domingo, 23 de febreiro de 2014

NATACIÓN: Etapas da esinanza-aprendizaxe e viraxes de crol e mariposa




Na última  clase de natación, ademais de seguir practicando os diferentes xiros de mariposa simple e crol simple e de voltereta, tamén vimos os contidos que se deben traballar na primeira etapa da ensinanza- aprendizaxe da natación, sendo estes a respiración, a flotación e a propulsión.

E realmente importante a hora de ensinar a nadar non saltarse ningunha das etapas de aprendizaxe:

·         1 etapa: O obxectivo principal desta etapa é a supervivencia no medio acuático, sendo imprescindible traballar pois a familiarización co mesmo, a respiración, a flotación e a propulsión. Para elo hai que ofrecerlle aos alumnos unhas tarefas apropiadas para cada aspecto propiciando así un coñecemento do medio e unha confianza no mesmo.



Ben, pois na clase do pasado luns traballamos estes aspectos realizando as seguintes tarefas:

Respiración

-          Coller aire profundamente e soltalo contra a superficie da auga abrindo así un burato na mesma.

-          Coller aire profundamente e soltalo coa boca metida na auga e a nariz por fora na superficie da mesma.


Outro exercicios de respiración



Flotación

-          Coller aire profundamente e aguantalo mentres facemos unha bola co corpo, e dicir colocándonos en posición fetal agarrando os xeonllos boca a baixo.

-          Realizar o exercicio anterior, pero esta vez soltamos o aire e comprobamos como nos afundimos ao non ter aire nos nosos pulmóns.

-          Coller aire profundamente e flotar estirado con pernas e brazos abertos e estendidos sobre a superficie da auga.

-          Realizar o exercicio anterior, pero esta vez soltando o aire para ver que pasaba

Outros exercicios de flotación 





Propulsión

-          En flotación boca arriba mover os brazos e as mans de adiante a atrás para desprazarnos na dirección da cabeza, e o contrario.

-          Realizamos o exercicio anterior pero boca abaixo.

-          En grupos de tres experimentamos todas as propulsións posibles con brazos e pernas.

outros exercicios de propulsión



·         2 Etapa: Nesta etapa o obxectivo é conseguir unha total autonomía de movemento no medio acuático con liberdade de movementos, traballando así os desprazamentos, xiros, saltos, lanzamentos e recepcións. Debemos ofrecerlle ao alumno ou alumna o abanico máis amplo posible de posibilidades de movemento a través de todos os recursos de xogos e tarefas dirixidas, no medio acuático sen incidir demasiado na técnica de natación.

·         3 Etapa: Nesta última etapa o obxectivo é conseguir unha aproximación e iniciación aos xestos e movementos básicos das especialidades deportivas da natación, traballando aquí a técnica das diferentes modalidades de natación. Debemos, nesta etapa, ofrecer ao alumnado unha progresión metodolóxica na aprendizaxe das distintas técnica.

Atopei un documento realmente interesante con respecto a ensinanza aprendizaxe da natación, aquí vos deixo o link: Etapas na ensinanza-aprendizaxe da natación

Como xa dixemos antes tamén realizamos viraxes de crol e mariposa, e fixémolo dunha maneira moi dinámica, comezando o nado dende o centro cara os bordes. Primeiro, dende o centro nadamos a mariposa ata un borde, onde realizamos o viraxe de mariposa, logo nadamos igual ata o centro, onde comezamos a nadar a crol e o chegar ao borde realizamos viraxe simple de crol, e así sucesivamente. Isto fixo que o exercicio fose máis dinámico, xa que non había paradas, e non bordes non había ninguén que puidese interromper o noso viraxe.

Tamén, con relación aos viraxes, fixemos un exercicio en parellas, que consistiu en corrixir o viraxe de crol e mariposa da mesma. Para facer isto, como sempre debemos ser prudentes e corrixir de un en un os diferentes erros para non volver tola a nosa compañeira ou compañeiro.

sábado, 15 de febreiro de 2014

NOVO RÉCORD MUNDIAL EN PÉRTEGA

 Impresionante salto!!



Hoxe, 15 de febreiro do 2014, o frances Renaud Lavillenie bate o récord historico que posuía Sergei Bubka dende facía dúas décadas, saltando por riba dos 6,16 m.

Esta é a maior altura, tanto en aire libre como en pista cuberta, xa que Bubka posuía ambos dous récords, sento de 6,14 en aire libre e 6,15 en pista cuberta.

Lavillenie, de 27 anos, é vixente campeón olímpico (Londres 2012) e ademais posúe catro ouros europeos, dous en pista cuberta e dous ao aire libre, un ouro mundial en pista cuberta e outros dous no Europeo de Nacións.

Aquí vos deixo ese espectacular salto de récord:



MONOGRÁFICO




Esta semana foi unha semana con ritmo. No canto de ir a clase normal, tivemos clases de baile e adestramentos con ritmo.


Bailamos bachata, salsa , merengue e Funky con Fernando e Magali da academia Ritmo Lugo, tivemos un acercamento o baile galego e fixemos step con Alvaro, un antigo alumno do ciclo, bailamos unha roda cubana con Artai, outro exalumno de TSAFD... pero sen dúbida, o mellor da semana para min foi bailar hip hop e breakdance con Rubén, exalumno do ciclo e profesor en Ritmo Lugo.



A verdade e que foi unha semana divertida de boa compaña e achegamento a diferentes actividades, onde, quen sabe si nun futuro atoparemos, algún de nos, unha saída laboral. 




domingo, 9 de febreiro de 2014

RUGBY SUBACUÁTICO



Buscando información e vídeos sobre rugby atopeime con esta impresionante modalidade: Rugby subacuático.



DESCRIPCIÓN 

O rugby subacuático é un deporte competitivo de contacto que require de estratexia, velocidade, axilidade, destreza e moi boa condición física. É xogado nunha piscina cunha profundidade de 3.5 m. e 5 m. e debaixo da superficie da auga. É o único deporte que utiliza as tres dimensións.

Consta de dous equipos de 15 xogadores por equipo, cada un cun equipo básico de buceo: Máscara, snorkel, gorro (waterpolo), aletas e traxe de baño. 6 dos cales están na auga, 6 están fora da auga, na banca de cambios (zona de recuperación) e 3 son suplentes.

Cada equipo diferénciase por unha cor, sendo os regramentarios o Branco e negro ou azul.

OBXETIVO DO XOGO

Introducir un balón con flotabilidade negativa dentro da portería do equipo contrario. As porterías están ubicadas en cada extremo da piscina no fondo.



PARTES DO PARTIDO

Cada xogo consta de dous tempos efectivos de 15 m. cada tempo cun intervalo de descanso de 5 m.
Cada equipo ten dereito a pedir un tempo fora de 1 m. en cada partido.

Cando se necesita definir un xogador por anotación (isto dase nas finais) dase un tempo extra de 15 m. chamado morte súbita.

Se non sucede a anotación en morte súbita, o xogo defínese por penaltis. A duración de cada cobro é de 45 segundos. Son tres penaltis por equipo.

POSICIÓNS

Existen tres posicións concretas:

PORTEIRO, GUARDA E MEDIO.


  •  PORTEIRO


Debe evitar que o balón entre na cesta, evitar o roubo de portería e apoiar no ataque.

O porteiro ubícase sobre a portería cubríndoa coas costas e mantendo a súa posición por medio da patada.




  • GARDA PORTEIRO


Debe evitar que o opoñente agarre ao porteiro, tomar a posición do porteiro si este non está e axudar a transportar balón e armar xogadas.

Ubícase sobre o chan fronte a portería e a súa función e manter aos atacantes lonxe dos porteiros evitando que se lle acerquen.




  • MEDIO


Debe axudar a transportar o balón, armar as xogadas na zona do equipo contrario, interceptar pases, presionar, sacar o balón da zona da portería.

A súa posición é libre, mantendo aos atacantes lonxe do garda e o porteiro.



REGRAS DO XOGO

NON ESTÁ PERMITIDO:


  • Suxeitar a un xogador si non está en posesión do balón.

  • Golpear

  •  Agarrar ao equipo persoal

  •  Agarrar o traxe de baño

  • Suxeitar das porterías

  •  Pegar cos talóns

  • Agarrar o pescozo

  •  Xogar de maneira innecesariamente brusca

  •  Ter máis de 6 xogadores na auga.




  
Aquí vos deixo un enlace do reglamento internacional:
 
REGLAMENTO INTERNACIONAL RUGBY SUBACUÁTICO 


domingo, 2 de febreiro de 2014

LANZAMENTO DE DISCO: sesión de Juampy




O igual que eu tiven que ensinarlles aos meus compañeiros a técnica do lanzamento de peso, a pasada semana tocoulle a Juampy ensinarnos o lanzamento de disco. 


A verdade e que Juampy se esforzou moito para que aprendésemos a técnica e fixo as clases moi amenas. Notábase que tiña o lanzamento ben interiorizado e as clases ben preparadas e estruturadas.

Como a un dos nosos compañeiros lle custaba máis a asimilación e realización do xesto técnico Juampy deixou que nos fixésemos os exercicios autonomamente e centrouse máis neste compañeiro.

Nas sesións había tanto exercicios analíticos como globais que nos axudaron a ter unha idea clara do lanzamento.


Podedes ver o análise que realizou Juampy do lanzamento de disco no seu blog:  




Estas son as sesións feitas por el:
1 SESION LANZAMIENTO DE DISCO
ATENCION:DEBIDO A QUE TRABAJAREMOS LANZAMIENTOS DE DISCO CON IMPLEMENTO, DEBEMOS EXTREMAR LAS MEDIDAS DE SEGURIDAD, SIEMPRE PROCURAMOS DISFRUTAR DE LA SESION PERO LA SEGUIRDAD  PRIORIDAD PRINCIPAL,ESTA SESION AL SER EN UN LUGAR MAS REDUCIDO Y CERRADO, DEBEMOS PRESTAR MAS ATENCION A LA SESION.
OBJETIVOS DE LA SESION
Que los alumnos sean conocedores de las fases del lanzamiento de disco, así como poder realizar lanzamientos (no hace falta ser grandes lanzadores, pero si conocer las fases del lanzamiento)
RECINTO
Pabellón cubierto.
DURACION
40 minutos
MATERIAL
Conos para la simulación del area de lanzamiento.
FASE SE CALENTAMIENTO  11’
CALENTAMIENTO GENERAL  7’
 trote, skipping de talones/rodillas, paso lateral, pase lateral cruzando piernas, elevación de rodilla + rotación de tronco, pasos alargando la zancada progresivamente, saltar sobre 1 pie y mantener el equilibrio 2’’.trote cruzando brazos/brazos arriba y abajo…
CALENTAMIENTO ESPECIFICO  4’
Rotación  de tronco (simulando balanceos previos, fase inicial.
Trasladar el peso de una pierna a otra + rotación de tronco.
FASE PRINCIPAL 34’
MENCIONAR LAS FASES DEL LANZAMIENTO + DEMOSTRACION.
FASE DE AGARRE (EXPLICAR EL AGARRE) 5’
Hacer rodar el disco dejándolo caer siendo el dedo índice el ultimo en tocarlo.
Pases rasos al compañero aprendiendo a dominar la dirección del disco.
FASE  DE GIRO  3’
Realizar giros de 360 sobre el metatarso.
Realizar el gesto del giro sin implemento(luego lo añadiremos)
FASE DE RECUPERACION 6’
Lanzar el implemento de frente
GIRO+VUELO+APOYO PIE DERECHO+DOBLE APOYO+LANZAMIENTO.(lanzamientos suaves y contra una pared)
LANZAMIENTOS COMPLETOS 20’
Realizar lanzamientos completos SIN el implemento.
Realizar lanzamientos completos CON implemento. (lanzamientos suaves y contra una pared)
VUELTA A LA CALMA 5’
Realizamos estiramientos mientras comentamos los aspectos más importantes en el lanzamiento.
Explicar algunas reglas del lanzamiento (breve), aclarar dudas.
NOTA INFORMATIVA
A lo largo de la sesión les comente algunos aspectos técnicos a los alumnos, ya que era la 2 sesion podía darle información útil.
 En la fase de giro se produce un movimiento envolvente
       En la fase final una vez salido el disco a veces se produce un cambio de apoyo para no salirse del ciculo.


2 SESION LANZAMIENTO DE DISCO
ATENCION: DEBIDO A QUE TRABAJAREMOS LANZAMIENTOS DE DISCO CON IMPLEMENTO, DEBEMOS EXTREMAR LAS MEDIDAS DE SEGURIDAD, SIEMPRE PROCURAMOS DISFRUTAR DE LA SESION PERO LA SEGUIRDAD  PRIORIDAD PRINCIPAL. AL REALIZAR LA SESION EN UNA PISTA DE ALTETISMO Y CON POCA GENTE PODEMOS TRABAJAR CIERTOS EJERCICIOS QUE REQUIEREN ALGUNAS CONDICIONES ESPECIFICAS DE SEGURIDAD.
OBJETIVOS DE LA SESION
Experimentar lanzamientos reales(desde la jaula), y afiancen los conceptos dados en la sesión anterior.
RECINTO
Pista atletismo
DURACION
42 minutos
MATERIAL
Conos para simular circulo de lanzamiento.
Cuerdas para simular círculo de lanzamiento.
FASE SE CALENTAMIENTO  11’
CALENTAMIENTO GENERAL  7’
 Trote*+ skipping de talones/*rodillas, paso lateral, pase lateral cruzando piernas, elevación de rodilla rotación de tronco, pasos alargando la zancada progresivamente, saltar sobre 1 pie y mantener el equilibrio 2’’.trote cruzando brazos/brazos arriba y abajo…
CALENTAMIENTO ESPECIFICO  4’
Rotación  de tronco (simulando balanceos previos, fase inicial.
Trasladar el peso de una pierna a otra + rotación de tronco.
FASE PRINCIPAL  26’
LOS ALUMNOS RECUERDAN EN VOZ ALTA ENTRE ELLOS LAS FASES
FASE DE AGARRE (ALUMNO EXPLICA EL AGARRE) 3’
Pases rasos al compañero aprendiendo a dominar la dirección del disco
FASE  DE GIRO  3’
Realizar giros de 360 sobre el metatarso.
El alumno explica a los compañeros como es el giro y que después de el se realiza un vuelo+apoyo pie derecho+doble apoyo+lanzamiento, hace un demostración de ello.
LANZAMIENTOS COMPLETOS 20’
Lanzamientos completos con implemento a ver quien llega mas lejos.)***
Lanzamientos completos desde la jaula
VUELTA A LA CALMA 5’
Realizamos estiramientos mientras comentamos los aspectos mas importantes en el lanzamiento.
Comentar los 2 estilos principales de lanzamiento de disco,mientras realizamos estiramientos.