En pouco tempo teremos unha competición
amigable de salvamento acuático, na que contaremos coa participación dos nosos
compañeiros de segundo de TSAFD.
Está competición terá varías categorías,
habendo unha categoría individual feminina e outra masculina, onde os e as
participantes Terán que nadar 25 m. a crol e volver remolcando un boneco outros
25 metros.
Logo, contamos tamén coas probas de equipo,
onde haberán 4 participantes por equipo, dúas rapazas e dous rapaces,
encargándose o primeiro de realizar 25 m. de buceo, o segundo fará 12,5 m. a
crol e 12,5 m. remolcando un boneco, o terceiro participante remolcará o boneco
25 m., e por último o cuarto membro do grupo nadará 25 m. a crol.
Como nos nunca remolcamos os bonecos, nin
temos a menor idea de salvamento acuático, a diferenza dos nosos compañeiros de
segundo, os cales levan todo o curso recibindo formación, o pasado luns tomamos
un pequeno contacto coas técnicas de remolque, levando un boneco por debaixo
das axilas e logo pola caluga.
Aproveitando que falamos deste tema, déixovos
aquí as técnicas de remolque sen material que podemos utilizar:
CALUGA:
Execución:
·
A palma dunha man cara arriba para
controlar ao accidentado pola caluga
·
Patada de braza dorsal ou lateral
Indicada para:
·
Estado inconsciente
·
Estado inconsciente con parada
respiratoria.
·
Accidentados en calma.
·
Nenos pequenos e bebes.
·
Accidentes en augas tranquilas.
Precaucións:
·
Non utilizar cando existe sospeita
de lesión cervical (hiperextensión)
·
Non utilizar en accidentados
nerviosos (escaso control)
·
Require atención pois pódese
perder o control do accidentado.
ANTEBRAZO
POR DIANTE
Execución:
·
O socorrista colócase as súas
costas e cruza un brazo sobre a vítima, comezando próximo o pescozo e
abarcándolle a axila coa man.
·
Brazo libre axuda na propulsión ou
se utiliza para o control do accidentado ou tapar as vías respiratorias (evitar
entrada da auga).
·
Patada braza dorsal ou lateral
Indicada para:
·
Estado inconsciente
·
Rescates en mar con olas (protexe
ao accidentado e as vías respiratorias)
·
En ríos con fortes correntes.
Precaucións:
·
Non utilizar cando existe sospeita
de lesión en ombros e/ou brazos.
PEITO
Execución:
·
O socorrista colócase lateral ao accidentado
pasando un brazo por debaixo da axila e rodeando o seu peito ata colocar a man
baixo a axila, ombro ou brazo máis alexado.
·
Brazo libre axuda en propulsión ou
utilízase para o control do accidentado.
·
Patada de braza dorsal ou lateral.
Indicada para:
·
Estado inconsciente
·
Conscientes e tranquilos
·
Nenos pequenos e bebes
·
Rescate en mar con olas (protexe
ao accidentado)
Precaucións:
·
Evitar afundimento do accidentado
(dificulta avance)
·
Non cruzar polo pescozo.
MANDÍBULAS
Execución:
·
O socorrista con ambas mans,
controla e transporta a vítima pola mandíbula cos meñiques estirados por
debaixo do mentón, sen rozar a traquea.
·
Patada braza dorsal.
Indicada para:
·
Estado inconsciente.
Precaucións:
·
Non utilizar cando existe sospeita
de lexión cervical
·
Manter unha completa visión do
accidentado.
·
Control do lugar de desprazamento
(xiros de cabeza continuos).
SIENES
Execución:
·
Con ambas mans, controla e
transporta a vítima polas súas tempas ( zona dos osos esfenoides e temporal),
situando os polgares detrás da cabeza (oso occipital) isto provoca unha
hiperextensión da rexión cervical.
·
Patada braza dorsal.
Indicada para:
·
Estado inconsciente
Precaucións:
·
Non utilizar cando existe sospeita
de lexión cervical.
·
Manter unha completa visión do
accidentado
·
Control do lugar do desprazamento.
NUCA-FRENTE
Execución:
·
Unha das mans na fronte do
accidentado e a outra na caluga.
·
Patada braza dorsal
Indicada para:
·
Estado inconsciente
·
Estado inconsciente con parada
respiratoria
·
Accidentados en calma
·
Nenos pequenos e bebes
·
Accidentes en augas tranquilas
Precaucións:
·
Non utilizar cando existe sospeita
de lesión cervical
·
Manter unha completa visión do
accidentado
·
Control do lugar de desprazamento
AXILAS
Execución:
·
Con ambas mans nas axilas do
accidentado
·
Patada braza dorsal
Indicado para:
·
Salvamento en distancias cortas
·
Especialmente en accidentados de pouco
peso. Fácil de adoptas. Niños pequenos y bebés.
Precaucións:
·
Control del lugar de desprazamento
·
Este método non facilita unha
visión fácil do desprazamento a realizar, polo que obriga ao socorrista a
realizar frecuentes xiros do pescozo para controlar a súa traxectoria.
·
Evitar confiarse excesivamente.
UN BRAZO A ESPALDA
Execución:
·
Control polo pulso, brazo
flexionado 90º as costas. A man do socorrista cara abaixo e o polgar
controlando o pulso.
·
Patada braza lateral e axuda de
propulsión dun brazo.
Indicado para:
·
Estado consciente.
·
Ante perigo de agresión
·
Como resultado final despois dunha
zafadura.
Precaucións:
·
Asegurarse da carencia de lexións
no brazo controlado
·
Posición moi forzada e que require
de especial coidado para evitar lesión
Favorece o control ante un forcexeo.
DOUS BRAZOS AS COSTAS (Con agarre dobre ou
propulsión dun brazo)
Execución:
·
Como o anterior pero a vítima é
controlada por ambos brazos mediante unha man e porción do mesmo brazo do
socorrista.
·
Pode ser cun agarre dobre ou con
axuda propulsiva dun brazo
·
Patada braza dorsal e lateral.
Indicada para:
·
Accidentados conscientes pero moi
nerviosos, histéricos.
Precaucións:
·
Non ante sospeita de lesión en ombro
e/ou brazos ou antebrazos
·
Posición moi forzada e que require
de especial coidado para evitar lesión.
·
Permite bo control do accidentado.
BRAZOS APRESADOS AS COSTAS (Con agarre dobre
ou propulsión dun brazo)
Execución:
·
O socorrista realiza o control pasando
os seus dous brazos por detrás dos dous brazos do accidentado as costas,
enlazando as súas mans aos pulsos.
·
Pose ser con agarre dobre ou con
axuda propulsiva dun brazo (so para un dos seus brazos por detrás dos dous
brazos da vítima).
·
Patada braza dorsal.
Indicada para:
·
Accidentados conscientes pero moi
nerviosos, histéricos.
Precaucións:
·
Non ante sospeita de lesión en
ombro e/ou brazos ou antebrazos
·
Posición moi forzada e que require
de especial coidado para evitar lesión.
·
Permite bo control do accidentado.
OMBROS APRESADOS AS COSTAS
Execución:
·
O socorrista realiza o control
pasando os seus dous brazos por debaixo das axilas e dende as costas do
accidentado, levando as mans cara os seus ombros que se suxeitan con forza
·
Patada braza dorsal.
Indicada para:
·
Accidentados conscientes pero moi
nerviosos, histéricos.
Precaucións:
·
Non ante sospeita de lesión en
ombros e/ou brazos ou antebrazos
·
Posición moi forzada e que require
de especial coidado para evitar lesións.
·
Non suxeitar a cabeza para evitar
danos cervicais.
·
Permite bo control do accidentado.
·
Coidado coa cabeza da vítima (pode
golpear ao socorrista)
NADADOR CANSADO
Execución:
·
O socorrista nada a braza mentres
que a vítima (consciente) pode ser remolcada en posición dorsal ou ventral.
Indicada para:
·
En accidentados con certa
experiencia no medio acuático, pero que por lesión ou fatiga encontran
dificultade para nadar.
·
Persoas conscientes e moi
tranquilas nos que o socorrista pode confiar
Precaucións:
·
Evitar confianza excesiva.
·
Comunicación coa vítima para que
colabore.
DOUS SOCORRISTAS CUN ACCIDENTADO
Execución:
·
Un socorrista realiza arrastre
aplicando algunha das técnicas anteriores (caluga, axilas) e o outro socorrista
controla pernas
·
Patada braza dorsal ou lateral
(primeiro socorrista) e patada braza (segundo socorrista)
·
Outra forma é que os dous
socorristas se coloquen a ambos lados e suxeiten a vítima por brazos e axilas.
·
Patada de braza dorsal ou lateral.
Indicada para:
·
Dificultade no entorno (olas,
correntes)
·
Cando o estado do accidentado
require un traslado rápido
Precaucións:
·
Coordinación entre os dous
socorristas.
UN SOCORRISTA CON DOUS ACCIDENTADOS
Execución:
·
O socorrista controla aos dous
accidentados aplicando as mesmas técnicas (caluga, antebrazo diante)
·
Levalos moi xuntos
·
Patada braza dorsal.
Indicada para:
·
Accidentados conscientes moi
tranquilos
·
Nenos pequenos e bebés.
·
Augas tranquilas
·
Distancias curtas
Precaucións:
·
Valorar si se pode trasladar aos
dous a vez
·
Mantelos xuntos (evitar
resistencia ao avance)
·
Non confiarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario