sábado, 31 de maio de 2014

PARALÍMPICOS: Atletismo



O atletismo é a disciplina máis numerosa do programa paralímpico. Comprende varias modalidades: os eventos de pista, con distancias de entre 100 e 2000 metros; os concursos, con saltos e lanzamentos; e a maratón, que se celebra polas rúas. Algúns atletas compiten en cadeiras de rodas, con próteses ou con axuda de un guía sen discapacidade visual.


















Os eventos de pista dispútanse sobre distancias de 100 e 5000 metros, como xa dixemos antes e comezarán con series nas que os mellores atletas tratarán de clasificarse para a final.

Os concursos, pola súa parte, divídense en dous grandes; os lanzamentos (disco, jabalina, peso e club) e os saltos (altura, lonxitude, e triple salto). O maratón masculino e feminino celébrase polas rúas.

Ademais de ser a modalidade con maior número de deportistas e eventos, o atletismo é tamén a que comprende un maior número de clases de discapacidade. Cada participante ten unha categoría de dous díxitos, o primeiro dos cales indica o tipo de discapacidade funcional que ten. A segunda cifra é o grado de afectación que ten:

  • Clases 11-13: deportistas cegos e deficientes visuais.
  • Clase 20: atletas con discapacidade intelectual.
  • Clases 31-38: participantes con parálise cerebral, algúns deles en cadeira de rodas (31-34).
  • Clases 40-46: discapacitados físicos con afectación en algunha extremidade ou con falta dela.
  • Clases 51-58: comprenden a corredores en cadeiras de rodadas ou lanzadores que compiten sentados.
















Unha T ou unha F diante do número indica si o deportista compite en eventos de pista (track) ou de campo (field).

O atletismo, que forma parte do programa paralímpico dende os primeiros Xogos de Roma 1960, xerou algunhas das imaxes máis memorables do deporte pra persoas con discapacidade, con figuras lexendarias da talla de Louise Sauvage, Baroness Grey- Thompson e Oscar Pistorius.


Final Londres 2012 T44 masculino


PARALÍMPICOS: Natación

Mellores momentos dos xogos paralímpicos 2012


En natación paralímpica practícanse catro estilos: libre, braza, espalda e mariposa. Ademais, os catro se combinan na proba de estilos, xa sexa individual ou de relevos. Todas as carreiras se disputan en piscina de 50 metros e os deportistas poden saír dende tres posicións: de pe sobre o poyete, sentados no poyete ou directamente dende dentro da auga.

Neste deporte, os nadadores clasifícanse en función de como afecta a súa discapacidade a hora de practicar cada estilo. As clases S1 a S10 engloban a aqueles que teñen discapacidade física ou parálise cerebral, sendo os de S1 os máis afectados e os de S10 os máis leves. Ademais, a clase S11 reservase aos nadadores cegos, a S12 e S13 para deficientes visuais e a S14 para discapacitados intelectuais.



A “S” diante do número da clase refírese a categoría de nadador para as probas de estilo libre, espalda ou mariposa. Na braza (SB) algúns nadadores con discapacidade física compiten na clase máis baixa, xa que se require unha propulsión máis forte das pernas. Tamén se utiliza esta regra para a proba de individuais de estilos (SM).




A natación é un dos poucos deportes que se veñen practicando de forma continua dende os primeiros Xogos Paralímpicos, os de Roma 1960.

Final S6 100 metros espalda masculino

RAFTING

A actividade máis divertida do ano!



Xa case para despedir este curso escolar, achegámonos a Arbo, Pontevedra, para realizar a actividade máis divertida, e con máis adrenalina do ano, Rafting.

Saímos de Lugo as 9 da maña, e tras 2 hora e cuarto de bus, chegamos a Arrepións, a empresa ca que contratamos a actividade, que xa nos estaba esperando para repartir o material necesario (neopreno de 4 mm, chaleco e casco).

Unha vez equipados, Raquel, Laya, David Lorenzo e eu, por ser os primeiros en estar listos, achegámonos ao punto de inicio do descenso cos dous coordinadores, na Land Rober da empresa, para axudarlles a descargar, e inflar as lanchas. Mentres os nosos compañeiros ían no bus.

Cando xa rematamos de preparar as lanchas, chegaron os nosos compañeiros, coa outra coordinadora de Arrepións. Dividímonos en 3 grupos e déronnos unhas nocións básicas sobre este deporte, que logo o noso coordinador foi ampliando durante o descenso.



O meu grupo, co que me sentín realmente a gusto, e o pasei como unha “enana”, foi: David Lorenzo, Jorge, Adrián, Pablo, Raquel, Gustavo, Tamara, Juampy e eu.



Comezamos o descenso, e xa nunha das primeiras zonas de conflito, o noso coordinador, comentounos que íamos facer unha proba de confianza, deixándonos chocar contra unha das rochas, pero a proba de confianza saíu “ra”, xa que a lancha comezou a inclinarse e acabou dando a volta, baleirándonos a todos.

Ese momento foi un caos, sentín como Adrián me pasaba por riba, como me caía a lancha na cabeza, e perdín unha zapatilla, que os compañeiros doutra lancha me recuperaron. Pero a pesar de todo, acabou sendo un momento divertido e de subidón de adrenalina.

O resto de descenso foi xenial. Rescatamos a algún que outro compañeiro que caía da súa lancha, tirámonos dende unha rocha de uns 5-6 metros, nadamos nun rápido, cruzamos remuiños, gozamos das vistas...



Foron case 2 horas de descenso, que pasaron rapidísimo, e que sen dudalo repetiría, e que recomendo a todo o mundo.


sábado, 24 de maio de 2014

SESIÓN DAVID FERNANDEZ, JORGE, ALBERTO: Análise metodolóxico

A sesión de David Fernandez, Alberto e Jorge realizárona sen estar presente Eduardo (o profesor), por iso foi unha sesión un tanto especial.

Para empezar, foilles máis complicado dirixila, xa que estábamos algo dispersos, e custaba prestar atención, pero aínda así, puxeron interese e sacárona adiante.

Aquí deixo a sesión, para logo facer o análise metodolóxico:

Sesión da fase introductoria de atletismo
Sesión introductoria de atletismo (habilidades motrices básicas)

Material: A colocación de material realizarase 10 minutos antes de iniciar a sesión. (12 mini vallas, 12 conos, 12 pelotas, 1 caixa).
Objetivos: O obxetivo principal sería a mellora de habilidades motrices básicas. Obxetivos secundarios serían mellora de resistencia, coordinación e cooperación.
Grupo: Para nenos de entre 8-9 años de edad, aproximadamente 24 nenos en total.
Instalación: Pista de atletismo e alrededores.
Metodoloxía: Dirixida,  mándanse facer as tarefas e os alumnos vanas cacendo.
Tempo de sesión: 55 minutos.

Quecemento (15 minutos)

Primeiro exercicio: Carreira continua suave: 200 metros.

Segundo exercicio: Movilidade articular.

Terceiro exercicio: Por parellas: Cada parella cun balón e realizará distintos exercicios para quentar:
  •      Darán pases de peitoo a vez que se van alexando e logo volveranse acercar.
  •      Desplazándose, daranse pases entre eles a unha man e a duas mans
  •       Un diante do outro, un corre cara diante e o outro cara atrás mentras se van pasando o balón.
  •      Pases con toque de dedos 
  •      Pases rasos coa man. 
  •      Pases cunha man e mentras coa outra desplazanse.
  •     Os dous colocaranse en paralelo, cada un mirando cara un lado. O que leva a pelota lanzará a mesma alta e caraa a súa espalda e o outro correrá para collela antes de que bote.


Parte principal (35 minutos).

Primeiro exercicio
Obxetivo: Mellora de saltos e de lanzamentos.
Material: Conos para delimitar o espazo.
Descrición: Dentro o grupo haberá un ou varios alumnos que pillarán e o resto escaparán, pero todos os alumnos desprazaranse con distintas variables.
Variables: Os alumnos desprazaranse a pes xuntos, a pata coxa, para pillar lanzarán un balón, facendo marcha.
Segundo exercicio:
Obxetivo: Mellora de saltos e lanzamentos.
Material: 12 vallas, 12 conos, 12 pelotas e unha caixa.
Descrición: O exercicio consistirá nunha especie de circuíto. Haberá tres equipos que se colocarán en tres filas. Diante de cada fila haberá 4 vallas, a continuación 4 conos e a continuación 4 balóns. Cada grupo terá que realizar una serie de tarefas por esos obstáculos e lanzar a bola a una caixa común, e volver realizando o mesmo exercicio. O grupo que antes meta as bolas na caixa gañará.
Variables: Cambiar os exercicios nas vallas e nos conos, lanzar cunha man  pelota, lanzar coas duas mans, lanzar de xeonllos. Cambiar a caixa por un aro.

Terceiro exercicio
Obxetivo: Mellora da carreira.
Material: Ningún.
Descrición: Os alumnos colocaranse por parellas, en duos filas unhos en frente de outros. Un lado serán o número un e os outros o número dous. Cando o profesor diga un número estos terán que correr en dirección oposta a súa parella e a súa parella intentar pillalos.
Variables: En lugar de un e dous, pares e impares. En lugar de empezar de pe, empezar sentados, ou deitados.

Cuarto exercicio
Obxetivo: Mellora da carreira e da resistencia.
Material: 5 conos y 5 balóns
Descrición: Colócanse en cinco grupos, e señal o último alumno terá que salir correndo en zig-zag entre os seus compañeiros, seguir ata un cono e regresar ata a súa posición.
Variables: En lugar de sortearlos correndo, a pes xuntos ou a pata coxa. Poñer un balón diante e o sair de esquivar aos compañeiros levalo ata o cono e volver.


Fase de volta a calma. (5 minutos)

  Xogo:
 Lanzar pelota ao aire e todos os usuarios escapan excepto un deles que trata de coller a pelota o antes posible. Cando a colle berra: ¡Sangue! E todos os alumnos que escapaban deben pararse y quedarse no sitio. O usuario da pelota pode dar tres pasos para intentar darlle coa pelota a uno dos demais. Pódense ir metendo variantes como poder escapar solo a pata coxa ou pes xuntos ou que os tres pasos que poden dar o que ten a pelota sexan os tres pasos finais de triple salto.

 Estiramientos xerais de abaixo-arriba.

ANÁLISE METODOLÓXICO

Comezamos pola preparación previa:

·         Eduardo dixéranos que cada parte da sesión tiña que ser dirixida por un membro do grupo, mentres os outros dous se incorporaban realizando a sesión, xa que nun traballo non imos ter axudantes, pero aínda así, os tres dirixiron a sesión xuntos, axudándose, supoño que porque así se sentían máis respaldados.

QUECEMENTO:

·         Este quecemento sería correcto para unha sesión técnica, pero non o vexo adecuado para unha sesión introdutoria, xa que os nenos nesta fase teñen que divertirse, e prepararse para a posterior fase técnica.

·         Durante a segunda parte do quecemento, os rapaces de outro colexio comezaron a adestrar, por iso os compañeiro que dirixían a sesión decidiron que cambiásemos de sitio, para non molestalos. Este cambio foi moi adecuado.

PARTE PRINCIPAL
  • Para comezar a parte principal, David díxonos que íamos realizar exercicios para mellorar as habilidades básicas, e esta información non sería adecuada para nenos de 8 anos. Os nenos non necesitan tanta especificación, pero imaxino que David o darnos a sesión a nos, non se deu conta.
  • O exercicio de pillar a pata coxa e a pes xuntos, para min, foi demasiado longo, xa que era bastante esixente a nivel físico. Creo que se mesturaran no medio outro xogo de pillar sen ser a pata coxa os a pes xuntos, sería máis relaxado, ou se se disminuise o tempo do xogo.
  • David, durante o exercicio do que falei no punto anterior deuse conta de que había xente parada, e para activalos dáballes un balón e comezaban a pillar eles. Esta iniciativa paréceme moi acertada.
  • Mentres realizamos o circuíto un grupo de nenas chegaron para realizar salto de altura, polo que nos molestábamos no sitio onde estábamos, polo que os compañeiros que dirixían a sesión decidiron cambiar de sitio, e mandáronnos cambiar a nos o material, e colocalo igual no campo. Isto pareceume moi dinámico e educativo.
  •  O circuíto o ser de relevos resultou pouco dinámico, pasando moito tempo inactivos. Se non fose de relevos e fósemos saíndo uns detrás dos outros sería máis dinámico.
VOLTA A CALMA

Na volta a calma fixemos estiramentos, os cales serían propios da fase de técnica. Para a fase introductoría non serían adecuados.

domingo, 18 de maio de 2014

AUTOAVALIACIÓN SESIÓN ATLETISMO: Habilidades motrices básicas



O pasado martes, David, Gustavo e eu realizamos a sesión de habilidades motrices básicas que podedes ver no apartado de artigos e traballos da dereita, e agora realizarei unha autoavaliación da mesma, tendo en conta a información que nos deu Eduardo:

Comezaremos polos aspectos previos a sesión:

  • PREVER A DISPOÑIBILIDADE DE ESPAZOS E MATERIAL


Como nos esquecemos de informar a Eduardo de que precisábamos o pavillón para levar a cabo a sesión, xerouse un pequeno problema. O pavillón estaba ocupado, pero grazas a boa relación que existe entre Eduardo e os outros mestres do centro, os cales nos cederon o espazo, foi posible seguir adiante.
Isto pon de manifesto a importancia de manter unha boa relación entre os teus compañeiro de profesión.

  • USAR A COLOCACIÓN DO MATERIAL COMO ALGO EDUCATIVO


Na nosa sesión había que montar un circuíto, e o que nos tíñamos pensado era telo montado antes da mesma, pero como nos tocou impartila xusto o comezo da clase, sumado ao problema da instalación, decidimos ir montando o circuíto entre David e eu mentres Gus dirixía o quecemento, malia que sabemos que nunha situación normal non contaríamos con ninguén que non axudase.
O que non se nos ocorreu, foi que os propios participantes, neste caso os nosos compañeiros, nos podían haber axudado, usando así a colocación do material como algo educativo.

En canto ao quecemento:

  • TER MOI EN CONTA A IDADE E A FASE DE APRENDIZAXE DOS PARTICIPANTES PARA ELEXIR OS CONTIDOS E A FORMA DE TRABALLALOS


Neste caso tratábase dunha sesión introdutoria ao mundo do atletismo, tendo como obxectivo principal a mellora das habilidades motrices básicas, indispensables para o posterior aprendizaxe técnico específico. Por iso deberíamos haber escollido un quecemento máis ameno e menos técnico.

Pasamos agora a fase principal:

  • TER EN CONTA A IDADE DOS PARTICIPANTES PARA ADECUAR A INFORMACIÓN DADA.


Como os participantes eran os meus compañeiros de clase, din unha información demasiado técnica ao principio da sesión, non tendo en conta que eles nese momento estaban a facer de nenos de 8-9 anos.
Para comezar o circuíto conteilles que íamos mellorar as habilidades motrices básicas, que serían, reptar, saltar, correr... e non debería haber especificado tanto, xa que se trataría de nenos e nenas.

  • FACER UNHA SESIÓN DINÁMICA


Como cada 2 voltas os participantes paraban para cambiar a actividade de algunha estación, a sesión resultou pouco dinámica.
O circuíto tiña dúas filas, polo que unha sesión sería aumentar o número de filas colocando máis material, pero esta opción neste caso non sería viable, xa que non tíñamos suficiente material. Pero o que si poderíamos haber feito, co mesmo resultado sería menos cambios de actividades, polo tanto menos paradas e máis voltas seguidas.

  •  SER FLEXIBLE A HORA DE DESENVOLVER A SESIÓN


O comezar a realizar o circuíto dinme conta de que unha das estacións (a dos balóns) entorpecía a progresión do grupo, xa que era unha estación que levaba máis tempo que as outra, polo que decidín suprimila.
Aínda que teñamos todo moi ben planificado, sempre temos que estar abertos a facer cambios sobre a marcha, para mellorar a sesión.

  • A DIVISIÓN DE GRUPOS COMO ESTRATEXIA METODOLÓXICA


Na actividade de desprazamento a tres pes o grupo tiña que dividirse en grupos, e no noso caso deixamos que se formases espontaneamente e como lles pareceu aos participantes, pero é importante tamén usar a división dos grupos como un instrumento, utilizándoo así para lograr os obxectivos propostos.
  •  UTILIZACIÓN DO HANDICAP



Deuse na sesión unha situación óptima para utilizar o handicap, xa que da actividade da que falaba antes un dos grupos sempre chegaba o último. Aquí poderíamos haber dado unha vantaxe a ese equipo, ou algunha traba aos outros, para igualar as opcións de ganar, e así motivar a todos os participantes.

domingo, 11 de maio de 2014

ACUAFITNESS: Exercicios

Na anterior entrada falamos un pouco do que era o Acuafitnes, centrandonos na súa modalidade Acuagym, e nesta veremos uns exemplos de exercicios sen material e con diferentes materiais, que nos servirán para a realización das nosas sesións, así como exercicios para os membros inferiores e para os membros superiores, rematando cunha mostra dunha sesión de aquarelax, que poderíamos incluir na fase de volta a calma da nosa sesión.

Comezamos cuns exercicios sen material:



Seguimos cuns exercicios con churros acuáticos:


Vexamos agora exercicios con tabla:


Aquí podemos ver exercicios para as pernas:


Tamén temos exercicios para as extremidades superiores:


E por último unha sesión de Aquarelax:


Todos estes vídeos pódennos servir de guía para levar a cabo unha sesión e conseguir o obxetivo proposto na mesma, mesturando exercicios de todos o tipos, e usandoos para o noso interese.



domingo, 4 de maio de 2014

AQUAGYM



Rematamos a etapa de aprendizaxe e perfeccionamento da natación, nos seus diferentes estilos, e agora toca divertirnos cun pouco de fitness acuático, creando e levando a cabo unha sesión, desta nova modalidade de exercicio, xa que é e algo cunha gran demanda hoxe en día, e pode ser un nicho de mercado de proveito.

O Aquafitnnes engloba un ontón de especialidades, como pod ser a relaxación acuatica (aquarelax), exercicios na auga para bebés (aquababy), exercicios de boxeo na auga (aquabox), e moitos máis, paro nos centrarémonos no aquagym, podendo usar, para unha sesión máis completa, exercicios doutros estilos.

Ben, pasaremos a explicar entón, que é iso do Aquagym, que beneficios ten, e como debe ser unha sesión deste novo tipo de adestramento.

O Aquagym é un tipo de fitness acuático cuxos exercicios se centran na tonificación muscular, nas repeticións e no traballo con diferentes materiais, como pesas, pelotas e flota-flotas, entre outros. En esencia, o Aquagym trata de trasladar ao medio acuático o traballo físico que se realiza en terra, iso si, contando con tadas as posibilidades de movemento que aporta o medio acuático.

A vantaxe deadestrar en condicións de inmersión é que a flotación promovidad pola auga reduce o risco de lesións e permite que algúns pacientes participen de programas d adestramento aerábico (para esas persoas sería moi dificil facelo en terra).

A escasas gravidade permite a disminución do impacto do corpo co chan e, con isto, a tensión sobre as articulacións. Esta característica fai que os exercicios no auga poidan ser máis duradeiros e frecuentes. Tamén permite que persoas con movilidad reducida poidan benficiarse da liberación de peso que aporta a auga. O beneficio psicolóxico neste sentido é indubidable.

Con todo, para que o adestramento sexa seguro, deben ser observados certos procedementos. Primeiramente fai falta un periodo dequecemento xeral, durante o cal a frecuencia cardiaca logre un aumento progresivo. En segundo lugar, o periodo de adestramento aeróbico debe ter o tempo suficiente para que o efecto do adestramento sexa alcanzado. Todo iso dependrá da súa intensidade. Aumentos similares na resistencia cardiorrrespiratoria podn ser conseguidos por medio dunha sesión d longa duración con exercicios de baixa intensidade e tamén por unha sesión de menor duración con exercicios de maior intensidade, rematando cunha elongación dos músculos grandes acompañado dunha relaxación final.