Mellores momentos dos xogos paralímpicos 2012
En natación
paralímpica practícanse catro estilos: libre, braza, espalda e mariposa.
Ademais, os catro se combinan na proba de estilos, xa sexa individual ou de
relevos. Todas as carreiras se disputan en piscina de 50 metros e os
deportistas poden saír dende tres posicións: de pe sobre o poyete, sentados no
poyete ou directamente dende dentro da auga.
Neste deporte,
os nadadores clasifícanse en función de como afecta a súa discapacidade a hora
de practicar cada estilo. As clases S1 a S10 engloban a aqueles que teñen
discapacidade física ou parálise cerebral, sendo os de S1 os máis afectados e
os de S10 os máis leves. Ademais, a clase S11 reservase aos nadadores cegos, a
S12 e S13 para deficientes visuais e a S14 para discapacitados intelectuais.
A “S” diante do
número da clase refírese a categoría de nadador para as probas de estilo libre,
espalda ou mariposa. Na braza (SB) algúns nadadores con discapacidade física
compiten na clase máis baixa, xa que se require unha propulsión máis forte das
pernas. Tamén se utiliza esta regra para a proba de individuais de estilos
(SM).
A natación é un
dos poucos deportes que se veñen practicando de forma continua dende os
primeiros Xogos Paralímpicos, os de Roma 1960.
Final S6 100 metros espalda masculino
Ningún comentario:
Publicar un comentario