“Aprende dos teus erros para poder gozar ao máximo de
cada un dos teus triunfos”.
Mireia Belmonte
De novo
falarei dos progresos e os exercicios que cada luns realizamos na piscina.
O pasado
luns repetimos algúns dos exercicios que xa sabíamos para ir interiorizándoos e
tamén realizamos novos exercicios para seguir progresando na nosa aprendizaxe.
O primeiro
exercicio é un dos xa coñecidos, o de nado
a braza fixándonos nas pernas. Recordareivos que neste exercicio formábamos
grupos segundo as dificultades de cada quen a hora de realizalo, pois ben, o
pasado luns xa quedaba moi pouca xente no grupo das persoas que non eran
capaces de realizar ben a patada de braza.
Eu, este
luns terei que volver a este grupo para repasar a miña patada, xa que, malia
que dende o primeiro día parecía que non tiña ningunha dificultade, Eduardo,
nesta clase, fixouse en que a hora de realizar a patada a perna esquerda non ia
correctamente. Quizais era a causa do cansazo ou quizais non tiña a patada ben
interiorizada.
Aquí deixo un vídeo onde se ven moi ben os movementos de braza en cámara lenta, e outro onde podemos ver aos nadadores en plena ácción.
Quero destacar aquí que, como nos comentou Eduardo, é realmente importate para analizar e comprender calquera técnica dun deporte velo dente todos os ángulos e planos posibles, e tamén en cámara lenta, e co seu movemento normal.
100 m. braza. Record España
Para o
segundo exercicio colocamos as aletas que nos facilitan o desprazamento e
evitan que nos cansemos rapidamente, polo que podemos fixarnos mellor nos nosos
movementos.
O exercicio
era tamén coñecido para nos, pero esta vez realizámolo moito mellor que a vez
anterior. Consistía en nadar boca arriba
levando os ombros ao queixelo alternativamente, esaxerando o xesto, para
así lograr facer correctamente o rolido.
Posteriormente,
e como ampliación do exercicio anterior, nadamos da mesma maneira pero esta vez
engadimos o movemento cun brazo. E
dicir, nadamos boca arriba, levando o ombro ao queixelo, pero cun dos brazos
seguimos o movemento facendo o recobro e a tracción do mesmo, fixándonos en
levar o brazo estendido e cerca da cabeza a hora de introducilo na auga. Tamén
era importante fixarnos en que a palma da man saíra da auga mirando cara o
corpo e na metade do recobro cambiara de sentido entrando primeiro na auga o
dedo meñique. Ao rematar o largo cun brazo fixemos a mesma actividade co outro.
E como non ao final realizamos a actividade cos dous brazos, facendo así o movemento completo de natación de
espaldas.
É importante
que os exercicios ademais de realizalos a modo para mellorar a técnica, tamén
se realicen como realmente serían, cun movemento continuo e rápido, por iso,
para rematar este exercicio nadamos medio
largo de espalda de forma rápida e continua, volvendo ao lugar de partida nadando
a braza.
Por último
practicamos as zambullidas, e realizamos
8 largos libres, e dicir, escollendo
nos o estilo que queríamos nadar en cada largo.
Por agora ahí o deixamos, pero seguireivos comentando os nosos luns de piscina.
Por agora ahí o deixamos, pero seguireivos comentando os nosos luns de piscina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario