* AVALIACIÓN PROXECTOS RECREACIÓN ACUÁTICA

LORENA- EVA- NAIR


  •      PUNTOS A MELLORAR:

-          Presentación en dous formatos diferentes, power point e Word, ampliando a información en Word, sendo a visualización do traballo pouco visual.
-          Parécenos que a presentación debería ser algo máis orixinal, tanto en power point como en word.
-          Cremos que a acción dos técnicos e o cronograma están un pouco escuetos.
  •       PUNTOS DESTACABLES

-          Están recollidos todos os puntos a desenvolver.
-          O material está moi concretado.
  •       PUNTUACIÓN: 3

PABLO- ASIER- ALBERTO


  •       PUNTOS A MELLORAR

-          Faltaría a acción dos técnicos
-          Cremos que aparecen obxectivos pouco concretos e medibles.
-          No material faltaría especificar o número de unidades.
  •       PUNTOS DESTACABLES

-          Unha presentación orixinal, vistosa e con música.
-          A pesar de faltar a  acción dos técnicos, é un traballo moi completo.
-          Teñen un fío condutor da sesión con un título da mesma, e xogos orixinais.
  •       PUNTUACIÓN: 4

VICTOR- DAVID LORENZO- JUAN PABLO


  •      PUNTOS A MELLORAR

-          Cremos que o cronograma é algo escueto
-          A presentación parécenos pouco visual
-          Os xogos non son moi orixinais.
  •      PUNTOS DESTACABLES

-          Xogos ben explicados
-          Material concreto.
-          Sesión fácil de levar a cabo.
  •      PUNTUACIÓN: 3

ALVARO- ROCIO- ALEXIS


  •      PUNTOS A MELLORAR:

-          Cremos que a presentación é pouco visual
-          Faltarían os obxectivos da sesión
-          Creemos que a táboa de control estaría fora de lugar, xa que son xogos separados, e non habería que levar un control de puntos.

  •             PUNTOS DESTACABLES:
-          Cronograma moi específico.
-          Material moi específico.
-          A sesión xira entorno a unha temática (os piratas).

  •            PUNTUACIÓN: 3

OSCAR-DIEGO BARRO-DAVID ARIAS




  •              PUNTOS A MELLORAR:
-          Parécenos que aparecen demasiados obxectivos e pouco concretos.
-          A presentación parécenos algo confusa, o irse abrindo tantas pestanas.
-          Aparecen xogos terrestres adaptados a auga.

  •              PUNTOS DESTACABLES:
-          Están presentes todos os puntos que se requerian
-          O cronograma nótase que o quixeron facer completo.
-          Parécenos moi correcto que todos os participantes podan ten puntos, que ningún equipo acabe o xogo sen tantos.

  •              PUNTUACIÓN: 3

HUGO- DIEGO REDONDO- DIEGO FENTE




  •              PUNTOS A MELLORAR:
-          Falta a acción dos técnicos, o cronograma e a distribución do espazo.
-          Para realizar a sesión necesitaríase material difícil de conseguir (neumáticos).
-          Para nos, é unha sesión pouco atractiva.

  •                           PUNTOS DESTACABLES:
-          É unha sesión fácil de levar a cabo
-          Necesitaríase pouco material

  •              PUNTUACIÓN: 2

TAMARA-AMALIA-JUDIT




  •               PUNTOS A MELLORAR:
-          Difícil lectura das diapositivas.
-          Faltaría completar o material e especificar o número de unidades, así como aclarar como vai ser a puntuación.
-          Cremos que os xogos duran demasiado (7-10 m), e faltaría explicar un dos xogos, xa que o principio dise que son 5 e so aparecen 4 explicados.

  •               PUNTOS DESTACABLES:
-          Cremos que é unha sesión fácil de levar a cabo.
-          Necesitaríase pouco material para a súa realización.
-          Vemos que teñen claro cal vai ser a distribución da piscina, ademais de cal vai ser o seu papel en cada momento.

  •                              PUNTUACIÓN: 3

ALBA-JACOBO




  •               PUNTOS A MELLORAR
-          Consideramos que a presentación é pouco chamativa.
-          Faltaría a táboa de control da puntuación.
-          Non se especifica como vai ser a puntuación.

  •               PUNTOS DESTACABLES:
-          Acción dos técnicos e cronograma completos.
-          Os xogos están moi claros e ben explicados.
-          Os nomes dos xogos son moi orixinais.

  •               PUNTUACIÓN: 3

JORGE-GUSTAVO-ADRIÁN



  •              PUNTOS A MELLORAR:
-          No cronograma faltaria especificar o minuto a minuto.
-          Cremos que deberían incluír unha táboa de control da puntuación.
-          Non se especifica como vai ser a puntuación.

  •              PUNTOS DESTACABLES:
-          Presentación moi orixinal e visual.
-          A acción dos técnicos está ben especificada e clara.
-          Os xogos están claros e ben explicados.

  •              PUNTUACIÓN: 4

AUTOAVALIACIÓN DO NOSO TRABALLO (RAQUEL, DAVID FERNÁNDEZ, LUCÍA)




  •            PUNTOS A MELLORAR:
-           Necesitamos moita coordinación entre os monitores, técnicos.
-          No cronograma faltaría especificar o minuto a minuto.
-          Necesítase moito material.

  •                        PUNTOS DESTACABLES:
-          Esta todo moi planificado e estruturado.
-          Presentación vistosa.
-          Todo leva un fío condutor, cunha temática (piratas).

  •            PUNTUACIÓN: 4

SESIÓN ELEXIDA PARA LEVAR A CABO

Nos queremos que a sesión que se faga o día 2 de xuño sexa a de PABLO, ASIER E ALBERTO.
Como xa dixemos anteriormente na avaliación do seu proxecto, cremos que a súa sesión é moi orixinal, alegre, vistosa... Pensamos que podería ser moi divertida xa que os xogos que propoñen son realmente orixinais. E todo isto amenizado con música, que tamén aporta un grado de diversión a maiores.



Ningún comentario:

Publicar un comentario