Chegou a hora de poñernos no papel de técnicos.
Antes do nadal dividímonos en grupos, nos cales cada membro escollía un lanzamento diferente (peso, xabalina, disco ou martelo), dos cales teríamos que facer un estudo en profundidade xunto cun traballo, para logo, a volta das vacacións, exercer de técnico, realizando dúas sesións nas que os nosos compañeiros de grupo entendesen os aspectos básicos do lanzamento e fosen capaces de realizar o mesmo dun xeito aceptable.
Antes de realizar ditas sesións xuntámonos co resto de compañeiros que realizarian a sesión do mesmo lanzamento ca nos e puxemos en común o que cada un por separado aprendeu, para así ampliar o noso coñecemento e ser capaces de ensinarlles correctamente o lanzamento aos nosos compañeiros.
Unha vez realizada esta reunión, comezamos polas sesións de lanzamento de peso, que xustamente é o lanzamento que me corresponde explicar a min. Unha foi realizada o martes pasado e a outra o venres. A verdade e que me divertín explicando, exemplificando e propoñéndolles tareas aos meus compañeiros, os cales foron realmente receptivos, e axudaron a que a sesión fose amena e productiva, tanto para eles como para min.
Facendo unha pequena autoavaliación xeral destas dúas sesións, creo que o reparto e control do tempo foi o axeitado, e o obxetivo principal, que era que os meus compañeiros comprendesen a técnica e fosen capaces de realizala medianamente ben, foi conseguido.
Como puntos a mellorar destacaría a necesidade de usar un linguaxe técnico, xa que as veces despistábame, e en vez de usar o termo " peso" usaba "bola ou pelota"; e a prevención de riscos, xa que, por exemplo, non me din conta de que se un compañeiro ía buscar o peso os outros non podían estar tirando, xa que nun despiste podíanse facer dano.
As miñas sesións ian dirixidas a uns usuarios adultos, polo que, aínda que procurei que as sesións non fosen aburridas, os xogos non ocupaban un papel relevante nas mesma. No apartado de Artigos e Traballos (lanzamento de peso), podedes ver as sesións que eu preparei, e aquí deixo unha proposta ludotécnica de unidade didáctica, que atopei mentres buscaba información sobre o lanzamento de peso, feita por Alfonso Valero Valenzuela, liecenciado e Doutor en eduación física pola Universidade de Granada e profesor da área de Educación Física e deportiva na Universidade de Almería.
Actividades de enseñanza-aprendizaje
Ningún comentario:
Publicar un comentario