sábado, 16 de novembro de 2013

SALTOS: A batida e o agarre da pertiga


O pasado mércores comezamos a sesión práctica cun quecemento que tivo tres partes, a primeira, guiada por Eduardo e na cal ademais de activar o noso sistema orgánico practicamos a técnica de marcha, salto e carreira; unha segunda parte de movemento articular en grupos, e para finalizar, a terceira parte, tamén en grupos, na que realizamos exercicios de estiramento. Os exercicios foron os seguintes:
Marcha
  • Tratábase dunha progresión, na que comezábamos andando aumentando a velocidade ata a punto de ter que marchar, e rematábamos correndo. A volta a liña de saída era con trote, e será así en todos os exercicios.
Técnica de carreira
  • Aquí realizamos unha progresión onde comezamos andando, e aumentando a velocidade rematamos correndo a máxima velocidade.
  • O segundo exercicio de técnica de carreira consistiu en realizar o mesmo que no exercicio anterior pero esta vez dirixiríamos a mirada a un travesaño situado ao fondo e fronte a nos, para así corrixir a nosa posición da cabeza.
  • O seguinte exercicio tamén foi realizado partindo do primeiro e engadindo unha maior lonxitude de zancada.
  • E para finalizar cos exercicios de técnica de carreira, tamén partindo do primeiro exercicio engadimos unha maior frecuencia de zancada.
Comezando con salto
  • O exercicio consistía en dar dous pasos curtos e un terceiro máis longo. Unha vez realizado o exercicio repetímolo pero esta vez realizando os pasos curtos notablemente máis curtos que o terceiro.
Mobilidade articular
En grupos de seis, escollemos dez exercicios para mobilizar todas as articulacións do corpo. O exercicio tiña que seguir un orde, por exemplo, comezando polos nocellos e rematando na cabeza.
Estiramentos
Aquí entre o grupo escollemos exercicios para estiran os principais músculos das pernas (isquiotibiales, cuadricep e xemelgos), que serían os que máis usaríamos nos exercicios posteriores.
Ben, ata aquí vimos o quecemento, e a partir de aquí comezamos cos saltos, e en particular coa batida.
Para comezar a introducirnos no mundo dos saltos realizamos os seguintes exercicios:
  • O primeiro exercicio, xa o realizamos na parte de quecemento, pero esta vez utilizámolo para coñecer cal é a nosa perna de ataque. Tratábase de dar tres pasos, no que os dous primeiros eran curtos e o terceiro curto. Unha vez realizabámolo comezando coa perna dereita e outra ca esquerda, dándonos conta deste xeito de cal era a nosa perna de batida .
  • Correndo en semicírculo rodeando os conos chegamos fronte a valla lateralmente, e batindo coa perna exterior saltamos a valla. Primeiro pasa a perna que non batiu (a interior) e logo a de batida, ambas estiradas. Para este exercicio e o seguinte o grupo dividiuse en dous subgrupos (os que batian mellor coa dereita, e os que batian mellor coa esquerda), e cada un traballou nun dos lados, cambiando despois os postos, para que todos traballásemos coa perna de batida boa e coa mala.
  • Correndo de novo, pero esta vez dende o lateral, batimos coa perna interior (a que máis preto estaba da valla) e facendo un xiro pasamos a perna de impulso e logo a de batida.
Para finalizar, mentres un dos grupos practicaba os exercicios anteriores, o outro aprendía a maneira de coller a pértiga, e ademais, tamén fixemos de mestres ensinándolles aos nosos compañeiros a collela. Logo intercambiamos os roles.
Resulta moi útil, e quizais imprescindible, a hora de manexar un grupo grande, a división do mesmo realizando os mesmos exercicios, ou como é o caso a división do mesmo realizando exercicios diferentes e logo intercambiando o roles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario