domingo, 10 de novembro de 2013

RUGBYTAG E MARCHA ATLÉTICA



O pasado venres tocou xogar e aumentar o noso coñecemento sobre o rugbytag.
Como en todas as sesión, para xogar a este deporte, dividímonos en grupos de cinco persoas e cada tres grupos xogamos nunha pista. Enfrontándose dous equipos ata marcar un tanto, momento no cal o equipo gañador queda no campo e o outro cambiase polo terceiro equipo, no cal un membro estaba a exercer de árbitro coa axuda dos compañeiros.
Recordamos entón as regras do rugbytag coas que estabamos a traballar:
  • Se un equipo logra facerlle tres tags seguidos ao equipo contrario, estes perden a posesión do balón.
  • O pase cara adiante do balón non está permitido, sendo este unha falta (adiantado), o igual que se un membro do equipo recibe un pase e se lle cae cara adiante. Perdendo a posesión do balón.
  • O respecto o árbitro e os compañeiros e imprescindible.
  • Cando se reinicia o xogo despois dun cambio de posesión farase co balón no chan e unha patada cara atrás, e os membros do equipo contrario deben estar diante a uns 2 ou 3 metros.
  • O árbitro pode dar avisos se non se respectan a regras e ata pode acabar expulsando ao xogador por incumprimento das mesmas, quedando o equipo con un xogador menos.
  • Non está permitido tirarse o chan para facer un ensaio, nin o contacto físico (placaxes)
  • Os bloqueos en rugbytag non están permitidos.
Pois ben, na pasada sesión, malia que non formen parte das regras do rugbytag, se non que son normas do ruggby, para animar o xogo e facerlo máis divertido, Eduardo introducíu a “melé” do rugby seven, e unha variante do “saque lateral “ou touche.

A melé do rugby 15 “o máis coñecido”, fórmase cos oito dianteiros de un equipo que se enfrontan, formando un bloque, e agachados, aos 8 dianteiros do equipo contrario.Pero no rugby seven, fórmase con tan so tres xogadores, e esta é a formación que nos usaremos para poñer o balón en xogo despois de producirse un “adiantado” por parte de algún dos dous equipos.

O medio melé do equipo que non cometeu a infracción tira a pelota a melé e ambos grupos de dianteiros empurran para que o xogador que está entre os pilieres, denominado “talonador” poda talonear a pelota e levala ao seu lado.

Ademais da melé tamén introducimos unha variante do “saque lateral” ou touch, que se realizará cando se por o balón en xogo despois de que este saise do campo.

Unha touch é unha formación onde ambos equipos colocan aos seus dianteiros en fila, unha de cara a outra e de fronte a liña do costado do campo, xeralmente onde saíu o balón. Unha vez colocados o talonador o equipo ao que non se lle saíu o balón tira a pelota ao centro de ambas filas, para que os equipos palmeen cara o seu lado e consigan o balón.

O balón é lanzado alto, para que entre dous componentes da fila levanten a outro e este palmee cara o seu lado. O equipo que lanza o balón ten a vantaxe de ter unhas consignas que o talonador dirá antes de lanzar o balón, e que lle indicarán ao seu equipo a que distancia lanza o mesmo.

Nos simplificamos este saque lateral, e tan so un componente de cada equipo será o encargado de saltar para palmear o balón.

Ben, despois destas sesións xogando a rugbytag algúns dos equipos xa son capaces de realizar estratexias de ataque e de defensa óptimas para este deporte.

Pasamos agora a falar da “marcha”, xa que o venres pasado tamén realizamos práctica desta modalidade.

Esta vez, cara comezar esta parte fixemos unha serie de xogos que irían dirixidos a que os nenos e nenas se familiarizaran e adestraran a “marcha”. 

Os xogos eran xa coñecidos pola maioría de nos, pero adaptados para traballar o que nos desexábamos. Un deles era o “pilla pilla”, e o outro o “pato pum”, onde os participantes están sentados en círculo e un deles anda o redor ata que lle toca a cabeza a un compoñente do grupo, o cal ten que levantarse e correr para logra pillar o seu compañeiro antes de que este de a volta completa e logre sentarse no seu sitio. 

Estes xogos adaptáronse engadíndolles unha única norma (realizalos marchando en vez de correndo), que os converte en xogos útiles para os nosos propósitos, que é que os nenos aprendan a “marchar” sen aburrirse.

É importante, ao tratar con nenos e nenas, que centremos os nosos esforzos en que estes se divirtan, ademais de que aprendan unha modalidade deportiva. Po iso os adestramentos non deben ser so puramente técnicos, se non que se necesita un compoñente lúdico.

Nesta mesma sesión tamén observamos nos nosos compañeiros, e en grupos, as diferentes partes da marcha (dobre apoio, tracción, relaxación e impulso). A práctica consistía en simplemente observar estas partes, pero as miñas ganas de axudar as compañeiras a mellorar a súa técnica, levábanme a corrixilas.

A última parte da sesión si que consistía en observar e dicirlle aos nosos compañeiros que é o que nos víamos que facían “raro”, ou incorrectamente, e no meu caso, un erro que cometía era a extensión do brazo esquerdo.

Paso agora a relatar a técnica da marcha:

Técnica da marcha

Dobre apoio: Esta fase dase cando ambos pes do atleta tocan o chan. O pe retrasado ten apoiada a parte anterior do metatarso e as falanxes, e o adiantado, que vai totalmente recto, ten apoiado o tarso (talón). A cadeira ten que estar totalmente recta.

Tracción: Nesta fase da técnica o atleta leva as cadeiras cara adiante ata que o centro de gravidade coincide coa vertical da perna de ataque (a cal ten que seguir recta) e iniciase o movemento dos brazos.

Relaxación: É o momento no cal as cadeiras se encontran sobre a vertical da perna adiantada, apoiada xa na totalidade da planta do pe.

Impulso: Nesta fase, o centro de gravidade sobrepasa a vertical da perna de ataque. A perna que realizou a fase de tracción realiza un impulso marcando a extensión do nocello, mentres que a outra, acompañada dunha rotación de cadeira, lévase cara adiante para volver novamente a fase de dobre apoio. 

O tronco tense que manter sempre vertical. As cadeiras realizan un movemento rotatorio ao compás do movemento das pernas, evitando variar a altura na medida do posible do centro de gravidade. Os brazos, pola súa parte, realizan unha función de equilibrio.







Ningún comentario:

Publicar un comentario