O pasado mércores
asistimos e colaboramos no campionato escolar provincial de orientación, que se
celebrou no Campus Universitario de Lugo. Aquí tivemos a oportunidade de
participar dende dentro na organización dun campionato deste tipo. Eduardo contounos
como os coordinadores realizaran todo o traballo previo de organización, para
que ese día se puidera levar a cabo a actividade o máis correcta posible e sen
problemas.
Días antes
repartimos as tarefas a realizar, que foron as seguintes:
- Asistentes de cada colexio.
- Encargados da seguridade.
- Asistentes na carreira.
- Persoal de saída.
- Persoal de meta.
- Persoal de clasificación.
Eu, xunto con dous
compañeiros máis (Rocío e Alexis), e dúas rapazas que estaban a realizar as
prácticas do Master DAEN ( dirección de actividades educativas na natureza)axudamos
a rapaza encargada das clasificacións.
Para axilizar o
proceso dividimos as tarefas:
- Clasificar os mapas sen revisar por categorías (infantil feminino, infantil masculino, cadete feminino e cadete masculino), para facilitarlle a traballo as persoas encargadas de comprobar que todas a perforacións correspondesen a pinza da baliza correcta.
- Comprobar que os mapas tivesen as perforacións correspondentes a pinza da baliza correcta. Desto ocupámonos dúas persoas, as cales mirabamos o mesmo mapa a vez para evitar erros.
- Informatizar os resultados.
- Clasificar os mapas xa revisados e informatizados por colexios.
Eu encargueime,
xunto cunha das rapaza do Master, de comprobar que os mapas estivesen
correctamente perforados, e xa nos primeiros mapas, dímonos conta de que non
era unha tarefa fácil, xa que algún mapa estaba perforado dúas veces na mesma
casilla, ou fora da casilla de reserva, ou pouco perforado, ou roto... co cal,
no momento que tíñamos algunha dúbida delegábamos a responsabilidade na rapaza
coordinadora.
Esta parece unha
tarefa moi mecánica e aburrida, pero en realidade pasámolo realmente ben, xa
que a compañía foi grata e o tempo pasou voando.
Gustoume moito ver
esta proba dende dentro, xa que este verán pretendo ser eu a que a organice
para os rapaces dun campamento que se
realizará en plena natureza, por ser esta unha actividade realmente apropiada
para fomentar o respecto ao medio ambiente, e para que os rapaces se divirtan e
gocen da natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario