Na anterior
práctica de atletismo, xa entramos en contacto co mundo dos saltos, polo que,
nesta última, e despois dunhas cantas clases teóricas sobre os mesmos,
introducímonos a fondo a ver e sentir en primeira persoa o salto de lonxitude natural, o salto de pértiga e o triple salto.
Pero como sempre,
antes de calquera clase práctica que supoña un esforzo maior do habitual,
fixemos un quecemento previo para adaptar o noso organismo pouco a pouco e
evitar posibles lesións.
Neste caso o
quecemento foi por grupos, realizando primeiro un quecemento global e logo un
quecemento especifico tendo en conta as partes corporais que utilizaríamos
posteriormente. Como o que íamos facer eran saltos, o quecemento especifico foi
dirixido sobre todo aos membros inferiores, e concretamente aos grandes grupos
musculares que interveñen nos saltos (xemelgos e cuadriceps).
Unha vez activados
e adaptados os sistemas comezamos coa parte principal da práctica. Esta vez
Eduardo dividiu a clase en tres grupos, usando un método moi sinxelo que
permite formar grupos rapidamente e así axilizar a práctica. Este método
consiste en simplemente xuntar os grupos xa existentes no quecemento de dous en
dous.
Malia que isto que
acabo de dicir parece moi obvio é moi importante, a hora de dirixir un grupo,
que se teña claro, xa que é imprescindible o aproveitamento do tempo.
Pois ben, nesta
práctica a organización do grupo foi a seguinte: como xa dixen, dividímonos en
tres grupos, e cada grupo traballou un salto diferente nunha área determinada.
Pasado un tempo marcado por Eduardo, rotamos a área seguinte, facendo así unha
especie de circuito no que todo o mundo, en grupo, pasou por todas as
estacións.
A realización e o
obxectivo da práctica de cada salto eran os seguintes:
· Salto de lonxitude
Como o foso non estaba
o suficientemente brando para amortiguarnos a caída, e a nosa técnica é de
principiantes, Eduardo, para evitar posibles accidentes, delimitounos unha
pequena zona de carreira, na que non podíamos coller demasiada velocidade, pero
que nos servía para practicar o que desexábamos.
É importante, a
hora de ser un bo técnico, a prevención de posibles riscos e a adaptabilidade
as diferentes circunstancias que podan darse durante unha sesión, clase ou
práctica.
A actividade
consistía en facer unha pequena carreira, e dende un punto delimitado con conos
(podíase escoller entre un punto preto do foso, ou outro un pouco máis
alonxado) batir e realizar un salto de lonxitude natural.
O obxectivo da
práctica era tomar contacto con este tipo de saltos e notar como durante o vo,
a perna de batida “ia buscar” a perna libre para realizar a caída xuntas, e
poder ver a diferenza co estilo en “extensión”, onde a perna de batida espera a
perna libre, que neste caso é a que se aproxima atrás para xuntarse a outra, e
xa coa dúas xuntas, e cun golpe de riñóns faise unha extensión cara adiante.
·
Salto de pértiga
A actividade
consistía en agarrar correctamente a pértiga, e cunha pequena carreira, facer o
apoio da mesma no foso e batindo polo lado dereito a pértiga tiña que quedar no
lado esquerdo.
Un dos obxectivos
desta práctica ao igual que no salto de lonxitude era unha toma de contacto con
esta práctica deportiva. Tamén era importante que víramos por que lado hai que
saltar, e polo tanto de que lado nos quedaba a práctica.
·
Triple salto
Esta actividade era
a mesma que realizamos na práctica anterior, que consistía en facer unha
pequena carreira, batir, facer un primeiro apoio coa perna de batida, un
segundo apoio coa perna contraria a de batida e un terceiro salto a pes xuntos
que simularía a caída.
O obxectivo esta
vez era ir un pouco máis lonxe que na práctica pasada é facer os saltos
equilibrados e un pouco máis longos para poder diferenciar si faciamos a
modalidade polaca ou a de accións simultáneas, xa que a toma de contacto xa a
tivéramos, pero nos aínda non nos sentimos seguros realizando este salto, polo
que a práctica serviunos para coller confianza co salto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario