domingo, 3 de novembro de 2013

CARREIRA DE ORIENTACIÓN EN GUITIRIZ



Como punto final a parte de orientación dentro do módulo deportes individuais, o pasado 26 de Outubro, achegámonos e participamos na proba nº 9 da Liga Galega de Ori-pé 2013, organizada pola Federación Galega de Orientación e o Club Fluvial de Lugo; patrocinada polo concello de Guitiriz e levada a cabo na área recreativa de San Xoan (Guitiriz).
 


A pesares de non estar federados en orientación, como este deporte permite participar tanto a federados como a non federados, aló nos fomos, a participar na nosa primeira carreira de orientación a pé.

Xa que era a primeira vez para todos, e non sabíamos moi ben como se desenvolvían este tipo de probas, déronnos a opción de ir en parellas, a cal aceptamos, agás algún que outro valente que se animou a realizar a proba individualmente.

A miña parella foi Raquel, coa que me rin e disfrutei moito, atravesando barrizales, ríos, zonas de toxos e fentos, e sobre todo atopando balizas. Podedes ver o seu blog en : http://elmundoderachell.blogspot.com.es/

As dúas comezamos a carreira con moitas ganas, e unha vez atravesada a ponte que nos separaba do inicio do percorrido, todo foron boas experiencias. Atopamos a primeira baliza os poucos minutos de comezar e con moita facilidade, iso deunos moito animo para seguir con forzas a carreira. Algunha baliza resistíusenos máis que outra, pero polo xeral non nos resultou moi complicado atopalas, e fomos rexistrando o noso paso por cada unha delas coas pinzas que levamos atadas os nosos pulsos.




O realizar a carreira démonos conta de que a orientación deportiva, ademais de ser un bo deporte a nivel de mellora física, tamén é un deporte que nos permite disfrutar da natureza e, sobre todo, para os máis pequenos, é un deporte que axuda a tomar conciencia do respecto o medio ambiente.



Chegamos a meta esgotadas, pero moi contentas e co que parecía ser un bo tempo para ser a primeira vez. No meu caso, rematei a carreira en 53,35 m.




Para finalizar gustaríame recomendar este deporte a todo o mundo, xa que é un deporte barato, e moi moi divertido. Eu seguro que repito.


2 comentarios: