O atletismo é a
disciplina máis numerosa do programa paralímpico. Comprende varias modalidades:
os eventos de pista, con distancias de entre 100 e 2000 metros; os concursos,
con saltos e lanzamentos; e a maratón, que se celebra polas rúas. Algúns
atletas compiten en cadeiras de rodas, con próteses ou con axuda de un guía sen
discapacidade visual.
Os eventos de
pista dispútanse sobre distancias de 100 e 5000 metros, como xa dixemos antes e
comezarán con series nas que os mellores atletas tratarán de clasificarse para
a final.
Os concursos,
pola súa parte, divídense en dous grandes; os lanzamentos (disco, jabalina,
peso e club) e os saltos (altura, lonxitude, e triple salto). O maratón
masculino e feminino celébrase polas rúas.
Ademais de ser a
modalidade con maior número de deportistas e eventos, o atletismo é tamén a que
comprende un maior número de clases de discapacidade. Cada participante ten
unha categoría de dous díxitos, o primeiro dos cales indica o tipo de
discapacidade funcional que ten. A segunda cifra é o grado de afectación que
ten:
- Clases 11-13: deportistas cegos e deficientes visuais.
- Clase 20: atletas con discapacidade intelectual.
- Clases 31-38: participantes con parálise cerebral, algúns deles en cadeira de rodas (31-34).
- Clases 40-46: discapacitados físicos con afectación en algunha extremidade ou con falta dela.
- Clases 51-58: comprenden a corredores en cadeiras de rodadas ou lanzadores que compiten sentados.
Unha T ou unha F
diante do número indica si o deportista compite en eventos de pista (track) ou
de campo (field).
Final Londres 2012 T44 masculino