xoves, 27 de marzo de 2014

DISCIPLINAS DEPORTIVAS E MÚSICA



A música é un dos elementos que integran certas disciplinas deportivas. A elección da mesma determina o estilo e o carácter da execución do exercicio. O achegamento a este tipo de disciplinas desde o punto de vista musical abre camiños alternativos e motivadores cara ao coñecemento das mesmas.

A sintonía entre a música e o exercicio técnico deportivo é un aspecto moi importante á hora de que unha acción sexa máis ou menos coherente. A análise desde o punto de vista musical, dános paso non só ao mundo deportivo, senón ao musical.

A través deste enfoque accédese ao coñecemento deportivo desde a perspectiva artística. Coreografía, coordinación, ritmo, pulso, agógica, dinámica, carácter e estilo son conceptos que coexisten en exercicios deportivos de gran técnica. Disciplinas minoritarias como o patinaxe ou a ximnasia rítmica poderían atopar neste tipo de análise un xeito de ampliar o seu campo de interese.

NATACIÓN SINCRONIZADA

A natación sincronizada ou ballet acuático implica o desenvolvemento de coreografías no auga acompañados de música tanto na superficie como debaixo do auga. Este deporte olímpico (o é desde 1984) é maioritariamente feminino (aínda que en Estados Unidos e Canadá ten maior participación masculina). Hai tres modalidades: individual, parellas e grupos. Os exercicios destacan por ser un conxunto de acrobacias e execucións de gran flexibilidade, coordinación e resistencia tanto fora como dentro do auga sempre en sintonía coa música (hai altofalantes subacuáticos para que as nadadoras poidan seguir escoitando a música debaixo do auga).

PATINAXE ARTÍSTICO

As súas orixes lévannos a Holanda no século XVII, cando os patinadores uniron patinaxe con danza buscando harmonía e estética nesta disciplina. Hai catro modalidades: individual masculino, individual feminino, por parellas e danza. Esta última é onde máis se traballan os aspectos artísticos xunto cos deportivos.













XIMNASIA RÍTMICA

A ximnasia rítmica é unha das seis disciplinas que se integran na ximnasia (rítmica, artística, trampolín, aeróbica, acrobática e xeral). A ximnasia rítmica nun principio acompañábase da música dun piano en directo e actualmente pasou do uso da música clásica xeneralizada á elección de repertorios máis actuais. Conta con dúas modalidades: individual e de conxunto e utilízanse diversos aparellos: cordo, aro, pelota, mazas e cinta.

EXCLUSIVO FEMININO? A ximnasia rítmica en principio é exclusivamente feminina. España é país pioneiro en admitir participantes masculinos. En 2009 a federación admitiu a Rubén Orihuela no campionato nacional.

Os exercicios ximnásticos combínanse coa música de maneira que o resultado sexa unha combinación técnica e artística. Unha das súas características é que ten moi en conta a música e os movementos artísticos e expresivos que a acompañan sen perder de vista a execución técnica dos exercicios.

OUTRAS DISCIPLINAS


Outras disciplinas non olímpicas como o patinaxe sobre rodas ou o capoeira. E tampouco esqueceremos o papel da música en actividades deportivas máis estendidas como o aeróbic, aquaerobic, pilates, running e ou spinning. Todas estas e outras modalidades axúdanse da música para apoiar os exercicios.



Ningún comentario:

Publicar un comentario