sábado, 16 de novembro de 2013

NATACIÓN: Braza, espalda e mariposa

Na última sesión de natación practicamos a brazada e a patada de braza, ao estilo espalda, e achegámonos un pouquiño ao estilo mariposa.
Comezamos pois con braza e realizamos os seguintes exercicios:
Pernas de braza e brazos de espalda
  • Medio largo a braza fixándonos na patada, e medio largo espalda con movemento rápido de brazo e fixándonos na acción dos brazos.
Brazadas de braza (exercicios para non parar os brazos diante do peito se non no momento no que están estirados
  • O primeiro exercicio consistía en nadar braza centrándonos en corrixir a parada de brazos que
    facemos o recoller os mesmos, e en facela cos brazos estendidos.
  • Como este exercicio nos custou bastante a todos o seguinte consistiu en realizar o mesmo pero cando os brazos están estendidos parar así uns segundos, e así interiorizar que onde se paran os brazos e nese momento, non na recollida.
  • Nadamos braza centrándonos nos brazos con patada de crol, para que nos resultase máis fácil atender a acción dos brazos.
  • E para finalizar cos brazos de braza realizamos un exercicio que consistía en facer dúas patadas por cada brazada, facendo a segunda patada cos brazos estirados.
Espalda
  • Nadamos medio largo nadando a espalda con un brazo solo, centrándonos en facer un bo rolido, e
    unha boa acción de brazos, e o outro medio largo co outro brazo.
  • Nadamos de espalda, esta vez usando xa os dous brazos, e centrándonos en realizar unha boa técnica.
  • Realizamos, de espalda, un zimbreo co corpo movendo as cadeiras e non os xeonllos. Os brazos ían estirados por riba da cabeza e ben xuntos a mesma, colocando unha palma da man sobre a outra, malia que se isto era moi complicado, tamén se podían levar o longo do corpo pegados a este.
Mariposa
  • Nadamos a mariposa como nos sabemos, sen pensar en técnica, e levando os dous brazossimétricos.

  • Este exercicio é igual que o anterior pero unha brazada realizase sacando a cabeza e a outra con ela dentro, para facilitar o recobro dos brazos.
  • Nos exercicios anteriores realizábamos largos completos, pero no memento no que cansábamos dabámonos a volta e facíamos o exercicio de zimbreo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario