sábado, 12 de outubro de 2013

NOVAS REGRAS DE RUGBYTAG

“O rugby é un deporte de vándalos xogado por cabaleiros” 

 Winston Churchill

Xa vos comentei na primeira entrada sobre o rugbytag que para que unha persoa aprendese facilmente un deporte era imprescindible ir introducindo pouco a pouco as regras, para facilitar a súa asimilación. Pois ben, comezarei falando das novas regras do rugbytag que fomos aprendendo nas prácticas deste deporte, e da metodoloxía que Eduardo usou para ensinárnolas.

Igual que os días anteriores dividimos o gran grupo en dous subgrupos para ocupar os dous terreos de xogo. A súa vez os subgrupos divídense en tres mini grupos de catro ou cinco persoa que forman un equipo. Dous equipos enfróntase mentres un membro do terceiro equipo exerce de árbitro axudado polos seus compañeiros. Cando un equipo fai un ensaio, o equipo perdedor cambia os papeis co equipo que facía de árbitro.

Como xa comentei na primeira entrada sobre rugbytag esta forma de posta en acción fai que os equipos se autoxestionen e traballen por si sos, coa supervisión do mestre.

Que os nenos asuman o papel de árbitro fará que aprendar logo a respetar aos seus compañeiros cando lles toque o seu turno, así como o resto de árbitros tanto deste como doutros deportes.



Esta vez, comezamos xogando coas regras que xa coñeciamos para refrescar a memoria e ir asimilandoas:



  • Se un equipo logra facerlle tres tags seguidos ao equipo contrario, estes perden a posesión do balón.


  • O pase cara adiante do balón non está permitido, sendo este unha falta (adiantado), o igual que se un membro do equipo recibe un pase e se lle cae cara adiante. Perdendo a posesión do balón.


  • O respecto o árbitro e os compañeiros e imprescindible.


  • Cando se reinicia o xogo despois dun cambio de posesión farase co balón no chan e unha patada cara atrás, e os membros do equipo contrario deben estar diante a uns 2 ou 3 metros.


  • O árbitro pode dar avisos se non se respectan a regras e ata pode acabar expulsando ao xogador por incumprimento das mesmas, quedando o equipo con un xogador menos.


  • Non está permitido tirarse o chan para facer un ensaio, nin o contacto físico (placaxes)


E segundo avanzou a práctica surxíu  a necesidade no noso grupo de introducir novas normas, xa que un dos meus compañeiros, utilizando os seus coñecementos adquiridos noutros deportes intentou abrirlle paso ao seu compañeiro de equipo con balón, bloqueando a un adversario. O que non sabíamos e que os bloqueos en rugbytag non están permitidos.

Como podemos ver, outra maneira de aprender a xogar é xogando e cometendo “erros” para ir corrixíndoos e introducindo así novas normas.

Esta nova regra introduciuse en un dos subgrupos, polo que o final da sesión Eduardo xuntou ao gran grupo para comentarllo a todos os participantes, e así o próximo día de práctica de rugbytag todos comezaremos a xogar incluíndo esta nova norma.

Este deporte, ao igual que o ruggby son de admirar polo respecto que se ten tanto as regras como ao árbitro e aos compañeiros, así como por outros moitos beneficios que aporta os cales citarei a continuación:


Beneficios da práctica de rugby (segundo capacidades)




  • Deporte socializante: é evidente pola natureza do propio xogo (representa as interaccións entre individuos semellantes, como sucede en calquera grupo de práctica).
  • Deporte de axuda constante: é necesario cooperar entre compañeiros para poder conseguir o obxectivo, xa que é difícil oporse un só ao outro equipo.
  • Deporte que desenvolve a potencia e os movementos naturais. Non existen técnicas estereotipadas no xogo vivo.
  • Deporte de gran versatilidade docente: pódese utilizar para educar aspectos moi diversos doutras prácticas.
  • Deporte de gran demanda de capacidade, tanto física como intelectual.
  • Deporte de demanda de sacrificio.
  • Deporte de formalismos educativos e de respectos: axuda a paliar un dos riscos extrínsecos á propia natureza do deporte.
A NIVEL CONDICIONAL: O limiar de adaptación é tan baixo nos nenos que calquera práctica que realicen provocará adaptacións significativas en case todos as capacidades condicionais. Aínda que fundamentalmente (se adaptamos as dimensións do campo), provocará efectos significativos na forza: Resistencia á forza rápida e forza de tracción do tren superior.

A NIVEL COORDINATIVO: Desenvolvemento de capacidades perceptivas (coordinación de patróns psicomotores): Disociación pelvis-tronco (por exemplo, permite correr cara adiante e virar o tronco para pasar cara atrás); desenvolvemento de capacidades perceptivas superiores (aquelas que se atopan nos niveis superiores do sistema nervioso: 3ª unidade funcional de Luria), como a capacidade de estructuración espacial, por exemplo, para aprender a distribuírse no campo de forma eficaz para o xogo; capacidade de coordinación espazo-temporal; por exemplo, no xogo despregado para a ocupación eficaz do espazo necesario para lograr a circulación do balón (boa circulación do balón)

A NIVEL PSICOLÓXICO E SOCIOLÓXICO: Sobre todo a nivel sociolóxico, pode supor un medio válido de socialización en idades temperás, pois traballa funcións e comportamentos necesarios para vivir en sociedade como a colaboración, o respecto polas normas e a autoridade que as xestiona, ou o respecto aos contrarios; en idades adultas xa non se cumpre está función pois xa esta madurada e neste caso o que sucede é manifestarse o grao en que estas capacidades foron alcanzadas
.
ANIVEL AFECTIVO: Traballa cuestións tan importantes como a capacidade para tomar decisións, ou o equilibrio entre a aceptación da derrota e a vitoria, ou a axuda aos compañeiros en situacións do xogo. Tamén a desinhibición ao contacto cos demais (agarrar, traccionar, etc.). 

Beneficios recopilados da páxina: https://sites.google.com/site/elrugbyenlaescuela/home



Ningún comentario:

Publicar un comentario