sábado, 11 de xaneiro de 2014

TORNEO DE RUGBBYTAG





O día 19 do mes pasado, coincidindo co último día de clase da primeira avaliación, tivemos un torneo de rugbbytag, xunto cos nosos compañeiros de segundo de TSAFD. E tamén o seu respectivo terceiro tempo, onde todos xuntos, xogadores e árbitros (neste caso Eduardo e Juan, os profesores que organizaron o evento), fomos, o finalizar o torneo, a tomar algo e limar as asperezas surxidas durante os partidos (neste caso non houbo ningunha, pero serviunos como unha experiencia máis).



Para que a interacción entre os grupos de primeiro e segundo ciclo fora maior, os equipos foron previamente formados polos nosos profesores, e e todos os equipos houbo integrantes dos dous cursos.

Como forma de romper o xeo os integrantes de cada equipo reunímonos e preparamos unha “Jaca” que realizaríamos no caso de xogar o partido final. No caso do meu equipo iso non foi posible, levando así a culler de pau que se lle daba ao equipo que non gañase ningún partido. 

A pesar de ser o equipo feminino perdedor, a experiencia foi boa, coñecimos aos compañeiros de segundo, animamos aos equipos , rímonos vendo as diferentes e orixinais Jacas, e en definitiva unímonos como grupo un pouquiño máis.




A regra imprescindible neste día era o respecto aos demais, tanto compañeiros, como adversarios, como árbitros, empapándonos así do espírito do ruggby.


2 comentarios: