domingo, 4 de maio de 2014

AQUAGYM



Rematamos a etapa de aprendizaxe e perfeccionamento da natación, nos seus diferentes estilos, e agora toca divertirnos cun pouco de fitness acuático, creando e levando a cabo unha sesión, desta nova modalidade de exercicio, xa que é e algo cunha gran demanda hoxe en día, e pode ser un nicho de mercado de proveito.

O Aquafitnnes engloba un ontón de especialidades, como pod ser a relaxación acuatica (aquarelax), exercicios na auga para bebés (aquababy), exercicios de boxeo na auga (aquabox), e moitos máis, paro nos centrarémonos no aquagym, podendo usar, para unha sesión máis completa, exercicios doutros estilos.

Ben, pasaremos a explicar entón, que é iso do Aquagym, que beneficios ten, e como debe ser unha sesión deste novo tipo de adestramento.

O Aquagym é un tipo de fitness acuático cuxos exercicios se centran na tonificación muscular, nas repeticións e no traballo con diferentes materiais, como pesas, pelotas e flota-flotas, entre outros. En esencia, o Aquagym trata de trasladar ao medio acuático o traballo físico que se realiza en terra, iso si, contando con tadas as posibilidades de movemento que aporta o medio acuático.

A vantaxe deadestrar en condicións de inmersión é que a flotación promovidad pola auga reduce o risco de lesións e permite que algúns pacientes participen de programas d adestramento aerábico (para esas persoas sería moi dificil facelo en terra).

A escasas gravidade permite a disminución do impacto do corpo co chan e, con isto, a tensión sobre as articulacións. Esta característica fai que os exercicios no auga poidan ser máis duradeiros e frecuentes. Tamén permite que persoas con movilidad reducida poidan benficiarse da liberación de peso que aporta a auga. O beneficio psicolóxico neste sentido é indubidable.

Con todo, para que o adestramento sexa seguro, deben ser observados certos procedementos. Primeiramente fai falta un periodo dequecemento xeral, durante o cal a frecuencia cardiaca logre un aumento progresivo. En segundo lugar, o periodo de adestramento aeróbico debe ter o tempo suficiente para que o efecto do adestramento sexa alcanzado. Todo iso dependrá da súa intensidade. Aumentos similares na resistencia cardiorrrespiratoria podn ser conseguidos por medio dunha sesión d longa duración con exercicios de baixa intensidade e tamén por unha sesión de menor duración con exercicios de maior intensidade, rematando cunha elongación dos músculos grandes acompañado dunha relaxación final.




Ningún comentario:

Publicar un comentario