A actividade
máis divertida do ano!
Xa case para
despedir este curso escolar, achegámonos a Arbo, Pontevedra, para realizar a
actividade máis divertida, e con máis adrenalina do ano, Rafting.
Saímos de Lugo
as 9 da maña, e tras 2 hora e cuarto de bus, chegamos a Arrepións, a empresa ca
que contratamos a actividade, que xa nos estaba esperando para repartir o
material necesario (neopreno de 4 mm, chaleco e casco).
Unha vez
equipados, Raquel, Laya, David Lorenzo e eu, por ser os primeiros en estar
listos, achegámonos ao punto de inicio do descenso cos dous coordinadores, na
Land Rober da empresa, para axudarlles a descargar, e inflar as lanchas.
Mentres os nosos compañeiros ían no bus.
Cando xa
rematamos de preparar as lanchas, chegaron os nosos compañeiros, coa outra
coordinadora de Arrepións. Dividímonos en 3 grupos e déronnos unhas nocións
básicas sobre este deporte, que logo o noso coordinador foi ampliando durante o
descenso.
O meu grupo, co
que me sentín realmente a gusto, e o pasei como unha “enana”, foi: David
Lorenzo, Jorge, Adrián, Pablo, Raquel, Gustavo, Tamara, Juampy e eu.
Comezamos o descenso,
e xa nunha das primeiras zonas de conflito, o noso coordinador, comentounos que
íamos facer unha proba de confianza, deixándonos chocar contra unha das rochas,
pero a proba de confianza saíu “ra”, xa que a lancha comezou a inclinarse e
acabou dando a volta, baleirándonos a todos.
Ese momento foi
un caos, sentín como Adrián me pasaba por riba, como me caía a lancha na
cabeza, e perdín unha zapatilla, que os compañeiros doutra lancha me
recuperaron. Pero a pesar de todo, acabou sendo un momento divertido e de
subidón de adrenalina.
O resto de
descenso foi xenial. Rescatamos a algún que outro compañeiro que caía da súa
lancha, tirámonos dende unha rocha de uns 5-6 metros, nadamos nun rápido,
cruzamos remuiños, gozamos das vistas...
Foron case 2 horas
de descenso, que pasaron rapidísimo, e que sen dudalo repetiría, e que
recomendo a todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario