De novo nas pista, o pasado mércores a tarde,
realizamos a práctica de atletismo, e esta vez tocou avaliar o paso de valla dos nosos compañeiros e un pequeno
acercamento a marcha atlética.
Para comezar esta práctica, o igual que na anterior
sesión, por grupos, e seguindo unhas pautas marcadas por Eduardo, guiamos o
noso quecemento. (ver última entrada de atletismo, “Entrenamos nas pistas”).
Ainoha Pinedo |
Unha vez feito o quecemento comezamos a “marchar”, cada un a súa maneira, e
tendo en conta a técnica, xa que previamente, na clase, vimos os diferentes
aspectos desta especialidade atlética e visualizamos algún vídeo, que nos
axudou a hora de comezar a nosa experiencia persoal.
Tratábase de mesturar andar e marchar, en tramos
curtos, para ir entendendo e acostumando o noso corpo a este novo movemento.
Logo fixemos unha progresión que nos facilitou a
marcha. Consistía en andar aumentando a velocidade ata o punto de ter que
empezar a correr, e nese momento era onde tiñamos que comezar a marchar.
Démonos conta de que canto máis rápido marchabamos,
máis fácil era a súa execución.
Con esta toma de contacto feita pasamos a observar, en
grupos, aos nosos compañeiros, para axudarlles na súa execución, e para
axudarnos a nos mesmos a visualizar e interiorizar as diferentes partes e
movementos da marcha.
Os erros que puidemos ver foron:
- Falta de bloqueo do xeonllo.
- Flotación.
- Ombros elevados.
- Movemento de brazos esaxerado ou descoordinado.
- Brazos sen flexión de 90º.
- Tronco demasiado adiantado ou atrasado.
- Non apoiar a perna de ataque co talón.
A pesar de que non temos unha técnica correcta, nesta
sesión todos “marchamos”, e puidemos sentir esta nova experiencia que nos servirá
para analizar e comprender mellor a técnica.
Ademais de marchar, nesta sesión tamén avaliamos os
diferentes aspectos do paso de vallas dos nosos compañeiros, usando para elo
unha ficha de control de técnica de vallas que previamente elaboramos en grupos
e que podedes ver no apartado de “artigos e traballos”.
Na ficha hai varios puntos a valorar, e é imposible
que nunha soa pasada de vallas se podan valorar todos, polo que en cada paso de
vallas valoraríamos un ou dous. No noso grupo ocorréusenos que, xa que eran
moitas as veces que cada persoa tiña que pasar a valla, no canto de avaliar
todos os aspectos do paso de valla dunha persoa seguidos, o foramos facendo por
bloques, co cal nos iríamos roldando para pasar as vallas, e evitamos así a
fatiga.
Esta idea tamén se lle ocorreu a outro grupo de
compañeiros, e foi valorada positivamente polo profesor, o cal o final da
sesión, lle la comentou o gran grupo.
Con relación a isto, quería comentar que o noso
profesor o final de cada sesión reúnenos a todos e fai unha valoración final da
mesma, comentándonos aspectos de interese para todos que ocorreron no pequeno
grupo, ou simplemente facendo un resumo dos aspectos importante da sesión. Esta
avaliación final é imprescindible para facer postas en común e centrar a nosa
aprendizaxe.
Unha vez relatados os aspectos que considero importantes da pasada sesión paso a comentar os aspectos básicos da marcha:
MARCHA
O artigo 230 do regulamento da IAAF define a marcha
como unha progresión de pasos de maneira tal que o marchista se manteña en
contacto co chan, a fin de que non se produza perda de contacto visible (a
simple vista). A perna que avanza ten que estar recta, e dicir, non dobrada
polo xeonllo, dende o momento do primeiro contacto co chan ata que se atope en
posición vertical.
- Probas de marcha:
-
-20 km marcha (masculina)
-
-50 km marcha (masculina)
-
-10 km marcha (feminina)
- 2 principios fundamentais da marcha:
-
Contacto co cha
ininterrompido: Non existe fase aérea (diferenza fundamental con respecto a carreira).
Non se poden ter os dous pes no aire o mesmo tempo. Diversos xuíces situados o
longo do recorrido das probas encárganse de facer respectar esta regra e vixían
que o pe que avanza tome contacto co chan antes de que o pe retrasado se
separase do mesmo.
-
A perna que avanza, no
momento de tomar contacto polo pe co chan, ten que estar recta (non dobrada
polo xeonllo): Igual
que no anterior principio, os xuíces observarán si a perna permanece recta no
momento de tomar contacto co chan, ao menos un momento.
- Infaccións
Os marchadores que non se axusten a estes principios
serán advertidos e posteriormente descalificados (3 advertencias supoñen a eliminación
que se produce instantaneamente).
Os xuíces van equipados con unhas paletas nas que van
indicando ao atleta a infracción cometida. Déronse casos de eliminacións a poucos metros da liña de meta, xa que é
entonces cando os marchadores rozan máis claramente a infracción, xa que é
cando elevan o ritmo de marcha e forzan máis.
-Avisos
Os atletas teñen que ser avisados cando, polo seu modo
de progresión, corren o risco de incumprir os principios anteriores.
Seralles mostrada unha paleta amarela cun símbolo en
ambas caras segundo a irregularidade cometida.
Non poderán ser avisados pola mesma infracción dúas
veces polo mesmo xuíz. Cando se avisa a un atleta, o xuíz ten que informar de
esta acción ao xuíz xefe.
-Tarxetas
vermellas
Cando o xuíz observa a infracción, en calquera momento
da proba, o xuíz enviará unha tarxeta vermella ao xuíz xefe.
-Descalificación
Cando tres tarxetas vermellas de tres xuíces
diferentes foron enviadas o xuíz xefe do mesmo atleta, o atleta será
descalificado e e informado desta descalificación polo xuíz xefe mostrándolle
ao atleta unha paleta vermella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario