O pasado martes, David, Gustavo e eu realizamos a
sesión de habilidades motrices básicas que podedes ver no apartado de artigos e
traballos da dereita, e agora realizarei unha autoavaliación da mesma, tendo en
conta a información que nos deu Eduardo:
Comezaremos polos aspectos
previos a sesión:
- PREVER A DISPOÑIBILIDADE DE
ESPAZOS E MATERIAL
Como nos esquecemos de informar a
Eduardo de que precisábamos o pavillón para levar a cabo a sesión, xerouse un
pequeno problema. O pavillón estaba ocupado, pero grazas a boa relación que
existe entre Eduardo e os outros mestres do centro, os cales nos cederon o espazo,
foi posible seguir adiante.
Isto pon de manifesto a importancia
de manter unha boa relación entre os teus compañeiro de profesión.
- USAR A COLOCACIÓN DO MATERIAL
COMO ALGO EDUCATIVO
Na nosa sesión había que montar un
circuíto, e o que nos tíñamos pensado era telo montado antes da mesma, pero
como nos tocou impartila xusto o comezo da clase, sumado ao problema da
instalación, decidimos ir montando o circuíto entre David e eu mentres Gus
dirixía o quecemento, malia que sabemos que nunha situación normal non
contaríamos con ninguén que non axudase.
O que non se nos ocorreu, foi que os
propios participantes, neste caso os nosos compañeiros, nos podían haber
axudado, usando así a colocación do material como algo educativo.
En canto ao quecemento:
- TER MOI EN CONTA A IDADE E A
FASE DE APRENDIZAXE DOS PARTICIPANTES PARA ELEXIR OS CONTIDOS E A FORMA DE
TRABALLALOS
Neste caso tratábase dunha sesión
introdutoria ao mundo do atletismo, tendo como obxectivo principal a mellora
das habilidades motrices básicas, indispensables para o posterior aprendizaxe
técnico específico. Por iso deberíamos haber escollido un quecemento máis ameno
e menos técnico.
Pasamos agora a fase principal:
- TER EN CONTA A IDADE DOS
PARTICIPANTES PARA ADECUAR A INFORMACIÓN DADA.
Como os participantes eran os meus
compañeiros de clase, din unha información demasiado técnica ao principio da
sesión, non tendo en conta que eles nese momento estaban a facer de nenos de
8-9 anos.
Para comezar o circuíto conteilles
que íamos mellorar as habilidades motrices básicas, que serían, reptar, saltar,
correr... e non debería haber especificado tanto, xa que se trataría de nenos e
nenas.
- FACER UNHA SESIÓN DINÁMICA
Como cada 2 voltas os participantes
paraban para cambiar a actividade de algunha estación, a sesión resultou pouco
dinámica.
O circuíto tiña dúas filas, polo que
unha sesión sería aumentar o número de filas colocando máis material, pero esta
opción neste caso non sería viable, xa que non tíñamos suficiente material.
Pero o que si poderíamos haber feito, co mesmo resultado sería menos cambios de
actividades, polo tanto menos paradas e máis voltas seguidas.
- SER FLEXIBLE A HORA DE
DESENVOLVER A SESIÓN
O comezar a realizar o circuíto dinme
conta de que unha das estacións (a dos balóns) entorpecía a progresión do
grupo, xa que era unha estación que levaba máis tempo que as outra, polo que
decidín suprimila.
Aínda que teñamos todo moi ben
planificado, sempre temos que estar abertos a facer cambios sobre a marcha,
para mellorar a sesión.
- A DIVISIÓN DE GRUPOS COMO
ESTRATEXIA METODOLÓXICA
Na actividade de desprazamento a tres
pes o grupo tiña que dividirse en grupos, e no noso caso deixamos que se formases
espontaneamente e como lles pareceu aos participantes, pero é importante tamén
usar a división dos grupos como un instrumento, utilizándoo así para lograr os
obxectivos propostos.
Deuse na sesión unha situación óptima
para utilizar o handicap, xa que da actividade da que falaba antes un dos
grupos sempre chegaba o último. Aquí poderíamos haber dado unha vantaxe a ese
equipo, ou algunha traba aos outros, para igualar as opcións de ganar, e así
motivar a todos os participantes.