- Análise comparativo entre vallas 100 m., 110 m. e 400 m.



Malia que aparentemente nunha carreira de vallas de diferentes distancias parece que non cambia nada, isto non é así, e para ver as súas diferenzas axudareime dos seguintes vídeos. Partindo destes e doutras fontes de información describirei as características das diferentes carreiras.

100 m. vallas feminino, Moscow 2013


110 m. vallas masculino, Moscow 2013


400 m. vallas masculino, Moscow 2013



As diferenzas máis evidentes que podemos ver nos anteriores vídeos son:


  • Ao igual que nas carreiras lisas equivalentes, os corredores de 100 e 110 m. corren en liña recta e os de 400 m. corren en rectas e curvas, polo que se precisa facer unha compensación, xa que si non os corredores das rúas centrais terían menos metros que recorrer.

  • Podemos apreciar que na carreira de 100 e 110 metros o levantamento de tronco logo da saída de tacos realizase moi rápido, habendo corredores e corredoras que xa na primeira batida miran ao fronte, mentres que na carreira de 400 m. podemos apreciar vagamente como os corredores ata o terceiro paso polo menos non empezan a colocarse na posición de carreira.

  • En 100 metros vemos que antes da primeira valla as corredoras executan un total de 8 pasos, mentres que na de 400 m, malia que é difícil a súa apreciación, vemos que os corredores executan uns 22 pasos.

  • Chamoume a atención que, malia que en todas as fontes que consultei vin que en 110 metros se realizaban 8 pasos antes da primeira valla, no vídeo anterior os corredores realizan só 7 pasos. E mirando máis vídeos e buscando máis información dinme conta de que é normal que os rapaces dean 7 pasos.

  • Entre vallas, nas carreiras de 100 e 110 m. os corredores/as executan 3 pasos, usando sempre a mesma perna para o ataque, mentres que na proba de 400 m. algún corredor realiza 14 pasos entre vallas, e outros 15. Os corredores que realizan 14 pasos van alternando a perna de ataque, mentres que os que realizan 15 sempre atacan coa mesma perna, a maioría deles coa esquerda.

Unha vez analizados os diferentes aspectos do vídeo paso as características e técnicas das diferentes probas:


VALLAS 100 m. E 110 m.


Nº de vallas: 10


Altura das vallas:

o   100 mv (feminino) 84 cm

o    110 (masculino) 106 cm


Distancias entre vallas:



Saída a 1º valla
Entre vallas
Última valla ao final
100 mv (femininos)
13 m.
8,50 m.
10,50 m.
110 mv (masculinos)
13,72 m.
9,14 m.
14,02 m.



Execución


  • Saída

A forma de execución da saía é semellante a das probas lisas de velocidade, malia que o ter que enfrontarse cun obstáculo a unha distancia relativamente cercana, é preciso un control óptimo da carreira moito antes, para encontrarnos en disposición de levar a cabo o primeiro paso da valla. Por iso, a elevación do tronco na fase de aceleración realízase antes que nas probas de lisas de velocidade. 
Os atletas nos primeiros pasos deben desenvolver unha gran velocidade, dando 8 paso ata chegar a primeira valla no caso das rapazas e 7 ou 8 pasos no caso dos rapaces.


A amplitude e zancada increméntase ata o 7º paso e o 8º e lixeiramente máis corto para un bo ataque a valla.


  • O paso de valla

A amplitude de franqueo


A distancia dende o punto de batida a valla é maior que a do punto de caída da mesma.


A distancia de batida é máis ampla para evitar golpear a valla ca perna de ataque e para buscar a maior velocidade de despegue e a distancia de caída é menor por que o atleta ten presa por seguir correndo.
 

 
Unha batida cercana conleva un salto vertical esaxerado, ao igual que unha caída demasiado lonxe provoca unha caída pesada, provocando en ambos casos unha perda do ritmo e velocidade.

Último paso antes da valla

O último paso antes da valla acúrtase para adiantar o CDG e para inclinar o tronco provocando unha maior velocidade horizontal e unha maior velocidade de impulso.

En cambio, si se alargase o último paso produciríase un retraso do CDG coa conseguinte perda de velocidade.

O penúltimo apoio debe ser intenso contra o chan buscando unha recollida activa da perna.

Impulsión antes da valla

A velocidade de impulsión vese favorecida pola rápida elevación da perna de ataque que se eleva alta e pregada. Esta elevación da perna de ataque será máis rápida si o talón permanece cerca do glúteo.

Cando se impulsa, todos os segmentos deben estar aliñados; o tronco en prolongación coa perna de impulso encontrase inclinado uns 25º respecto a vertical de apoio. Esta inclinación do tronco cara adiante debe iniciarse antes da impulsión, xa que máis tarde será moi difícil logralo.

Tras o despegue a inclinación do tronco acentuarase coa colaboración dos ombros e os brazos.


Durante as fases de apoio e de impulsión, os pes están orientados ao fronte. O principiante, xa na batida, soe orientar os per cara fora.


Despegue tras a impulsión


Tras a impulsión, prodúcese unha ampla separación das pernas, que se debe manter ata que o pe da perna de ataque sobrepase o travesaño da valla.


Nese momento iniciase pasivamente a recollida da 2º perna, “sen que o xeonllo alcance o travesaño antes que a cadeira” (si se precipita este movemento o CDG retrasase e o atleta séntase). 

A partir do momento en que a perna de impulso sobrepasa o travesaño, a perna fai un movemento activo de recollida buscando a liña de carreira.


Desde o impulso ata que o xeonllo e a cadeira están a altura do travesaño, a acción da perna é máis relaxada, a partir de que sobrepasa o travesaño, a perna é máis activa.


A perna de atrás ten a misión de propulsar ao atleta mentres que a perna de adiante o guía, dirixindo o rumbo e iniciando o seu descenso nada máis que o talón sobrepase o travesaño, buscando o chan o máis rápido posible.


O brazo contrario a perna de ataque acaba de extenderse ao mesmo tempo que a perna de ataque.


Franqueo da valla


O vallista ten que buscar a sensación de que os seus ombros e a súa perna de paso se alonxan ao iniciar o franqueo produto dun intenso e completo impulso dende o chan.


Cando as cadeiras se acercan a valla, a perna e o pe de atrás realizan unha abducción e unha rotación externa ata chegar ao borde da valla, e despois unha aducción me unha rotación interna cara diante para salvar a valla.


O brazo oposto a perna de ataque que antes estaba estendido cara o pe, desprazase cara atrás de forma semiestendida, baixa e en pronación.



O outro brazo ten un movemento moi breve colaborando ao equilibrio xeral xa que no seu lado non ten que compensar apenas ningún movemento.



 
Descenso tras o franqueo


A perna de ataque nada máis pasar o travesaño provoca unha presión activa do muslo cara abaixo e atrás, buscando a súa extensión cara o chan e un contacto rápido e tenso que favorece a carreira posterior.


Cando a perna de ataque se move cara abaixo e atrás, reacciónase endereitando a parte superior do corpo. Sen embargo, unha certa inclinación cara adiante debese manter para asegurar que ao aterrar o CDG do corpo caiga baixo a perna de ataque ou lixeiramente diante dela.



Contacto co chan


A perna de ataque toma contacto co chan de forma ríxida, como un bastón.

O xeonllo non se flexiona e a amortiguación efectuase no nocello.



O atleta debe buscar un aterraxe rápido, sentindo o apoio debaixo del.


A calidade da 1ª zancada dependerá de que o aterraxe fose efectivo.


A 2ª perna completa a aducción, rotación interna ata situar o xeonllo (alto e a fronte) na dirección da cadeira, pois no momento de contacto co chan, o movemento de paso ainda non se completou.


  • Acción entre valla e valla
Nas carreiras cortas de vallas, realízanse 3 pasos entre valla e valla e a máxima velocidade posible co fin de atacar coa mesma perna.


É importante unha correcta proporción e lonxitude de cada un dos pasos entre valla e valla que influirá sobre a velocidade de carreira.


  • Dende a última valla ata a chegada
Nas carreiras cortas de vallas moitos atletas inician un adiantamento do tronco cara adiante como consecuencia de chegadas moi apretadas.




 
VALLAS 400 m.

  • A técnica

A técnica é semellante a de 110 m. vallas, se ben o ataque é menos enérxico, o tronco está menos flexionado e o voo é algo maior.


En 110 m. vallas a velocidade é maior entre valla e valla mentras que na de 400 é máis importante o ritmo e a lonxitude da zancada.


  • O ritmo

A necesidade de ritmo ven dada por ter que recorrer a distancia entre valla e valla cun número determinado de pasos que debe ser alterada a velocidade o menos posible durante o paso de cada valla.


O atleta debe mecanizar estes recorridos, formándose un patrón fixo de pasos co fin de atacar a valla coa maior precisión e decisión. O primeiro obxectivo témolo no primeiro tramo, dende a saída a primeira valla, onde se darán entre 21 e 23 (23 a 24 nas mulleres). Entre valla e valla o número xeral sitúase entre 15 e 17 pasos (16 a 17 en mulleres), hai atletas de élite que dan incluso 13 pasos. A razón de que o número de pasos sexa impar é que se pode atacar a valla coa mesma perna sempre. O determinarse por un número ou outro de pasos dependerá exclusivamente da velocidade do vallista e da súa morfoloxía. En ocasións pódese ter presente a propia fatiga na carreira e aumentar o número de pasos por exemplo, pasar de 15 a 17 pasos ou incluso cambiar de perna de batida.


Por múltiples razóns será moi interesante que o vallista saiba atacar con ambas pernas a valla: por unha excesiva fatiga, o estado da pista, a velocidade do vento, desequilibrios inesperados, indecisións inesperadas, etc...

BIBLIOGRAFÍA

  •  http://www.youtube.com/watch?v=sCJL1HOOnLY
  •  http://www.youtube.com/watch?v=h0nalKrQfZk
  •  http://www.youtube.com/watch?v=15HUPrGQD2Y
  •  http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/50_educacion_atletismo/curso/archivos/descripcion_100vallas.htm
  •  http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/50_educacion_atletismo/curso/archivos/descripcion_400vallas.htm
  •  http://pasionrcorrer.blogspot.com.es/2012/10/descripcion-tecnica-del-paso-de-vallas.html
  •  http://esportivo.wikispaces.com/file/view/APUNTES+ATLETISMO.pdf
  • Apuntes de clase 


 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario