Para comezar esta entrada teño que
dicir que buscando
información sobre a orientación deportiva atopei a seguinte guía de aprendizaxe
de orientación, que me pareceu moi completa e interesante, tanto para aprender
orientación, como para aprender a ensinala: “Carreras de orientación. Guía de
aprendizaje (color)” escrita por Carol McNeil, Jean Cory-Wright e Tom Renfrew.
Se vos interesa este deporte, tanto para practicalo como para ensinalo recoméndovos
que lle votedes unha ollada.
Ben, despois de dar os primeiros pasos nas anteriores
sesións de orientación, tocou aprender a orientar o mapa coa axuda do compás, e
para elo Eduardo levounos a un parque preto do instituto e despois de
explicarnos como orientar o mapa, establecer e seguir un rumbo, en grupos
pequenos pasamos a comprobar si éramos capaces de facelo, e a volta se non nos quedara claro Eduardo por
grupos volvíanolo a explicar.
Paso agora a explicar como se establece un rumbo co
mapa e o compás, como se segue e como se orienta un mapa co compás.
Como obter e
calcula un rumbo no plano
PASO 1
Unir o lugar do plano onde estou co punto do plano onde
quero ir cun dos bordos longos do compás,
tendo coidado de que a frecha de
dirección debe sinalar en dirección ao lugar ao que decidimos ir.
PASO 2.
Virar o limbo ata que as liñas de meridiano do compás coincidan
ou sexan paralelas cas liñas de meridiano do plano. Temos que prestar atención
a que a frecha Norte sinale na mesma dirección que as frechas de Norte que ten
o plano.
PASO 3.
Levántase o compás do mapa e mantense na man, nivelada
horizontalmente. Viramos sobre nós mesmos ata que o Norte dela agulla magnética
(parte vermella), coincida coa frecha Norte do limbo. A dirección a seguir
viranos dada pola frecha de dirección.
Como seguir un
rumbo
Unha vez achado o rumbo onde se atopa o punto cara a
onde queremos dirixirnos emprégase o compás da seguinte forma:
Manterémolo nivelado horizontalmente na nosa man e apuntando
a dirección que temos que seguir asegurarémonos de que a agulla magnética coincida
coa frecha norte e ambas sinalen ao norte con relación ao mapa. A continuación
unha vez observado no compás onde sinala a frecha de dirección levantaremos a
vista e trataremos de localizar un obxecto destacable no terreo tan lonxe como
nos sexa posible.Para aproximarse ao obxecto tratarase de elixir a ruta mais
sinxela e tratar de evitar obstáculos que poidan desviar a atención do
orientador posta no obxecto. Unha vez chegado ao obxecto seleccionado,
repetiremos a operación ata alcanzar o punto desexado.
Como orientar o
mapa
O que pretendemos é colocar o mapa de tal maneira que,
dende o lugar onde esteamos situados, os detalles do mapa estean aliñados cos
do terreo. Esta operación levarémola a cabo co compás da seguinte maneira:
1. Colocar o plano sobre unha superficie o mais
horizontal posible, e pór o compás sobre
o mapa.
2. A continuación viramos o compás e o mapa xuntos ata
que a agulla se atope paralela cos meridianos e o norte da agulla estea dirixido
cara ao norte do mapa.
3. Levantamos o compás sen mover o mapa da posición na
que estaba, e este queda xa orientado.
Rematada a parte de orientación co compás, pasaremos a
ver a orientación en score, que foi a última práctica que realizamos de
orientación.
Ata agora a orientación a que estábamos acostumados
era a orientación “punto a punto”, na que nos daban un mapa con uns puntos
marcados os cales había que seguir en orde, pero na última práctica aprendemos
que tamén existe a orientación en score na cal se da un tempo fixo
para encontrar tantos controles como sexa posible na orde que se queira.
Cada baliza terá unha puntuación determinada e pódese
marcar unha penalización para os participantes que sobrepasen o tempo
estipulado.
O gañador é a persoa que finaliza con maior
puntuación, e no caso de empate gañaría o que finalizase no menor tempo
posible.
Pois ben, despois de darnos as explicacións
pertinentes, e un mapa cos diferentes controles marcados, Eduardo estableceunos
un tempo de 20 minutos para a realización dunha carreira polo parque.
Esta carreira nun principio era individual, e houbo
xente que así a fixo, e cuxo obxectivo era gañar, pero tamén houbo outras
persoas que preferiron facer a carreira en parellas ou grupos, e cuxo obxectivo
era goza da mesmo ou aprender e asimilar a orientación do mapa xa que aínda non
o tiñan ben interiorizado.
Unha diferenza notable entre as carreiras “punto a
punto” e as carreiras score é que nestas últimas hai que tomar moitas decisións
das que dependeran o gañar ou o perder, como poden ser, a orde na que se vai ir
buscar as balizas (as de maior puntuación primeiro, as de máis lonxe, as de
máis preto...), si ariscar a ir a por unha baliza e chegar fora de tempo a meta
co cal che restaran os puntos estipulados...
Esta proba de orientación persoalmente pareceume moi
entretida, e quizais me guste máis que a orientación “punto a punto”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario