domingo, 23 de febreiro de 2014

NATACIÓN: Etapas da esinanza-aprendizaxe e viraxes de crol e mariposa




Na última  clase de natación, ademais de seguir practicando os diferentes xiros de mariposa simple e crol simple e de voltereta, tamén vimos os contidos que se deben traballar na primeira etapa da ensinanza- aprendizaxe da natación, sendo estes a respiración, a flotación e a propulsión.

E realmente importante a hora de ensinar a nadar non saltarse ningunha das etapas de aprendizaxe:

·         1 etapa: O obxectivo principal desta etapa é a supervivencia no medio acuático, sendo imprescindible traballar pois a familiarización co mesmo, a respiración, a flotación e a propulsión. Para elo hai que ofrecerlle aos alumnos unhas tarefas apropiadas para cada aspecto propiciando así un coñecemento do medio e unha confianza no mesmo.



Ben, pois na clase do pasado luns traballamos estes aspectos realizando as seguintes tarefas:

Respiración

-          Coller aire profundamente e soltalo contra a superficie da auga abrindo así un burato na mesma.

-          Coller aire profundamente e soltalo coa boca metida na auga e a nariz por fora na superficie da mesma.


Outro exercicios de respiración



Flotación

-          Coller aire profundamente e aguantalo mentres facemos unha bola co corpo, e dicir colocándonos en posición fetal agarrando os xeonllos boca a baixo.

-          Realizar o exercicio anterior, pero esta vez soltamos o aire e comprobamos como nos afundimos ao non ter aire nos nosos pulmóns.

-          Coller aire profundamente e flotar estirado con pernas e brazos abertos e estendidos sobre a superficie da auga.

-          Realizar o exercicio anterior, pero esta vez soltando o aire para ver que pasaba

Outros exercicios de flotación 





Propulsión

-          En flotación boca arriba mover os brazos e as mans de adiante a atrás para desprazarnos na dirección da cabeza, e o contrario.

-          Realizamos o exercicio anterior pero boca abaixo.

-          En grupos de tres experimentamos todas as propulsións posibles con brazos e pernas.

outros exercicios de propulsión



·         2 Etapa: Nesta etapa o obxectivo é conseguir unha total autonomía de movemento no medio acuático con liberdade de movementos, traballando así os desprazamentos, xiros, saltos, lanzamentos e recepcións. Debemos ofrecerlle ao alumno ou alumna o abanico máis amplo posible de posibilidades de movemento a través de todos os recursos de xogos e tarefas dirixidas, no medio acuático sen incidir demasiado na técnica de natación.

·         3 Etapa: Nesta última etapa o obxectivo é conseguir unha aproximación e iniciación aos xestos e movementos básicos das especialidades deportivas da natación, traballando aquí a técnica das diferentes modalidades de natación. Debemos, nesta etapa, ofrecer ao alumnado unha progresión metodolóxica na aprendizaxe das distintas técnica.

Atopei un documento realmente interesante con respecto a ensinanza aprendizaxe da natación, aquí vos deixo o link: Etapas na ensinanza-aprendizaxe da natación

Como xa dixemos antes tamén realizamos viraxes de crol e mariposa, e fixémolo dunha maneira moi dinámica, comezando o nado dende o centro cara os bordes. Primeiro, dende o centro nadamos a mariposa ata un borde, onde realizamos o viraxe de mariposa, logo nadamos igual ata o centro, onde comezamos a nadar a crol e o chegar ao borde realizamos viraxe simple de crol, e así sucesivamente. Isto fixo que o exercicio fose máis dinámico, xa que non había paradas, e non bordes non había ninguén que puidese interromper o noso viraxe.

Tamén, con relación aos viraxes, fixemos un exercicio en parellas, que consistiu en corrixir o viraxe de crol e mariposa da mesma. Para facer isto, como sempre debemos ser prudentes e corrixir de un en un os diferentes erros para non volver tola a nosa compañeira ou compañeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario