Buscando
información e vídeos sobre rugby atopeime con esta impresionante modalidade: Rugby subacuático.
DESCRIPCIÓN
O rugby subacuático
é un deporte competitivo de contacto que require de estratexia, velocidade,
axilidade, destreza e moi boa condición física. É xogado nunha piscina cunha
profundidade de 3.5 m. e 5 m. e debaixo da superficie da auga. É o único
deporte que utiliza as tres dimensións.
Consta de dous
equipos de 15 xogadores por equipo, cada un cun equipo básico de buceo:
Máscara, snorkel, gorro (waterpolo), aletas e traxe de baño. 6 dos cales están
na auga, 6 están fora da auga, na banca de cambios (zona de recuperación) e 3
son suplentes.
Cada equipo diferénciase
por unha cor, sendo os regramentarios o Branco e negro ou azul.
OBXETIVO DO XOGO
Introducir un balón
con flotabilidade negativa dentro da portería do equipo contrario. As porterías
están ubicadas en cada extremo da piscina no fondo.
PARTES DO PARTIDO
Cada xogo consta de
dous tempos efectivos de 15 m. cada tempo cun intervalo de descanso de 5 m.
Cada equipo ten
dereito a pedir un tempo fora de 1 m. en cada partido.
Cando se necesita
definir un xogador por anotación (isto dase nas finais) dase un tempo extra de
15 m. chamado morte súbita.
Se non sucede a
anotación en morte súbita, o xogo defínese por penaltis. A duración de cada
cobro é de 45 segundos. Son tres penaltis por equipo.
POSICIÓNS
Existen tres
posicións concretas:
PORTEIRO, GUARDA E
MEDIO.
- PORTEIRO
Debe
evitar que o balón entre na cesta, evitar o roubo de portería e apoiar no
ataque.
O
porteiro ubícase sobre a portería cubríndoa coas costas e mantendo a súa
posición por medio da patada.
- GARDA PORTEIRO
Debe
evitar que o opoñente agarre ao porteiro, tomar a posición do porteiro si este
non está e axudar a transportar balón e armar xogadas.
Ubícase
sobre o chan fronte a portería e a súa función e manter aos atacantes lonxe dos
porteiros evitando que se lle acerquen.
- MEDIO
Debe
axudar a transportar o balón, armar as xogadas na zona do equipo contrario,
interceptar pases, presionar, sacar o balón da zona da portería.
A
súa posición é libre, mantendo aos atacantes lonxe do garda e o porteiro.
NON ESTÁ PERMITIDO:
- Suxeitar a un xogador si non está en posesión do balón.
- Golpear
- Agarrar ao equipo persoal
- Agarrar o traxe de baño
- Suxeitar das porterías
- Pegar cos talóns
- Agarrar o pescozo
- Xogar de maneira innecesariamente brusca
- Ter máis de 6 xogadores na auga.
Aquí vos deixo un enlace do reglamento internacional:
REGLAMENTO INTERNACIONAL RUGBY SUBACUÁTICO
Ningún comentario:
Publicar un comentario