COMO PATOS NA AUGA
De novo volvemos a piscina, e facémolo para rematar co
primeiro contacto con todos os estilos. O pasado luns realizamos os exercicios
de mellora da técnica de mariposa, despois de facer a autoavaliación da mesma
antes do nadal. Con estes exercicios xa quedan vistos todos os estilos de
natación, polo que agora comezaremos coas saídas e os viraxes, e tamén
seguiremos mellorando a nosa técnica, pero agora xa o faremos cunha boa imaxe
mental de todos os nosos movementos.
Os exercicios que realicei para a mellora da técnica
de mariposa podedes velos no apartado de artigos e traballos (autoavaliación de
mariposa).
Ademais destes exercicios, o pasado luns, tamén
fixemos exercicios de mellora do resto dos estilos, montando unha secuencia que
duraría uns 15 minutos, e na que houbera exercicios analíticos (aillando un
movemento e practicándoo por separado), globais con polarización da antención
(realizando a técnica normal, pero concentrándonos e mellorar aquel aspecto no
que erramos), e globais ( nadando normal poñendo empeño en facelo ben).
Como novidade, na anterior sesión empezamos a facer
saídas, viraxes e transicións o nado.
Para comeza fixemos saídas de atletismo simplificadas dende o borde, flexionando o
corpo, cun pe adiantado e o outro retrasado, as mans tocando o borde e os dedos
dos pes suxeitos o borde, levamos o corpo flexionado e os brazos cara adiante,
metendo a cabeza entre os brazos, estendemos o tronco e os pernas e coas mans
apuntando a auga facemos a entrada.
Estas saídas aproveitámolas para practicar tamén a transición do deslizamento ao nado de crol.
Deslizándonos en posición hidrodinámica, iniciamos batido de pernas. Para a
transición realizamos tracción dun brazos, mantendo o outro estendido, e ao
acabar a tracción, saímos a superficie e iniciamos o primeiro recobro. As
primeiras brazadas realizámolas sen respirar.
Logo tamén practicamos o viraxe sinxelo de crol, tocando a parede coa man que remata o
recobro, e alonxando o brazo de xiro cunha flexión de codo, agrupamos as pernas
contra a parede. Logo a man da parede vai por riba da cabeza a xuntarse a
outra, e unha vez colocado impulsámonos coas pernas.
O igual que antes, este viraxe tamén o aproveitamos
para realizar a transición do
deslizamento ao nado de braza. Deslizándonos en posición hidrodinámica,
realizamos a brazada submarina, e deslizando os brazos pegados ao corpo
levámolos cara adiante para comezar a brazada de braza. Ao finalizar o recobro
dos brazos, realizamos unha patada para saír a superficie, e romper esta antes
do seguinte recobro.
A realización desta transición custounos moito máis
que a transición a crol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario