente pola forza e a rapidez coa que os músculos poden contraerse e
relaxarse.
Diferenciase da técnica de carreira de fondo e de
medio fondo polo seguinte:
Técnica da
zancada
- Na fase de amortiguación a perna adiantada ou contactar co deberá facelo case debaixo do propio centro de gravidade.
- Na fase de impulso, coa extensión da perna de impulso, o xeonllo da perna libre provoca un recorrido adiante-arriba-adiante. O muslo da perna libre deberá ser levado ata a horizontal, desa forma o centro de gravidade adiantase máis e a eficacia será maior. Unha boa elevación do muslo supón unha mellora da amplitude da zancada.
- Sabendo que a velocidade decrece na fase de suspensión o atleta deberá evitar unha elevación excesiva e buscar unha maior horizontalidade.
O movemento dos
brazos
- O obxectivo dos brazos na carreira de velocidade é:
-Equilibrar o movemento
-Compensar o movemento da cadeira
-Evitar as accións rotatorias do tronco que restarían
eficacia ao desprazamento
- O impulso rápido e forte das pernas vai acompañado e coordinado cunha acción igualmente veloz e forte dos brazos.
- Débese evitar calquera tipo de tirantez ou rixidez na musculatura involucrada.
Posición do
tronco
A posición do tronco será lixeiramente inclinado cara adiante.
A variación da mesma depende da velocidade de translación, sendo maior a maior
velocidade e mingua a medida que aumenta a distancia da proba.
Frecuencia e
lonxitude da zancada
Nunha carreira de velocidade, a frecuencia aumenta dende a saída pero mingua ao final da carreira.
A lonxitude
da zancada aumenta dende a saída e non mingua ao final da carreira.
Técnica de
carreira de fondo
A técnica do corredor de fondo é practicamente igual
que a de medio fondo. A diferenza fundamental destas probas coas de velocidade
é o apoio do pe. En velocidade, o apoio realizase fundamentalmente no metatarso,
mentres que en fondo e medio fondo cada vez vaise apoiando máis a planta (a
menor velocidade, maior apoio plantar).
As principais adaptacións da técnica de carreira para
esta proba son:
- Corpo máis relaxado
- Brazos pendidos con naturalidade
- Ampla lonxitude de zancada
- Axuste da altura do xeonllo para habilitar unha maior soltura
- É preciso ter un exacto coñecemento do paso e do ritmo.
Fontes de consulta utilizadas
- http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/50_educacion_atletismo/curso/archivos/descripcion_10000.htm
- http://esportivo.wikispaces.com/file/view/APUNTES+ATLETISMO.pdf
Está muy bien. En los artículos debes incluir las fuentes de consulta
ResponderEliminar