Esta entrada irá dedicada
aos beneficios do deporte para os nenos e nenas e o exercicio físico para as
persoas maiores. Creo que é interesante que todo o mundo coñeza estes
beneficios para que comecen a activar o seu corpo e non teñan unha vida
sedentaria.
Beneficios
do deporte para os nenos
- Introduce ao neno na sociedade
- Axúdalle a abrirse aos demais e superar a timidez
- Frea os impulsos excesivos
- Fomenta no neno a necesidade de colaborar por enriba do individualismo
- Faille recoñecer, aceptar e respectar que existe alguén que sabe máis que el.
- Mellora a coordinación xeral
- Aumenta as súas posibilidades motoras
- Favorece o crecemento dos osos e os músculos
- Pode corrixir posibles defectos físicos
- Potencia a creación e regularización de hábitos
- Desenvolve o pracer polo movemento e o exercicio
- Estimula a hixiene e a saúde
- Ensínalle a ter certas responsabilidades
Beneficios
do exercicio físico nas persoas maiores
- Reduce a incidencia de todas as enfermidades cardiovasculares en xeral, mediante a diminución e prevencións dos factores de risco asociados.
- Axuda a manter un balance nutricional e metabólico máis adecuado, reducindo o risco de síndrome metabólico.
- Retrasa a resistencia a insulina asociada co envellecemento polo que a incidencia de obesidade e diabetes tipo II neste grupo da poboación redúcese.
- Reduce a perda mineral ósea, ao potenciar a actividade hormonal osteoblástica e o proceso de remodelación ósea.
- Reduce o risco de sufrir fracturas.
- Favorece o fortalecemento muscular, o que afecta directamente a funcionalidade física do individuo.
- Redúcese o risco de caídas, especialmente mediante o fortalecemento muscular e a mellora do equilibrio, coordinación e axilidade.
- Reforza o sistema inmune do maior.
- Reduce a incidencia de algúns tipos de cancro, especialmente os de mama, colon e páncreas.
- É unha ferramenta eficaz para controlar a fatiga subxacente no proceso de recuperación do cancro.
- Reduce a dor musculoesquelética asociada ao envellecemento.
- Protexe fronte a osteoartritis.
- Principalmente como consecuencia paralela das melloras vasculares ocasionadas polo exercicio aeróbico, mellora a función eréctil do maior e favorece unha mellor resposta sexual.
- Incrementa e conserva a función cognitiva.
- Protexe fronte o risco de desenvolver demencia ou Alzheimer.
- Produce un incremento da funcionalidade física como consecuencia, favorece unha mellora da autoeficiencia e autoestima.
- Diminúe a prevalencia de depresión, ansiedade e outras enfermidades mentais.
- Favorece a cohesión e integración social da persoa maior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario