xoves, 27 de marzo de 2014

PINCELADAS DE METODOLOXÍA


De novo, ademais de aprender rugby tag, de xogar e divertirnos e de adestrar para o torneo de rugby de San Cidre, aprendemos metodoloxía, e dicir, formas e estratexias de organizar un grupo, adaptar materiais, situación...

Comezarei pola distribución do grupo, a formación de equipos.

Non sempre debemos deixar que os usuarios formen eles os grupos, xa que non se poderían enriquecer do que os outros compañeiros aportan o grupo; nin os debemos formar nos sempre, xa que coartaremos a libre elección.

Unha boa estratexia de formación de grupos e a que usou Eduardo, que consiste en nomear a uns cantos líderes que serán os encargados de formar os seus grupos. Facendo isto posibilitamos que as persoas máis tímidas participen, escollan... e é outra forma diferente de distribuír un grupo, evitando así pecharnos na monotonía e estancarnos no de sempre.

Outra estratexia metodolóxica moi interesante e imprescindible a hora de tratar cun grupo, é a adaptación do material, as instalacións e as actividades, as nosas necesidades.

Durante as sesións de lanzamentos, a maioría de nos adaptou o material e as instalacións existentes, para o que precisábamos.

Por exemplo, para a fase de volteos no lanzamento de xabalina usáronse picas, malia que as picas non sexan o material que se lanza habitualmente, pero era interesante usalas nesa situación.

Tamén nestas sesións adaptamos o espazo as nosas necesidades, creando as áreas de lanzamento con cordas en calquera dos lugares onde tivésemos que levar a cabo a sesión.

Un exemplo de adaptación dunha actividade podemos vela na variación das medidas do campo de rugby tag. Nos últimos partidos de Rugby tag, Eduardo acurtou o campo e fíxoo máis ancho, adaptándoo así ao que el pretendía que aprendésemos (solucións tácticas mediante a colocación no campo).

E xa para rematar, outra das cousas imprescindibles nunha sesión cun grupos e o tratamento transversal dos valores, a empatía...

É fundamental que dentro do grupo ninguén se sinta discriminado, apartado... feito que se soe dar cando falamos de actividades relacionadas coa condición física, xa que son moi evidentes os distintos niveis, e máis se usamos actividades de competición. Por iso debemos usar estratexias que non deixen a ninguén en evidencia, ademais de ensinar respecto, tolerancia, saber gañar e tamén saber perder, aos noso usuarios.



No torneo de rugby tag da pasada semana, no cal éramos catro equipo, enfrontámonos dous a dous, e de hai saíron os equipos que se enfrontarían polo ouro (os dous gañadores), e os dous que se enfrontarían pola prata (os dous que perderon), e desta forma, todos xogamos ata o final con esperanza de gañar algo. Polo tanto a nosa motivación seguía sendo alta e a sensación de perdedores desapareceu.

Outra estratexia de introdución de valores e empatía nunha sesión, é a asunción de roles. Se nos poñemos na situación de outra persoa é máis fácil empatizar con ela.


Esta estratexia e moi efectiva para a a comprensión do papel de árbitro, por iso é moi importante a hora de xogar deportes de equipo, que todos os membros do grupo asuman ese rol, e se dean conta do difícil que é ,e do que molestan as faltas de respecto e a presión dos xogadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario