“Si fallas en prepararte, estás preparado para fallar”.
Mark spitz
O pasado
luns seguimos aprendendo e perfeccionando a nosa técnica de natación, e
fixémolo realizando unha serie de exercicios.
O primeiro
foi, igual que o resto de luns, o exercicio de práctica e asimilación da patada
de braza, xa relatado en anteriores entradas.
Tamén, o
igual que os anteriores días fixemos a división entre os que xa a tiñan
asimilada, polo que o seu traballo sería practicala para mecanizala, e os que
aínda non logran realizala con soltura.
Continuamos
cun exercicio xa coñecido para nos, pero engadíndolle a utilización dunha táboa
que axuda a flotación.
Collendo a
táboa por un estremo coas dúas mans, a tarefa consistía en:
·
As persoas que xa dan respirado medianamente ben por
ambos lados nadarían, sen soltar a táboa, medio largo respirando por un lado en
todos os ciclos, e medio largo polo outro.
·
As persoas que teñen controlada a respiración por un
lado, pero polo outro non son capaces de respirar con soltura, sen soltar a
táboa tiñan que nadar respirando os primeiros ciclos polo lado malo e o resto
do largo polo outro.
·
As persoas que aínda non respiran con soltura por
ningún dos dous lados tiñan que nadar coa cabeza mergullada ata que se sentisen
preparados para facer unha ou dúas respiración, e pararían a repoñerse para
volver a repetir o exercicio.
Xa que esta
vez non contábamos coa axuda de aletas o número de repeticións desta tarefa foi
menor ao dos outros días, xa que incluso coa axuda da táboa o esgotamento era
notable. E cun esgotamento notable non hai unha boa execución da técnica, polo
que o exercicio non tería sentido.
O seguinte
exercicio tiña como fin mellorar a técnica de espaldas e usando tamén a táboa
para reducir o esgotamento e mellorar a flotabilidade, fixemos uns cantos
largos de espaldas coa táboa agarrada por un estremo e os brazos estirados o
longo do corpo, fixándonos en mirar o teito e en levar o corpo o
suficientemente elevado como para facer unha leve espumiña coa punta dos pes.
Unha vez
asimilado este exercicio engadiriamos a acción dos brazos, facendo metade do
largo cun brazo e a outra metade co outro brazo. Aquí fixámonos en que o brazo
entrase estirado, e non moi lonxe da cabeza.
O igual que
o exercicio de respiración de crol, neste tamén nos esgotamos en poucos largos,
e a técnica deixou de mellorar, polo que cambiamos de exercicio, e esta vez
tocoulle as “zambullidas”.
Para a
realización das “zambullidas” tíñamos que ter en conta que se o corpo entraba
na auga demasiado verticalmente tardariamos moito máis en saír a superficie, e perderíamos
por tanto eficacia.
Tamén
tíñamos que colocarnos cos brazos estirados por riba da cabeza, e o queixelo
pegado ao peito, para unha mellor execución.
As persoas
que aínda non sabíamos tirarnos de cabeza, o luns anterior comezamos a facelo
cun xeonllo apoiado no chan, e este luns fomos subindo o corpo ata que o final
da sesión, a maioría de nos xa nos tirábamos dende a posición idónea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario