- Autoavaliación do estilo mariposa



Para finalizar coas avaliacións e autoavaliacións temos o estilo mariposa. O igual que nos outros tres estilos, usarei a seguinte ficha de avaliación do estilo para facer a miña autoavaliación. Neste caso os compañeiros que avaliaron a miña técnica foron Raquel e Adrián.

AVALIACIÓN DO ESTILO MARIPOSA

ALUMNO AVALIADOR: Raquel e Adrián
ALUMNO AVALIADO: Lucía López López


POSICIÓN DO CORPO
1
2
3
4
Elevación ao respirar: queixelo roza a auga


x

Ondulación correcta
x





ACCIÓN DAS PERNAS
1
2
3
4
Dous batidos por brazada

x


Primeira patada abaixo /entrada brazos


x

Segunda patada abaixo/final tracción
x





ACCIÓN DOS BRAZOS
1
2
3
4
Entrada na liña dos ombros ou máis cerrada


x

Entrada limpa, sen arrastra auga


x

Movemento afora


X

Movemento A dentro


x

Movemento a fora e a tras


x

Cóbados elevados durante a tracción
x



Recobro


X


COORDINACIÓN
1
2
3
4
Saca a cabeza para respirar unha brazada si e unha non



x
Mete a cabeza antes que os brazos
x



Saca a cabeza durante o movemento a dentro

x


1. Acción moi incorrecta. 2. Regular. 3. Ben 4. Moi ben.

             


Analizando a anterior ficha, podemos ver que os meus principais erros neste estilo teñen que ver coa acción das pernas, xa que me resulta complicado dar dúas patadas por cada ciclo de brazos; na ondulación, xa que me manteño a cadeira demasiado ríxida; e na coordinación da respiración, xa que o feito de ter que sacar a cabeza antes que os brazos e metela antes que os mesmos, non me resulta sinxelo, debido en parte a que nos outros estilos a saída da cabeza faise a vez que a dos brazos.

Estes son os puntos máis frouxos da miña técnica de mariposa:

·        Non fago unha ondulación correcta.
·        Logro facer dous batidos por ciclo de brazos pero con moita dificultada.
·        A segunda patada non a dou no momento correcto.
·        Non levos os cóbados elevados durante a tracción.
·        Non meto a cabeza na auga antes que os brazos e non a saco durante o movemento a dentro da tracción.

Con relación ao resto da técnica podemos observar que a posición do corpo ao respirar elévase, rozando o queixelo a auga correctamente, sen embargo a ondulación do corpo non é a adecuada, xa que manteno o tronco ríxido e fago o batido so cos xeonllos.

No referente a acción dos brazos, os meus compañeiros observaron que a entrada dos mesmos é correcta, entrando estes en liña cos ombros, e limpamente, sen arrastrar auga. Os movementos da tracción son óptimos, realizando primeiro un movemento cara a fora, logo un cara a dentro e para rematar un movemento cara a fora e a tras, porén, non levo os cóbados elevados. Para rematar coa acción dos brazos dicir que logro facer un recobro cos brazos estirados e por riba da auga.

Pasamos agora a acción das pernas, onde, malia que consigo dar dúas patadas por cada ciclo de brazos, resúltame moi custoso, e a segunda patada non e realizada no momento óptimo que seria o final da tracción.

Rematamos coa coordinación da respiración, onde saco a cabeza para respirar unha brazada si e unha non correctamente como se nos pedía nesta avaliación, para ter unha boa colocación do corpo, pero non logro meter a cabeza antes que os brazos nin sacala durante o movemento a dentro da tracción.


EXERCICIÓNS PARA MELLORAR


 EXERCICIO 1:

Obxectivo: Mellorar a coordinación da respiración (meter cabeza antes que brazos e sacar cabeza antes que brazos)

Material: Aletas

Desenvolvemento: Propulsarnos con patadas de mariposa mentres realizamos secuencias de meter cabeza antes que brazos e sacar cabeza antes que brazos, esperando uns segundos entre cada secuencia.

 EXERCICIO 2:

Obxectivo: Mellorar a ondulación

Material: Aletas

Desenvolvemeto: Bucear realizando o movemento de ondulación de mariposa para logo realizalo en situación normal.


 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario