“Non se fracasa
ata que non se deixa de intentar”
Florence Griffith
Na pasada práctica de atletismo Eduardo díxonos as
actividades que quería que traballáramos no quecemento e deixounos liberdade a
hora de organizalo en grupos.
As actividades a realizar eran: 5 minutos de mobilidade
corporal xeral (tronco superior e inferior), e 10 minutos de drills de carreira
e drills de vallas.
Cada grupo escolleu unha organización diferente e uns
exercicios diferentes, pero todos igual de válidos e bos. O único fallo
salientable foi que houbo grupos que fixeron unha volta a pista de trote, e se
so temos 5 minutos para o quecemento xeral non se pode usalos so para trota, necesítase
realizar exercicios máis variados.
É importante a hora de adestrar a un individuo ou a un
grupo de individuos deixarlles certa liberdade, como fixo Eduardo en este caso.
Debemos deixar unha certa autonomía, deixar que se tomen decisións, xa que iso
estimula a creatividade, fai que non se faga monótonas e aburridas as sesións e
axuda a hora da competición, xa que cando unha persoa compite ten que toman
decisións rápidas, sen contar con ninguén máis.
Unha vez activado o organismo e preparados para
comezar, usando os mesmos grupos traballamos a carreira de relevos.
Para comezar, coas diferentes zonas de relevos
marcadas a unha escala máis pequena que na realidade, practicamos por parellas
o pase de testigo. Aquí fixámonos en non mirar cara atrás a hora de recibir o
testigo, en non estender o brazo antes de que nos deran a sinal, en entregar o
testigo na zona adecuada, e en axustar a saída para que o pase do testigo se
faga a máxima velocidade posible.
Unha vez practicado pasamos a realizar unha pequena
competición. Dela cabe destacar que, malia que a miña compañeira e eu fixemos
mellor o pase de testigo na competición que no adestramento, isto non é algo
habitual, e a maioría de compañeiros, debido ao estres da competición e aos
nervios, malia que era unha competición amistosa entre nos, realizaron o pase
con moitas dificultades, e peor que no adestramento.
De aquí é importante que teñamos en conta a hora de
exercer de adestradores é de técnicos deportivos, que non debemos levar aos
nenos e nenas a competir antes de que estean preparados para elo, e a preparación
non é soamente física se non tamén psicolóxica.
Para rematar deixo aquí uns vídeo sobre a técnica de
paso de testigo en relevos:
Transferencia de testigo
Transferencia de testigo en 4x100
Transferencia de testigo en 4x400
Ningún comentario:
Publicar un comentario