xoves, 27 de marzo de 2014

ACTIVIDADES FÍSICAS NA NATUREZA E BENEFICIOS DAS MESMAS



As actividades físicas na natureza son aquelas actividades deportivas que tendo o seu ámbito de desenvolvemento na propia natureza buscan principalmente, do mesmo xeito que outras actividades físicas e deportes:

  • Mellorar a calidade de vida a través da adquisición de hábitos saudables
  • Favorecer as relacións persoais entre os participantes
  • Ocupar o noso tempo libre
  • Fomentar o respecto e coidado da natureza


O medio natura é un factor importante no momento de facer deporte, xa que os quen practica deporte ao aire libre recibe todas as cousas boas da natureza.

O deporte e a natureza son un factor de vital importancia na vida de calquera persoa debido ás vantaxes que trae a práctica de calquera deporte ao aire libre.

Antes de mencionar estas vantaxes estableceremos unha clasificación das actividades na natureza, e para elo usaremos a clasificación de Bouet (1968), o cal utiliza como criterio de clasificación o lugar e o marco no que se desenvolven:

  • Actividades na terra: senderismo, acampada, escalada, orientación, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns e barrancos, puenting, pistas de rastrexo...






  • Actividades no auga: rafting, hidrospeed, piragüismo, remo, vela, windsurf, surf, submarinismo, esquí náutico...







  • Actividades no aire: á delta, parapente, paracaidismo, voo sen motor, voo con globo aerostático, aeromodelismo, voo de cometas...














  • Actividades do mundo animal: turismo ecuestre...







BENEFICIOS DO DEPORTE NA NATUREZA

Son moitas as vantaxes que reporta practicar un deporte directamente na natureza. Tanto polos beneficios físicos para o corpo do deportista, as vantaxes psicolóxicas relacionadas co benestar da mente ou algo tan simple e á vez importante como a ampliación das relacións sociais, trátase dunha longa lista da cal isto é só un resumo dos puntos máis importantes.

Beneficios físicos: o mellor para o corpo

Entre os beneficios físicos que podemos atopar, inclúense todos os que implica a práctica do deporte e, ademais, a vantaxe de facelo ao aire libre, nunha contorna limpa de contaminación. Isto permite ao corpo a eliminación das toxinas habituais, atopadas nos grandes núcleos de concentración urbanos, mediante a limpeza dos pulmóns e a re-osixenación do sangue.

Outra das vantaxes físicas na maior parte dos deportes ao aire libre é que, segundo recentes estudos realizados, as articulacións do corpo humano, principalmente, das pernas cara abaixo, sofren moito menos nos movementos por superficies de terra, que ao facelo en superficies asfaltadas ou de cemento.

Beneficios psicolóxicos: paz para a mente

Como beneficios psicolóxicos temos que a contorna natural, especialmente, cando se trata de turismo rural, axuda a previr e mellorar as situacións de estrés. Por non haber masificacións nin contornas ruidosas, o silencio habitualmente só é roto por sons de animais ou da propia natureza, cousa que, como é ben sabido, fomenta a relaxación corporal e mental do individuo.

Por outra banda, moitos dos deportes incluídos no turismo activo fan sentir ao deportista violentas emocións, ante as cales, o corpo humano segrega unha gran cantidade de adrenalina, o cal equivale, psicoloxicamente, a un desafogo que non adoita ser posible na vida cotiá.

Vivir unhas vacacións nunha casa rural nun paraxe afastado do día a día, conxugando a tranquilidade propia da contorna rural coas emocións das actividades de turismo activo é unha experiencia totalmente relaxante e recomendada para esquecer as rutinas e preocupacións da vida cotiá.

Beneficios sociais: ampliar horizontes

Os cambios da contorna por uns días, non só son bos psicoloxicamente falando, senón tamén desde o punto de vista social. Permiten ao individuo coñecer outros xeitos de vivir e relacionarse con persoas diferentes daquelas coas que habitualmente cohabita, en especial si falamos de turismo rural, ampliando así, tanto horizontes mentais, como círculos sociais, pois nada impide realizar novas amizades á vez que se practica un novo tipo de deporte. Ademais, os casos de aloxarse nunha casa rural ou practicar turismo activo, ofrecen a posibilidade de atopar xente con nosos mesmos gustos e preferencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario