“Tus probabilidades de éxito aumentan cada vez que lo intentas”
Mireia Belmonte
Como afirma a nadadora Mireia Belmonte
canto máis o intentemos e máis practiquemos mellor nadaremos, e maior será o
noso éxito, por iso, nos, os alumnos do ciclo TSAFD de Lugo, todos os luns imos
a piscina a seguir progresando.
Pouco a pouco todos nos imos
sentindo máis a gusto dentro da auga, e mellorando o nosa técnica de natación.
O luns pasado comezamos a sesión
igual que o luns anterior, dividíndonos en dous grupos para practicar a patada
de braza. O grupo con máis dificultades para a comprensión deste tipo de patada
estaba con Eduardo aprendendo primeiro simulando a patada e a posición dos pes
fora da auga e logo dentro. O outro grupo estaba con Juan e estes xa nadaban
medio largo a braza, fixándose na posición das pernas e dos pes, e medio a
espalda, para ir recuperando folgos e familiarizándose con este estilo.
A diferenza da primeira sesión,
nesta xa houbo moitos compañeiros que cambiaron de grupo e pasaron a nadar
medio largo a braza e medio a espalda, o que nos da a entender, que con unha
boa progresión, práctica e ganas podemos mellorar rapidamente.
De novo, nesta sesión practicamos a
respiración por ambos lados en crol, e se recordades, todos tíñamos que
respirar en cada ciclo pero cada persoa facía un exercicio diferente dependendo
das súas dificultades. Os que tiñan controlada a respiración por ambos lados
nadarían medio largo respirando por un lado e medio polo contrario. As persoas
que lles custaba un pouquiño máis respirar por un dos lados, tiñan que respirar
as primeiras veces por ese lado e logo respirar polo outro o resto do largo. E
por último as persoas que aínda non eran capaces de sacar a cabeza con soltura
por ningún dos lados, tiñan que nadar sen sacar a cabeza ata que estivesen
preparados, entón sacaríana unha ou dúas veces, pararían e repetirían de novo o
exercicio controladamente. Todo isto coa axuda das aletas, que fan todo máis
sinxelo.
Todos estes exercicios o primeiro
día realizámolos todos xuntos, cada un pola rúa que quixo, pero esta vez
fixemos unha separación física, e dicir en cada rúa realizaríase un exercicio,
así Eduardo e Juan puideron centrarse mellor naquelas persoas que tiñan máis
dificultades.
Outros exercicios que realizamos
todos xuntos forón:
- Boca arriba nadar levando o ombro ao queixelo alternativamente, cada vez cun ombro distinto. Así practicamos a técnica de nado a espalda.
- Boca arriba, cos brazos pegados ao corpo e este ríxido, desplazarnos cun movemento de cadeira tentando non dobrar moito os xeonllos. Así empezamos a ver e a practicar un novo estilo para nos que é a mariposa.
- Boca abaixo e coa axuda dunhas tablas que agarrabamos coas mans e nos axudaban a flotar repetimos o exercicio anterior, centrándonos no movemento de cadeira. Así progresamos na técnica de mariposa
- Xa sen tabla e movendo os brazos a vez como nos parecese e as pernas como aprendemos, intentamos simular o nado de mariposa. A verdade e que foi todo unha experiencia.
- Por último, aprendemos, ou practicaron os que xa sabían facelo, o salto para entrar na piscina. Os que xa sabían facelo puxéronse a parte e fixeron uns cantos saltos antes de irse, e os que non sabíamos quedamos con Eduardo que nos ensinou como empezar a prácticar.
Logo algúns xa nos atrevemos a levantar un pouco o xeonllo que estaba apoiado no chan e facer un salto dende máis arriba.
A verdade e que non é algo que me resulte agradable, pero seguro que é cuestión de intentalo e practicalo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario