domingo, 13 de outubro de 2013

PROGRESAMOS EN ATLETISMO: Carreiras, relevos e vallas




“A xente pregúntame por que corro. Eu dígolles: por qué deixastedes de correr?”


Jeremy wariner


Correr é algo natural, innato, pero a correr ben, de forma efectiva hai que aprender. Por iso na última sesión práctica de atletismo repetimos os exercicios de técnica de carreira da sesión anterior, así como a observación dos nosos compañeiros correndo e a corrección dos aspectos que víamos que se podían mellorar.


Na última sesión tamén aprendemos o funcionamento das carreiras de relevos, e fixémolo dividíndonos en pequenos grupos. Cada grupo colocado nunha rúa da pista, primeiro tivemos que, sen movernos do sitio, e ben colocados (o primeiro relevista corre pola esquerda levando o relevo na man dereita, o segundo relevista recibe o testigo no lado dereito ca man esquerda, o terceiro relevista recibe o testigo no lado esquerdo e ca man dereita, e o cuarto relevista recibe o testigo no lado dereito coa man esquerda e finaliza a carreira), pasarnos o testigo “de arriba abaixo”.



Como vemos na foto, para pasarnos o testigo correctamente, o relevista de adiante estende o brazo cara atrás e lixeiramente arriba, coa palma aberta e o pulgar separado, a sinal do seu compañeiro, o cal deposita o testigo na man do primeiro con un movemento de arriba a abaixo. O relevista que vai diante nunca mira cara atrás.


Outra maneira de pasar o testigo que tamén practicamos en estático é “de abaixo a arriba”, que se realizaría da mesma maneira que o anterior, coa diferenza de que o relevista de adiante non estende tanto o brazo cara atrás, e o relevista que pasa o testigo faino con un movemento de abaixo a arriba.

Unha vez practicado en estático, probamos a facelo en movemento, pero moi a modo. Aquí vimos que en movemento e máis difícil a coordinación entre os dous relevistas.


Cando xa fomos automatizando este movemento e o tíñamos medianamente controlado, Eduardo marcou con conos a chamada prezona e a zona, para facer cambios de testigo, pero esta vez en sping, como se faría nos campionatos.


A Prezona e a área que utiliza o receptor para coller a velocidade óptima para realizar o intercambio , e ten 10 m. de lonxitude. E a zona, e a área onde se fai o intercambio do testigo, tendo esta unha lonxitude de 20 m. Se un corredor entrega o testigo fora desta zona quedara descalificado.



Pois ben, como xa dixen, Eduardo acotou estas dúas zonas, e nos por parellas realizamos os ensaios, baixo a súa supervisión para corrixir os erros que tíñamos.


Os erres máis comúns foron os seguintes:


  • O corredor receptor saca o brazo dende o momento no que empeza a correr.

  • O corredor receptor da a volta durante a acción de cambio.

  • O relevo efectúase fora da zona.
  • O corredor receptor comeza a correr antes do devido.

  • O corredor receptor non colle a velocidade adecuada no momento do cambio.

  • O corredor portados a vez que da a sinal estira o brazo, sen esperar a ver a man do receptor.

O rematar esta práctica de relevos moitas das parellas xa facían perfectamente o cambio de testigo.


Por último practicamos o paso de vallas. Se recordades na última sesión fixéramos uns exercicios de paso de valla andando, coa perna de ataque por riba da valla e a outra por fora e o contrario. Por ben, esta vez, fixemos o mesmo pero pasando as dúas perna por riba da valla.


Isto, o igual que na anterior sesión mesturámolo con paso de valla correndo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario