sábado, 24 de maio de 2014

SESIÓN DAVID FERNANDEZ, JORGE, ALBERTO: Análise metodolóxico

A sesión de David Fernandez, Alberto e Jorge realizárona sen estar presente Eduardo (o profesor), por iso foi unha sesión un tanto especial.

Para empezar, foilles máis complicado dirixila, xa que estábamos algo dispersos, e custaba prestar atención, pero aínda así, puxeron interese e sacárona adiante.

Aquí deixo a sesión, para logo facer o análise metodolóxico:

Sesión da fase introductoria de atletismo
Sesión introductoria de atletismo (habilidades motrices básicas)

Material: A colocación de material realizarase 10 minutos antes de iniciar a sesión. (12 mini vallas, 12 conos, 12 pelotas, 1 caixa).
Objetivos: O obxetivo principal sería a mellora de habilidades motrices básicas. Obxetivos secundarios serían mellora de resistencia, coordinación e cooperación.
Grupo: Para nenos de entre 8-9 años de edad, aproximadamente 24 nenos en total.
Instalación: Pista de atletismo e alrededores.
Metodoloxía: Dirixida,  mándanse facer as tarefas e os alumnos vanas cacendo.
Tempo de sesión: 55 minutos.

Quecemento (15 minutos)

Primeiro exercicio: Carreira continua suave: 200 metros.

Segundo exercicio: Movilidade articular.

Terceiro exercicio: Por parellas: Cada parella cun balón e realizará distintos exercicios para quentar:
  •      Darán pases de peitoo a vez que se van alexando e logo volveranse acercar.
  •      Desplazándose, daranse pases entre eles a unha man e a duas mans
  •       Un diante do outro, un corre cara diante e o outro cara atrás mentras se van pasando o balón.
  •      Pases con toque de dedos 
  •      Pases rasos coa man. 
  •      Pases cunha man e mentras coa outra desplazanse.
  •     Os dous colocaranse en paralelo, cada un mirando cara un lado. O que leva a pelota lanzará a mesma alta e caraa a súa espalda e o outro correrá para collela antes de que bote.


Parte principal (35 minutos).

Primeiro exercicio
Obxetivo: Mellora de saltos e de lanzamentos.
Material: Conos para delimitar o espazo.
Descrición: Dentro o grupo haberá un ou varios alumnos que pillarán e o resto escaparán, pero todos os alumnos desprazaranse con distintas variables.
Variables: Os alumnos desprazaranse a pes xuntos, a pata coxa, para pillar lanzarán un balón, facendo marcha.
Segundo exercicio:
Obxetivo: Mellora de saltos e lanzamentos.
Material: 12 vallas, 12 conos, 12 pelotas e unha caixa.
Descrición: O exercicio consistirá nunha especie de circuíto. Haberá tres equipos que se colocarán en tres filas. Diante de cada fila haberá 4 vallas, a continuación 4 conos e a continuación 4 balóns. Cada grupo terá que realizar una serie de tarefas por esos obstáculos e lanzar a bola a una caixa común, e volver realizando o mesmo exercicio. O grupo que antes meta as bolas na caixa gañará.
Variables: Cambiar os exercicios nas vallas e nos conos, lanzar cunha man  pelota, lanzar coas duas mans, lanzar de xeonllos. Cambiar a caixa por un aro.

Terceiro exercicio
Obxetivo: Mellora da carreira.
Material: Ningún.
Descrición: Os alumnos colocaranse por parellas, en duos filas unhos en frente de outros. Un lado serán o número un e os outros o número dous. Cando o profesor diga un número estos terán que correr en dirección oposta a súa parella e a súa parella intentar pillalos.
Variables: En lugar de un e dous, pares e impares. En lugar de empezar de pe, empezar sentados, ou deitados.

Cuarto exercicio
Obxetivo: Mellora da carreira e da resistencia.
Material: 5 conos y 5 balóns
Descrición: Colócanse en cinco grupos, e señal o último alumno terá que salir correndo en zig-zag entre os seus compañeiros, seguir ata un cono e regresar ata a súa posición.
Variables: En lugar de sortearlos correndo, a pes xuntos ou a pata coxa. Poñer un balón diante e o sair de esquivar aos compañeiros levalo ata o cono e volver.


Fase de volta a calma. (5 minutos)

  Xogo:
 Lanzar pelota ao aire e todos os usuarios escapan excepto un deles que trata de coller a pelota o antes posible. Cando a colle berra: ¡Sangue! E todos os alumnos que escapaban deben pararse y quedarse no sitio. O usuario da pelota pode dar tres pasos para intentar darlle coa pelota a uno dos demais. Pódense ir metendo variantes como poder escapar solo a pata coxa ou pes xuntos ou que os tres pasos que poden dar o que ten a pelota sexan os tres pasos finais de triple salto.

 Estiramientos xerais de abaixo-arriba.

ANÁLISE METODOLÓXICO

Comezamos pola preparación previa:

·         Eduardo dixéranos que cada parte da sesión tiña que ser dirixida por un membro do grupo, mentres os outros dous se incorporaban realizando a sesión, xa que nun traballo non imos ter axudantes, pero aínda así, os tres dirixiron a sesión xuntos, axudándose, supoño que porque así se sentían máis respaldados.

QUECEMENTO:

·         Este quecemento sería correcto para unha sesión técnica, pero non o vexo adecuado para unha sesión introdutoria, xa que os nenos nesta fase teñen que divertirse, e prepararse para a posterior fase técnica.

·         Durante a segunda parte do quecemento, os rapaces de outro colexio comezaron a adestrar, por iso os compañeiro que dirixían a sesión decidiron que cambiásemos de sitio, para non molestalos. Este cambio foi moi adecuado.

PARTE PRINCIPAL
  • Para comezar a parte principal, David díxonos que íamos realizar exercicios para mellorar as habilidades básicas, e esta información non sería adecuada para nenos de 8 anos. Os nenos non necesitan tanta especificación, pero imaxino que David o darnos a sesión a nos, non se deu conta.
  • O exercicio de pillar a pata coxa e a pes xuntos, para min, foi demasiado longo, xa que era bastante esixente a nivel físico. Creo que se mesturaran no medio outro xogo de pillar sen ser a pata coxa os a pes xuntos, sería máis relaxado, ou se se disminuise o tempo do xogo.
  • David, durante o exercicio do que falei no punto anterior deuse conta de que había xente parada, e para activalos dáballes un balón e comezaban a pillar eles. Esta iniciativa paréceme moi acertada.
  • Mentres realizamos o circuíto un grupo de nenas chegaron para realizar salto de altura, polo que nos molestábamos no sitio onde estábamos, polo que os compañeiros que dirixían a sesión decidiron cambiar de sitio, e mandáronnos cambiar a nos o material, e colocalo igual no campo. Isto pareceume moi dinámico e educativo.
  •  O circuíto o ser de relevos resultou pouco dinámico, pasando moito tempo inactivos. Se non fose de relevos e fósemos saíndo uns detrás dos outros sería máis dinámico.
VOLTA A CALMA

Na volta a calma fixemos estiramentos, os cales serían propios da fase de técnica. Para a fase introductoría non serían adecuados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario