“A
verdadeira competencia ten que ser con un mesmo”
Carl
Lewis
Esta semana
fixemos unha práctica de atletismo e traballamos a técnica de carreira, a saída
(de pe e con tacos) e o paso de vallas.
Comezamos realizando
cinco exercicios de técnica de carreira todos xuntos que nos serviron para o quecemento.
O primeiro foi skiping con talóns por debaixo dos glúteos; o segundo patada de
fronte con perna estirada; o terceiro foi elevación de perna con xeonllo
flexionado e unha vez arriba estendelo para volver a baixalo e pasar a outra
perna; o cuarto elevación de xeonllos alternativamente e por último repetimos o
anterior pero engadindo palmada por debaixo da perna que se elevaba.
Unha vez
activado o organismo e aprendidos os exercicios pasamos a realizalos en grupos alternándoos
con carreiras. Todos os membros do grupo realizamos un a un os exercicios
atendendo a que os compañeiros non tivesen problemas en realizalos, e entre
cada exercicio todos corremos para que os nosos compañeiros se fixasen en nós e
nos indicasen que aspecto debiamos mellorar ou corrixir.
A continuación
tocoulle a quenda a saída na carreira, a cal xa víramos en clase mediante vídeos,
e agora tocaba probala en primeira persoa.
Aquí xuntámonos
en grupos de oito compoñentes (resultou fácil, xa que so nos tíñamos que unir
cada grupo de catro a outro grupo de catro), e de catro en catro practicamos,
primeiro, a saída de pe ( para ver que pe colocamos diante e detrás), baixo a
atenta mirada dos nosos compañeiros que tiñan que observar si o brazo co que
saiamos era o contrario a perna que impulsaba, para obter unha maior
propulsión; e logo a saída de tacos, onde tivemos que buscar a posición de
tacos que máis nos favorecera. A verdade e que colocar os tacos é
verdadeiramente complicado, e moitos de nos non logramos saber aínda por cal
posición optar.
Aquí vos deixo
un vídeo de un análise de saída de tacos que me pareceu interesante polas
conclusións finais despois de analizar a varios corredores:
Por último vimos
unha técnica para aprender e mellorar o paso de vallas, que consistía en, a
modo, pasar a perna de ataque por riba da valla e a outra por fora, logo
cambiábase, pasando a perna de ataque por fora da valla e a outra por riba
dela. Pero o igual que na respiración en crol, non so se debe aprender por un
lado se non, que debemos saber facelo polos dous, por iso, logo tocoulle a
quenda de ataque a perna mala.
Unha vez practicado
isto durante un tempo pasamos a alternalo con paso de vallas correndo, pero
esta vez debíamos atacar sempre coa mesma perna todas a vallas, e procurar dar
os mesmos pasos entre elas.
Para comezar
podiamos dar os pasos que quixéramos entre as vallas, pero dado que as zancadas
teñen que ser longas, despois dun tempo practicando, tiñamos que ir procurando
dar menos zancadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario