sábado, 11 de xaneiro de 2014

IMPORTANCIA DA HIDRATACIÓN NA ACTIVIDADE FISICA E O DEPORTE




Unha vez pasadas as vacacións de nadal, e deixar un pouco de lado todo o relacionado co ciclo (isto inclúe o blog), comezamos de novo coas forzas renovadas.

Gustaríame comezar de novo falando da importancia da hidratación a hora de realizar actividade física e deporte, xa que foi un dos temas tratados por case todos os ponentes da conferencia sobre nutrición a que Jorge, Adrian, Raquel, Laya e eu acudimos, na Coruña, o día 18 do mes pasado.




 
É importante saber que o 65% do corpo dun home adulto e o 60% do corpo dunha muller (as mulleres teñen máis graxa que os homes) está constituído por auga. As células acumulan 2/3 partes da auga do corpo, a outra 1/3 parte está no fluído extracelular (o plasma do sangue, as secrecións, etc.). A auga ten importantes funcións vitais: é o medio disolvente de nutrientes, minerais e vitaminas; transporta os nutrientes polo corpo; é o medio de expulsión dos produtos residuais do corpo; ten funcións de termorregulación no mantemento da temperatura corporal, etc.




A actividade física en xeral, e o deporte en particular, son fundamentais para manter o correcto funcionamento corporal. Pero todo elo ten que ir acompañado da necesaria hidratación. O esforzo físico incrementa a transpiración, mediante a cal o organismo mantén a temperatura corporal. O deportista ten que estar informado non solo da cantidade de auga que hai que beber, si non tamén cando hai que facelo. Non hai que esperar a ter sede para beber, si non que na práctica deportiva hai que inxerir auga regularmente, antes, despois e durante o exercicio físico. Isto é moi importante, non podemos esperar a ter sensación de sede, porque cando aparece a sede pode que xa se estea na fase inicial de deshidratación.

Na práctica da actividade física, recoméndase recibir diariamente 1ml de auga por caloría inxerida. É dicir se realiza unha dieta de 2000kcal. Necesítase 2 litros de auga, 1 litro de auga bebida máis 1 litro de auga contida nos alimentos.

A suor está composta por auga (nun 99%) e algúns nutrientes, principalmente sodio e cloro; e en cantidades moi pequenas, potasio, magnesio, calcio, ferro, cobre e cinc., polo tanto,  a auga non sería a bebida ideal cando se necesita repoñer líquido con rapidez e por completo, se non que necesita un agregado esencial que sería o sodio. Ademais, si se lle suma azucre a bebida, mellora o sabor e axuda a que o organismo asimile a auga e o sodio máis rápido.

Unha forma práctica de estar ben hidratada cando se practica unha actividade física é tomar auga a pequenos sorbos antes e durante o adestramento, e tamén consumir bebidas para deportistas xa que están preparadas con ingredientes ideais para hidratar o organismo en poucos minutos.


Por último, e para botar por terra o mito sobre a perdida de peso e a sudoración, dicir que, as persoas que usar traxes térmicos e aparatos para suar durante a práctica de actividade física, o único que conseguen é perder auga corporal podendo chegar a deshidratarse.


Ningún comentario:

Publicar un comentario