* Lanzamento de peso



EVOLUCIÓN HISTORICA


O lanzamento de peso iniciouse a partir do lanzamento de pedras. Ao redor de 1857 os ingleses empezan a desenvolver, continuándoo posteriormente en EE.UU., pero sen poñerse de acordo no peso do artefacto, nin nas condicións de lanzamento.


Instaurase oficialmente como competición no 1850 nas escolas inglesas, pero o primeiro lanzamento coñecido con rigor data do 1860, onde o británico Williams alcanzou 10,95 m. con unha bola de canón de 16 libras (7, 257 kg).


A incorporación olímpica tivo lugar en Atenas 1896, onde se lanzaba o peso dende unha plataforma cuadrangular de 7 pes (2, 135 m.) de lado. Nos xogos olímpicos de Estocolmo 1912, aparece o lanzamento “normal” con unha e outra man, onde a marca se extrae da suma dos mellores lanzamentos con ambas mans.


Se analizamos a evolución seguida por dita disciplina contemplamos que o primeiro lanzamento que se coñeceu realizouse dende parado, encontrándose o lanzador de costas a zona de lanzamento e suxeitando o meso con ambas mans, gravitando o peso da perna dereita a esquerda, atendendo a que coñecemos como técnica lineal.


Posteriormente prodúcese un desprazamento lateral, onde se da un avance previo do pe esquerdo, polo que se produce a seguinte acción: I-D-I-Lanzamento.


A finais da última década do século XIX, ten lugar o desprazamento previo do pe dereito, polo que resulta, D cruzándose I-Lanzamento, se costas a liña ideal de lanzamento e lanzando a unha so aman. Este primeiro lanzamento a unha so aman tivo lugar en 1965 e o maior expoñente desta técnica foi GEORGE GRAY, quen superou por primeira ver a barreira dos 14 m. con un lanzamento de 14,38 m. en 1982.


WESLEY COE foi quen superou os 15 m, utilizando a técnica anteriormente descrita, e que recibiu o nome de “ortodoxa”.


Outro atleta que cabe destacar nestas liñas é RALPK ROSE porque executou o primeiro lanzamento homologado pola I.A.A.F. cunha distancia de 15,54 m.


Mentres tanto, en Europa, seguíase a corrente sueca, que se caracterizaba por levar o braza cara atrás ao final, pretendendo unha rotación do eixe lonxitudinal, dando lugar a técnica de rotación. Aínda que algún alemán e suecos partían de frete a dirección de lanzamento.


JACK TORRANCE, en 1934, incorporou unha torsión de tronco ao caer tras o lanzamento, ampliando así o recorrido do peso, para provocar unha maior aceleración final, ampliando o rexistro de lanzamento de 16,80 ata 17,40. Esta técnica era utilizada de forma similar en 1928 por EMIL HIRSCHELD.


Unha acentuación maior da torsión lateral do tronco, coa colocación do pe dereito xirado ao apoiar no centro do círculo, foi realizada por CHARLES FONVILLE, o que o levou a aumentar a distancia de lanzamento a 17,68



Posteriormente apareceu JAMES FUSCH, antes de que aparecese a figura de PARRY O´BRIAN. O primeiro posuía unha marca de 17,79 a 17,95, mediante unha acentuación da torsión e da diagonalidade do pe dereito, ademais de arrancar co tronco moi inclinado e mantendo o peso lonxe do ombro ao inicio do desprazamento, para recupéralo ao final do mesmo. O,Brian, na década dos 50, pasou de 18 m. no 1953 a 19,30 no 1959. Ademais, este cobra a súa importancia ao ser o creador da técnica dorsal, que é máis coñecida por levar o seu nome. A súa característica principal é que se parte de costas a dirección de lanzamento, co que aumentamos a velocidade de lanzamento e a forza de impulsión, estimándose en case un metro de ganancia a vantaxe que proporcionaba esta técnica.



Despois de O´Brien, moitos lanzadores adoptan esta técnica, a que lle poñen matices persoais, pero non chegan a constituirá unha nova técnica de lanzamento.

Coa aparición da técnica dorsal, os lanzadores europeos desprazan aos americanos nos postos de honor. Cabe destacar a figura de RANDY BERNES, xa que con técnica xiratoria chegou ata os 23,12 m, actual record do mundo, pero con unha acusación de doping pouco despois de haber realizado esta marca.

Destacar que a técnica xiratoria merece un tratado especial, a pesar de que non se contemplan demasiados datos históricos sobre ela. Estes datos aparecen por primeira vez nos anos 40, co ameriaco OTIS CHANDLER ou da man do exipcio CHEBE FARAG ou do libio SALEM EL CISR, adestrados polo grego IVÁN PSIAKIS. Posteriormente, nos anos 60, aparecía o checo MALEK.

Pero si non referimos ao seu máximo expoñente, ALEXANDER BARISCGNIKOV, en 1976 bateu o record do mundo con 22 m., quen o usaba principalmente para conseguir un maior recorrido da bola, así como unha maior aceleración final.


REGLAMENTO


·         PESO



O artefacto será de ferro macizo, de latón ou de calquera outro material. Deberá ser esférico e cunha superficie lisa, tendo as seguintes características dependendo do sexo:


                                  Homes        mulleres

Peso mínimo                7,26 kg.       4 kg.

Diámetro mínimo         100 mm.    95 mm.

Diámetro máximo        130 mm.    110 mm.




·         AS ÁREAS


Área de lanzamento


O diámetro do círculo é de 2, 135. a máis corta en comparación ca dos outros lanzamentos, xunto coa de martelo.


Ao non ser unha técnica na que o movemento de rotación sexa dominante, carece de gaiola de protección. A súa vez, a presenza dun contender vese explicado polo feito de que  no lanzamento de peso, o atleta dispón de pouco espazo para moverse e que a súa forma de lanzar é en traslación.



Está constituída por un círculo ou plataforma, un aro metálico e un contenedor.


O lanzamento efectuarase dende o interior do círculo de 2, 135 m. de diámetro, como xa sinalamos, que está feito dun material resistente (cemento, madeira, poliéster). Estará rodeado por un aro metálico de 20 mm. De altura. O círculo está atravesado por unha liña de 5 cm. de ancho, que se prolonga ao exterior do círculo 15 cm. por cada lado, delimitando unha parte anterior e unha parte posterior do círculo. Disporá dun tope ou contenedor de 1, 22 m. de lonxitude, de 112 mm. a 300. Mm. de ancho e de 98 mm. a 102 ,, de altura. Dito contenedor será de forma curva, e estará firmemente asentado ao chan na parte exterior da metade posterior do círculo.


 





Área de caída


É un sector de 40º delimitado por dúas liñas de cinco cm. de ancho, trazadas sobre o chan e cuxa intersección ten lugar no centro do círculo.










·         VALIDEZ DO LANZAMENTO


-O competidor debe empezar o seu lanzamento a partir dunha posición estacionaria no círculo.


-O peso lanzarase partindo o ombro (próximo ao pescozo) e con unha soa man.


-A man non pode descender da posición anterior durante todo o lanzamento nin pode levarse cara atrás respecto ao plano dos ombros.


-O atleta, durante o lanzamento, non pode tocar a parte superior do aro que forma o círculo, nin a parte superior do contenedor.


-O atleta non pode saír do círculo antes de que o peso toque o chan e debe saír pola metade anterior do círculo.


-O peso ten que caer dentro da zona formada polo ángulo de 40º, medidos a partir do centro do círculo.


·         MEDICIÓN DO LANZAMENTO


A medición debe realizarse inmediatamente despois do lanzamento. Situarase o cero da cinta métrica sobre a marca máis próxima ao círculo deixado polo peso, desenvolverase o instrumento de medida ata o centro do círculo e lerase a medición non borde interior do aro metálico.


·         NÚMERO DE INTENTOS


Cada competidor dispón de un mínimo de tres intentos. Tras estes tres intentos, chamados “clasificacións”, os oito mellores lanzadores teñen a posibilidade de efectuar tres intentos suplementarios.


·         CLASIFICACIÓN


A clasificación efectúase tendo en conta o mellor resultado realizado en estes seis intentos,( ou tres intentos para os que non accederon a fase final).


En caso de empate, o segundo mellor resultado logrado polos competidores é o que servirá para desempatar. No caso de que o empate persista, terase en conta o terceiro mellor resultado, e así sucesivamente.


·         SEGURIDADE


Como xa dixemos, é unha disciplina que carece de gaiola de protección, pero ademais está prohibido lanzar o peso dende o sector de caída ata o círculo, para devolvelo.


TÉCNICA 


·         O AGARRE DO PESO


Supoñendo que a a perna forte do lanzador sexa a dereita, agarrará o peso na man dereita, onde descansa na base dos dedos. Unha opción é que os tres dedos medios estean so lixeiramente estendidos, mentres que o pulgar e o meñique danlle o apoio lateral asegurando a posición de implemento. A outra opción é que todos os dedos se axusten ao artefacto. O peso non debe estar firmemente agarrado, nin tampouco debe rodar na palma da man.


A man que suxeita o peso situarase na cavidade formada polo pescozo e a clavícula, de tal forma que non descanse sobre o ombro, si non no lado do pescozo e baixo a mandíbula. Algúns lanzadores colocan o peso máis cara a nuca e outros máis cara o mentón.


O cóbado esta alto (perpendicular a articulación escapulohumeral) e adiantado. Dita posición non será cambiada na inclinación cara adiante para iniciar o lanzamento, momento no que o cóbado e o antebrazo están debaixo do implemento. Ademais, esta é a posición que se manterá ata despois do lanzamento. 


Por último a cabeza permanece na súa posición normal.

 Visto o agarre do peso pasaremos a analizar as diferentes técnicas de lanzamento e para elo usaremos o seguinte vídeo:






·         TÉCNICA O´BRIAN


-Fase de preparación


O lanzador colócase de costas a área de lanzamento. O pe dereito sitúase  no eixo de lanzamento. O peso do corpo repousa principalmente sobre a perna dereita. A liña dos ombros está paralela ao chan. O brazo esquerdo está situado cara diante co fin de provocar unha relaxación do ombro correspondente.





  O obxectivo da posta en movemento é vencer a inercia do conxunto lanzador-artefacto, para executar unha fase de dobre apoio cunha velocidade suplementaria. Despois, na posición base, prodúcese un desprazamento cara atrás. Dito desprazamento, lévase a cabo pola acción de pernas, e non por unha acción de ombros, o que dotará ao artefacto dunha velocidade dificilmente compatible coa colocación avanzada do tren inferior.


A continuación ten lugar o inicio do agrupamento, onde se leva o peso do corpo sobre a parte dianteira do pe dereito. Os dous ombros intentan ir o máis lonxe posible cara a parte posterior do círculo (a perna esquerda alóngase cara atrás para que o lanzador conserve o equilibrio).O que se pretende é aumentar o camiño de lanzamento e unha posición óptima de cara ao camiño ascendente que temos que cubrir. 


Despois, ten lugar o que é en si agrupamento, onde a perna dereita estará en flexión de uns 120º e que os ombros chegan a poñerse a altura das cadeiras, como termo medio, no momento da agrupación. Ademais, a liña dos ombros e a da pelvis permanecen perpendiculares ao eixe de desprazamento. O xeonllo esquerdo ven a altura do xeonllo dereito, pero sen ir máis aló. Por último, as costas non deben encurvarse e iníciase a flexión da perna dereita.


Tras o agrupamento ven o brinco, que é un desprazamento corto (80-90 cm.) no que hai que conseguir unha velocidade de 2-3 m/s, iniciado por unha extensión violenta da perna esquerda en dirección ao contenedor. O pe dereito permanece longo tempo en contacto co círculo, ata a extensión máxima da perna dereita, cuxo empurre é longo e vai dirixido cara ao contenedor, ademais débese dirixir rapidamente cara atrás no maior tempo posible, para crear un desequilibrio de todo o corpo cara atrás. O desprazamento non se iniciara nin se acelera por unha acción do torso.


Durante toda esta fase, a vista diríxese cara a parte posterior do círculo de modo que se evite unha abertura prematura da liña dos ombros, que debe manterse cerrada.



Por último, tras o brinco, na continuación no centro do círculo terá lugar o feito de que o pe dereito volva máis rapidamente canto máis tempo empuxara. Volve cun ángulo de 100º en relación co eixe de lanzamento. O contacto dos pes co chan e case simultáneo. 


-Fase de realización 


Nesta fase, debemos ter especial atención de cara a recepción do pe dereito no centro do círculo, que a vertical do peso se encontre máis ala do pe dereito, que a perna dereita estea flexionada, que nocello, xeonllo, pelvis e ombro do lado esquerdo estean aliñados e que a liña dos ombros sexa cerrada.


A partir deste momento, o sincronismo das accións é moi importante, xa que buscamos, por un lado, un estiramento xeral e , por outro, a aceleración da velocidade adquirida no transcurso do brinco. 

Así, evitarmos calquera aceleración ou freado que distorsionen a execución do lanzamento.


A parte máis importante recae sobre o nocello dereito, xa que é o punto de partida da cadea de movemento. Séguese conservando un retraso dos ombros e o brazo lanzador grazas a un mantemento cara a parte posterior do círculo. O empurre da perna dereita permite trasladar o peso a outra perna e iniciar a subida da pelvis. A perna esquerda non debe dobrarse, se non que debe aproveitar esa enerxía cinética para rebotar. Entonces, a extensión-reacción da perna esquerda iníciase producindo a ver un empurre cara arriba.




Mentres tanto, o brazo esquerdo elévase violentamente na dirección do lanzamento, favorecendo a extensión dos músculos da Caixa torácica e o estiramento dos músculos do ombro que debe lanzar.




-Fase final


Nela, pretendemos acelerar o peso bloqueando o lado esquerdo e ir o máis lonxe posible na impulsión sobre o peso.


Cando o peito vai cara adiante, o antebrazo esquerdo descende e bloquea o movemento dos ombros que empezara na fase de dobre apoio. Así impide unha rotación do torso que provocaría unha falta de ombro esquerdo.


Tras a intervención en orde cronolóxico da cadea anteriormente nomeada, a última aceleración dáse mediante un empurre dos dedos, o elemento máis fráxil pero tamén máis rápido.



Se falamos da recuperación, diremos que, na fase precedente, o empurre de ambas pernas creou unha velocidade dirixida cara arriba que diminúe a velocidade que serve para a progresión do lanzador no círculo. Cando o peso abandoou a man do lanzador, o pe dereito abandoa a plataforma para situarse contra o contenedor no seu borde externo, flexionándose o tronco e a perna dereita, descendendo po tanto o  CGD.




·         EN ROTACIÓN


-Vantaxes desta técnica:


·         O camiño de lanzamento é máis longo

·         Conséguese maior velocidade na fase de desprazamento

·         Precísase menos forza, polo que se pode dedicar máis tempo a técnica e menos a musculación. 

Inconvintes da técnica
   Debido a forza centrífuga, o peso tende a saírse da traxectoria

·         Dita forza, manifestase en maior medida na acción fina, resultando difícil para os atletas encontrar o punto de empurre.

·         Maior inestabilidade

·         Existen puntos nos que o peso se acelera no sentido contrario ao lanzamento.


-Fase preparatoria


En canto a posición de saída, dicir que o atleta se sitúa de costas a área d lanzamento, cos pes situados a un e outro lado do eixe de lanzamento, sendo a súa separación lixeiramente superior a amplitude da pelvis. As pernas están lixeiramente flexionadas. Por outro lado, o brazo esquerdo encontrase estirado ao lado e equilibra a posición do lanzador e retrasará a rotación dos ombros.



O inicio do movemento ten cabida cando o lanzador leva o peso do corpo da pe dereito ao pe esquerdo, tendo o tronco inclinado cara adiante, polo que o peso se a lonxa do eixe de rotación, adquirindo así unha maior velocidade. O peso do corpo encóntrase por riba do pe de pivote, neste caso o esquerdo, co que o pe dereito se despega do círculo e intenta colocarse no seu centro.



Tras haber rematado o empurre, que debe provocar un desprazamento do peso do corpo cara a parte anterior do círculo, a perna esquerda despégase no momento no que o pe dereito en contacto co chan, producíndose unha fase de suspensión.



Ao longo da suspensión, dúas rotacións contrarias reforzaranse: a rotación da pelvir e a dos ombros. A rotación da pelvis cara a esquerda favorecerá a rotación dos ombros cara a dereita, a cal tamén está reforzada polo cerre do brazo esquerdo. 


A continuidade do movemento ten lugar co traslado do pe esquerdo cerca do contenedor con gran rapidez, posto que o contacto de ambos pes no chan debe ser case simultáneo.



-Fase de realización e fase final


Son idénticas as do lanzamento en O,Brian.



APRENDEMOS A TÉCNICA EN DÚAS SESIÓNS


UNIDADE DIDÁCTICA: Lanzamento de peso    Nº DE SESIÓN: 1

MATERIAL:
  • Bola de 1kg aproximadamente que sumulará o peso
  • Bolas de goma espuma ou similar.

OBXECTIVOS:
  • Ser capaces de entender, asimilar e aprender as diferentes fases da técnica do lanzamento de peso.
  • Ser capaces de aprender o reglamento e as áreas básicas do lanzamento de peso.
  • Ser capaces de lanzar o peso usando unha técnica aceptable.

CONTIDOS:
  • Técnica do lanzamento de peso
  • Reglamento básico e áreas básicas do lanzamento de peso

QUECEMENTO
TEMPO







XERAL:
  • Carreira contínua con exercicios de brazos
  • Carreira lateral a ambos lados, cruzando pernas e sin cruzar
  • Skiping xeonllos ao peito e talones a glúteos.


ESPECÍFICO:
  • Flexión-extención e rotación de cadeira e tronco, simulando técnica de lanzamento de peso.
  • Diferentes desprazamentos cara atrás.
  • Por parellas, lanzamento de peso (fase final), coa técnica correcta pero en estático.

PARTE PRINCIPAL
TEMPO



20´












·         Explicación das áreas do lanzamento e explicación e demostración da posición inicial, agarre do peso, e técnica completa.
·         Execución do lanzamento completo por parte dos alumnos (toma de contacto inicial).
·         Execución do desplazamento e fase final do lanzamento, sin basculación, nin agrupamento.
·         Execución da basculación, agrupamento e desplazamento, sen xiro de tronco nin fase final.
·         Execución do lanzamento completo sen peso.
·         Execución do lanzamento completo con peso.
VOLTA A CALMA
TEMPO





  • Repaso final do nome das fases da técnica.
  • Estiramentos, sobre todo do membro superior.
AVALIACIÓN: A administración do tempo foi correcta, e os obxectivos foron cumplidos. Quizais necesitase máis material para delimitar a área de lanzamento e caída.











UNIDADE DIDÁCTICA: Lanzamento de peso    Nº DE SESIÓN: 2

MATERIAL:
  • Bola de 1kg aproximadamente que sumulará o peso
  • Bolas de goma espuma ou similar.

OBXECTIVOS:
  • Ser capaces de entender, asimilar e aprender as diferentes fases da técnica do lanzamento de peso.
  • Ser capaces de aprender o reglamento e as áreas básicas do lanzamento de peso.
  • Ser capaces de lanzar o peso usando unha técnica aceptable.

CONTIDOS:
  • Técnica do lanzamento de peso
  • Reglamento básico e áreas básicas do lanzamento de peso

QUECEMENTO
TEMPO







XERAL:
  • Carreira contínua con exercicios de brazos
  • Carreira lateral a ambos lados, cruzando pernas e sin cruzar
  • Skiping xeonllos ao peito e talones a glúteos.


ESPECÍFICO:
  • Flexión-extención e rotación de cadeira e tronco, simulando técnica de lanzamento de peso.
  • Diferentes desprazamentos cara atrás.
  • Por parellas, lanzamento de peso (fase final), coa técnica correcta pero en estático.

PARTE PRINCIPAL
TEMPO



20´












·         Explicación sintetizada e demostración da posición inicial, agarre do peso, e técnica completa, para que recordasen o visto na sesión anterior.
·         Agrupamento e basculación: por parellas, un lanza o peso rodando e o outro recolleo simulando o agrupamento e a basculación. Realizarémolo con ambos lados.
·         Realizamos a basculación, o agrupamento e o desplazamento, sen xiro de tronco, con ambos lados.
·         Realizamos só a cadéa cinética (extensión se nocello, xeonllo e cadeira, con rotación de tronco, en acción de catapulta) con ambos lados.
·         Execución do lanzamento completo sen peso.
·         Execución do lanzamento completo con peso.
VOLTA A CALMA
TEMPO





  • Repaso final do nome das fases da técnica.
  • Estiramentos, sobre todo do membro superior.
AVALIACIÓN: A administración do tempo foi correcta, e os obxectivos foron cumplidos. Ollo cao prevención de riscos a hora dos lanzamentos!!!!




BIBLIOGRAFÍA









Ningún comentario:

Publicar un comentario