A pasada sesión
na piscina, foi a miña primeira sesión dende fora do vaso.
Debido a que o
día anterior tiven un corte profundo nunha man que me impedía realizar
movementos na mesma, e os que lograba realizar eran con moita dor, non puiden
levar a cabo os exercicios correspondentes.
En vez de estes, o meu labor este día foi
analizar os exercicios dos meus compañeiros, corrixilos e axudarlles a
mellorar, así como proporcionarlles o material necesario para os exercicios.
O primeiro
exercicio foi un recordatorio da sesión anterior, onde practicamos diferentes
tipos de propulsións, con diferente material, e diferente usos do mesmo (
propulsión con pernas de crol profundas e superficiais, con pernas de braza,
con brazada de crol mirando cara atrás...; propulsións con tabla o largo, o
ancho, entre as pernas...)
A miña labor
durante este exercicio foi recordarlles aos meus compañeiros os exercicios que
realizáramos e mirar si os facían correctamente.
Logo realizaron
exercicios de perfeccionamento dos diferentes estilos de natación. Primeiro
fixeron exercicios analíticos con axuda de material para facilitar a propulsión
e a flotabilidade, e logo realizaron eses mesmos exercicios sen material. Así
puidémonos dar conta, tanto eles, experimentándoo, como nos, vendoo,de que en
algún exercicio e imprescindible o uso de material auxiliar, xa que de non
usalo, o exercicio realizaríase incorrectamente, e sería moi fatigoso.
Pero tamén e importante non abusar de materiais, e dicir, non usalos por usalos, sen ningún fundamento, xa que neste caso, pode que o material en vez de resultar beneficioso, e ser unha axuda, resultaría un lastre, que nos estorbaría.
Outro dos
exercicios que realizaron os meus compañeiros foi de resistencia, e aquí
puidemos ver que moitos deles non logran regular o esforzo, e necesitan parar
antes de completar os largos marcados.
É importante a
hora de realizar varios largos seguidos, ir tranquilo, a modo, e regular o
esforzo, para non quedar sen folgos antes de completar a tarefa. Isto conséguese
con mentalización, relaxación e práctica.
Ver esta sesión
dende fora, como espectadora, foi proveitoso para a miña formación, pero ver
aos meus compañeiros nadar dábame unha envexa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario