“Hai demasiado énfase no éxito e
no fracaso e moi pouco en como a persoa progresa a través do esforzo. Goza da
viaxe, goza cada momento e deixa de preocuparte pola vitoria e a derrota”
Matt Biondi
A pasada sesión de natación foi centrada o redor da patada
de braza, a modalidade espalda e a avaliación de crol.
Con relación a patada de braza e a modalidade de espalda
realizamos o exercicio xa visto anteriormente, de nado, medio largo, a braza
centrando a atención na patada e o outro medio nadando a espalda atendendo aos
aspectos de técnica xa vistos.
Xa queda moi pouca xente que non logre facer unha correcta
patada en braza, e estas persoas realizarian o exercicio de técnica fora da
auga, antes de pasar a nadar. (ver anteriores entradas de natación).
Realizando este exercicio, mentres nadaba a braza, Eduardo
en cada patada íame dicindo “ben”, e esto sírvenos, non so para animarnos, se
non tamén para saber, que da forma na que o estamos realizando é a correcta.
Unha persoa que esta comezando a realizar un xesto técnico
non sabe si o está a facendo ben ou mal, polo que é importante que cando o faga
ben, se lle notifique, se non pode que a próxima vez o realice incorrectamente
por falta de información.
Unha vez rematado este exercicio pasamos a, en grupos de
tres persoas, avaliar a técnica de crol dos nosos compañeiros.
Eduardo colocounos en grupos de tres persoas, e non de dúas
xa que o que pretendía e que faláramos entre nos e que comentáramos os aspectos
de técnica que estamos vendo.
Despois de que se nos proporcionara a ficha de avaliación,
comezamos a traballar, avaliando de un en un os aspectos técnicos que nela
aparecían. Cada medio largo avaliaríamos un dos aspectos, e en cada bloque
cambiaríamos a persoa avaliada para que esta puidese descansar e a súa técnica
non se vira afectada pola fatiga.
No meu grupo Adri non ten asimilada a coordinación da
respiración polo que isto condiciona toda a súa técnica. Pero dímonos conta de
que ca vez que o intentaba ia mellorando, polo que coa practica, en pouco tempo
será capaz de controlar a respiración e poderá centrarse nos demais aspectos da
técnica.
Gus pola contra, si ten asimilada a coordinación da
respiración, e polo que nos puidemos observar, como principiantes na
observación desta modalidade, salvo aspectos puntuales a mellorar, en xeral non
ten especiales dificultades.
No que a min respecta, o que observaron os meus
compañeiros, e que o meu principal punto a mellorar é o batido das pernas, xa
que, debido a miña pouca flotabilidade ao bater non rozo a superficie da auga e
non creo espumiña. Polo que debo bater con máis potencia.
En xeral, vimos que observar a técnica de natación é algo complexo
e bastante difícil, sobre todo a observación da tracción e a coordinación entre
pernas e brazos. Polo que, para lograr ser uns bos técnicos en natación,
debemos observar, observar e observar, e tamén practica, para que, a hora de
ensinarlle a técnica a alguén, podamos facerlle unha demostración medianamente
aceptable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario