Hoxe, 15 de febreiro do 2014, o frances Renaud Lavillenie bate o récord historico que posuía Sergei Bubka dende facía dúas décadas, saltando por riba dos 6,16 m.
Esta é a maior altura, tanto en aire libre como en pista cuberta, xa que Bubka posuía ambos dous récords, sento de 6,14 en aire libre e 6,15 en pista cuberta.
Lavillenie, de 27 anos, é vixente campeón olímpico (Londres 2012) e ademais posúe catro ouros europeos, dous en pista cuberta e dous ao aire libre, un ouro mundial en pista cuberta e outros dous no Europeo de Nacións.
Aquí vos deixo ese espectacular salto de récord:
Ningún comentario:
Publicar un comentario