domingo, 26 de xaneiro de 2014

NATACIÓN: Transición deslizamento a nado en crol e braza, saídas de atletismo, e viraxes de crol



Mala experiencia na última práctica de natación. 

Comezamos e rematamos a sesión con seis largos realizados no estilo que queiramos. Con esta práctica de resistencia cada luns síntome mellor. A verdade e que xa logro realizar todos os largos sen parar, usando o viraxe de crol para axilizar o proceso. Grazas a este exercicio logro regular o esforzo, e a intensidade coa que fago cada largo, e aumento a miña resistencia cardiopulmonar e muscular.

Tamén practicamos a viraxe de crol sinxelo que expliquei na anterior entrada; a saída de atletismos e a transición do deslizamento ao nado en crol e espalda.

Para este último, xa que é o máis complicado, e nos custa moito realizalo correctamente, Eduardo propúxonos unha serie de exercicios que nos facilitarían a comprensión e execución do mesmo.

Estes exercicios foron os seguintes:

·         Para comezar solo teríamos que realizar o deslizamento procurando que fose o máis aerodinámico posible, e para iso necesitábamos unha posición correcta do corpo. Era importante manter a vista fixa no fondo da piscina, para non levantar a cabeza antes de tempo. Sairiamos a superficie se variar a nosa posición.

·         Logo engadimos a brazada submarina, quedándonos cos brazos pegados ao corpo ata saír a superficie. 

·         Seguimos aumentando pasos, así que, no seguinte exercicio ademais da brazada submarina tamén realizamos a recuperación dos brazos, levándoos cara adiante pegados ao corpo ata colocarnos de novo en posición aerodinámica. Era importante aquí manter a vista cara o fondo da piscina en todo o momento.

·         Para finalizar probamos a realizar a transición completa, comezando polo deslizamento en posición aerodinámica, logo a brazada submarina, despois a recuperación dos brazos pegados ao corpo, e deixándonos deslizar de novo en posición aerodinámica comezamos coa primeira brazada sen sacar a cabeza, para comezar a nadar con normalidade.

Ata aquí todo foi perfecto, pero no momento no que comezamos a practicar o viraxe de voltereta de crol, as cousas xa non foron tan agradables. 

Para ir familiarizándonos con este tipo de viraxe comezamos realizando largos a crol e incluíndo en cada largo algunha voltereta polo medio. Eu, particularmente tiña realizado volteretas anteriormente, pero taponando o nariz cunhas pinzas, xa que nunca fun capaz de facelas sen que me entrase auga polo nariz.

Como Eduardo e Somorrostro se deron conta de que a maioría de nos non estábamos moi a gusto con este exercicio, xa que en cada voltereta tíñamos que parar para que a auga saíse do noso nariz, e que nos deixase de doer a cabeza e lagrimear os ollos, explicáronnos unha técnica para regular a respiración e que non nos entrase tanta auga polo nariz. Esta técnica consistía en levar os labios cara adiante e colocalos taponando o nariz, o mesmo tempo que expulsábamos aire potentemente.


O seguinte exercicio consistíu en realizar a viraxe de crol pero sen facer o xiro final, e dicir, saíndo a superficie boca arriba. Aquí foi onde peor o pasei, xa que o realizar a volvereta teño que expulsar o aire moi forte para que non me entre auga polo nariz, e antes de acabala, xa quedo sen aire que expulsar, polo que o deslizamento de espaldas xa me resulta completamente imposible. A pesar disto, nun dos intentos din a voltereta e tentei deslizarme de costas, pero como me entrara auga polo nariz tapeino, e nese momento debín tentar expulsar algo de aire, e sentín unha forte presión nos oídos, e a partir dese momento comezou a dor e o atoamento dos mesmos, e non cesou ata a mañá do día seguinte.

A verdade e que non me sinto nada a gusto realizando as voltas sen pinzas, e pásoo bastante mal. Espero que isto se solucione e que pronto aprenda a facer as mesmas “sen sentir auga no cerebro”.

Aquí deixo un enlace dun vídeo que estiven vendo para aprender a voltear en crol:

http://www.i-natacion.com/secciones/video/#!tabs/tec_crol.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario